Bullying

Publicado: Outubro 16, 2011 en acoso escolar ou bullying, películas, recursos

Ficha técnica

Dirección: Josecho San Mateo

Guión: Ángel García Roldán

País: España

Ano: 2009

Duración: 90 min

Distribuidora: Filmax

Jordi é un adolescente que cambia de cidade xunto coa súa nai para iniciar unha nova vida despois da morte de seu pai. Pero o destino resérvalle unha cruel sorpresa, pois cando traspasa as portas do seu novo instituto, atópase con Nacho, un compañeiro de clase que, a pesar da súa idade, pertence a ese tipo de persoas que se alimentan unicamente do medo e da dor allea.
O filme narra de forma cruda o acoso escolar ao que é sometido Jordi por parte de Nacho e as súas dificultades para parar esa situación. A historia de Jordi denuncia a falta de implicación real nas comunidades educativas que se limitan a aplicar protocolos baleiros de contido e a falta de ferramentas por parte do alumnado para denunciar estos casos. Como trama secundaria esbozase a historia de Ania, unha rapaza que se fai amiga de Jordi a través dun foro de vítimas de acoso, que tamén é acosada na súa escola por ser filla de persoas inmigrantes.

Mar F. Cendón

Deixar un comentario