Arquivo para a categoría ‘series’

“Aquí mi deseo y compromiso: revisar de manera crítica las historias que nos llegan en formatos y soportes culturales diversos sin que la necesidad de reconocimiento, las heridas o las buenas intenciones nos cieguen. Dar a conocer la diversidad afectivo/sexual y de género sin edulcorarla sistemáticamente con historias de príncipes, princesas y perdices. Explicarnos qué significan las relaciones de amor saludables, proyectarlas y cultivar la autoestima para querer sin depender. Promover el disfrute y cuidado del cuerpo, del de las otras personas y de los nuestros propios. Y aquí mi convicción de un cómo: aprendiendo de lo aprendido por muchas otras anteriormente, agradeciendo, continuando y haciendo llegar la gran labor feminista de empoderamiento, reflexión crítica, denuncia y cuidado mutuo a la juventud que ha puesto un pie fuera de la heteronormalidad y de la identidad de género asignada.”

Podedes ler o estupendo artigo de Lander Calvelhe en Píkara Magazine AQUÍ

 

Trailer en inglés do documental “Straighlaced: How Gender’s Got Us All Tied Up” da produtora GroundSpark, unha das recomendacións de Lander.

Test ideado pola autora de novela gráfica e debuxante de cómic Allison Bechdel (1960).

Segundo o Test Bechdel, para comprobar que as mulleres non están infrarepresentadas nunha película ou en calquera obra de ficción, esta ten que responder afirmativamente ás tres preguntas seguintes:

1- Aparecen polo menos dúas mulleres que teñan nome?
2- Falan entre elas?
3- Falan de algo que non sexa un home?

Este é un interesante exercicio para comprobar como na maioría dos filmes séguese a representar un modelo social do que se exclúe a participación activa das mulleres.

Se facemos o teste atendendo a cantas mulleres lesbianas, bisexuais, transxénero, transexuais ou inmigrantes (persoas non normativas) están representadas en series e películas actuais o resultado sería aínda máis devastador, independentemente da calidade que poida ter a obra. Por que non estamos representadas?? Acaso non existimos?

Fai o teu propio test e elabora a túa lista de obras que consigan superalo! ;-D

Mar F. Cendón

Kashimashi ~Girl Meets Girl~ (かしまし ~ガール・ミーツ・ガール~ Kashimashi ~Gāru Mītsu Gāru~?) é unha serie manga, pertencente ao xénero souho-ai (amor entre rapazas)/yuri misturado con transxenerismo involuntario, escrita por Satoru Akahori e ilustrado por Yukimaru Katsura, e cuxa adaptación ao anime foi dirixida por Nobuaki Nakanishi.

A historia céntrase na vida dun grupo de amigas e as relacións que comparten a través dun cambio drástico na vida dunha delas. Hazumu Osaragi é un adolescente normal, aínda que efeminado, que sofre un grave accidente cando unha nave especial choca na Terra e é reconstruído como unha rapaza. Por medio disto, un triángulo amoroso emerxe entre as tres protagonistas, Hazumu, Yasuna e Tomari; este consiste principalmente na inseguridade que presentan entre elas de se actuar polos seus instintos amorosos a pesar de ser do mesmo sexo. Outro conflito preséntase entre Yasuna (a rapaza á que se declarara sendo rapaz) e Tomari (a súa amiga “bastante varonil” da infancia), as cales loitan por quedar con Hazumu, mentres que esta última non pode elixir a unha das dúas.

Ademáis Yasuna ten unha peculiar característica que se desvela nos primeiros capítulos: ve aos homes en gris e difuminados!

A pesar de que nos primeiros momentos Hazumu insiste en que sigo sendo o mesmo, só que con corpo de muller” e de que as súas amigas lle teñen que ensinar a ser “muller” (pór suxeitador, sentarse coas pernas decorosamente pechadas…) rapidamente vemos como se sente a gusto no seu nov xénero. O Hazumu rapaz era un neno “pouco viril”, choromicas, medroso, afeccionado á xardinaxe etc cousas que a sociedade lle cuestiona menos agora que é unha rapazas e fan que a protagonista se cuestione a súa identidade de xénero.

O manga comezou a publicarse en xaneiro de 2005 pola editorial MediaWorks na revista mensual xaponesa Dengeki Daioh, ata que chegou á súa final en maio de 2007 co quinto volume, chegando a recoller trinta e cinco capítulos. Máis tarde, a historia do manga foi adaptada a unha serie de anime producida por Studio Hibari, a cal finalizou en marzo de 2006 con 12 episodios. Asi mismo, a obra foi adaptada a unha novela escrita por Mako Komao e ilustrada polo mesmo ilustrador do manga, unha novela visual para PlayStation 2 e unha OVA dun só episodio que continúa narrando a historia da serie

Tanto o anime como o manga alcanzaron un grande éxito dentro e fóra de Xapón así como boas críticas por parte da revista Newtype, e outros medios en liña como Anime News Network e IGN.

A obra tamén tivo relación coa serie Ranma ½  de Rumiko Takahashi, aínda que esta serie leva máis lonxe o concepto de transexualismo.

IS: Otoko demo Onna demo nai Sei (IS 男でも女でもない性), é unha serie manga creada por Chiyo Rokuhana e publicada na revista josei[1] Kiss de Kodansha[2] desde o 2003 ata o 2009.

A abreviatura IS é unha referencia ás persoas intersexuais. A historia trata principalmente sobre a dor e os problemas que estas persoas poden atopar nas súas vidas, sobre como ser aceptadas e sobre a non posibilidade de reproducirse.

Está composto por 17 tomos recompilatorios e levouse o 31º Kodansha Manga Award ao mellor shôjo[3] en 2007.

IS: Otoko demo Onna demo nai Sei non está publicada no Estado español. Non confundir con I´´s (アイズ), a obra de Masakazu Katsura editada por Planeta DeAgostini Cómics.

O pasado mes de xullo estreouse en TV Tokyo o dorama de IS: Otoko demo Onna demo nai Sei, unha adaptación do manga de Chiyo Rokuhana. En dailymotion están dispoñibles xa os primeiros capítulos. Aínda que os subtítulos están en inglés, enténdese bastante ben (e isto dio quen escribe, que non ten un nivel nada alto no idioma).

Primeira parte do capítulo primeiro:

Emma Casal Giráldez


[1] O josei (女性, ”josei”), tamén coñecido como redīsu (レディース, ”redīsu”) ou redikomi (レディコミ, ”redikomi”) é unha categoría do manga e anime dirixido especialmente para as mulleres adultas. O equivalente masculino deste xénero é o seinen. En xaponés, a palabra josei significa soamente “feminino” e non presenta ningunha connotación sexual.

As historias soen tratar as experiencias diarias das mulleres que viven en Xapón. Aínda que algunhas tratan temas de mulleres no bacharelato e a universidade, a maioría tratan as vidas de mulleres adultas. Este estilo tende a ser unha versión máis restrinxida e realista do shôjo, mantendo os trazos gráciles dos personaxes pero desfacéndose dos ollos grandes e vidrosos que abundan neste último xénero. Sen embargo, poden atoparse excepcións ao estilo aquí descrito. Ademais, a diferenza do shōjo, o josei pode mostrar un romance máis realista (en oposición ao coñecido romance idealizado do shōjo).

Dentro do josei existe un subxénero dirixido a mulleres que tratan relacións femininas homosexuais, bastante semellante ao yuri.

Exemplos de autoras de series josei son Kiriko Nananan, autora de Blue, ou Ai Yazawa, autora de Paradise Kiss e NANA.

[2] Unha das principais editoriais xaponesas. Publica tanto literatura como manga.

[3] O shōjo (少女, ”shōjo”) é a categoría do manga e anime dirixida especialmente á audiencia feminina adolescente. Abarca unha gran cantidade de temas e estilos, desde o drama histórico ata a ciencia ficción, centrando habitualmente a énfase nas relacións humanas e sentimentais. Estritamente falando, o shōjo non se adscribe ningún estilo ou xénero particular e é máis un indicador do público ao que vai destinado. Sen embargo, tamén pode estar dirixido ao público masculino.

Out With Dad

Publicado: Agosto 5, 2011 en identidade(s), orientación sexual, series

 

(Para ver subtítulos en castelán, premer en “cc”)

Sugar Rush é unha serie de televisión britanica creada por Channel 4  e basada nunha novela de Julie Burchill.

A historia xira arredor de Kim Daniels (intepretada por Olivia Hallinan), unha adolescente  “virxen e lesbiana” que se enamora da súa mellor amiga, María “Sugar” Sweet (Lenora Crichlow).

Franky

Publicado: Xuño 21, 2011 en identidade(s), recursos, series, trans

Skins é unha serie de televisio dramática inglesa que segue as vivencias dun gurpo de adolescentes en Bristol, dividindo ás personaxes en xeracións cada dúas tempadas.

A cuarta tempada comeza presentando a  Francesca “Franky” Fitzgerald (Dakota Blue Richards) . Unha rapaza moi tímida, filla dunha parella homosexual, que se viste de forma “masculina”  e viviu unha situación de acoso no seu anterior instituto por rachar coas normas de xénero.

“Ei, que estás a mirar?”

2ª parte, 3ª parte, 4ª parte e

Mar F. Cendón