Arquivo para a categoría ‘documentais’

“Aquí mi deseo y compromiso: revisar de manera crítica las historias que nos llegan en formatos y soportes culturales diversos sin que la necesidad de reconocimiento, las heridas o las buenas intenciones nos cieguen. Dar a conocer la diversidad afectivo/sexual y de género sin edulcorarla sistemáticamente con historias de príncipes, princesas y perdices. Explicarnos qué significan las relaciones de amor saludables, proyectarlas y cultivar la autoestima para querer sin depender. Promover el disfrute y cuidado del cuerpo, del de las otras personas y de los nuestros propios. Y aquí mi convicción de un cómo: aprendiendo de lo aprendido por muchas otras anteriormente, agradeciendo, continuando y haciendo llegar la gran labor feminista de empoderamiento, reflexión crítica, denuncia y cuidado mutuo a la juventud que ha puesto un pie fuera de la heteronormalidad y de la identidad de género asignada.”

Podedes ler o estupendo artigo de Lander Calvelhe en Píkara Magazine AQUÍ

 

Trailer en inglés do documental “Straighlaced: How Gender’s Got Us All Tied Up” da produtora GroundSpark, unha das recomendacións de Lander.

Cul-de-sac é unha película producida por Ramin Goudarzinejad e Torkan Mahshad, activistas iranianos dos dereitos humanos e directores de cine con sede en Londres. Estreouse o 20 de maio de 2010. A película céntrase na difícil situación dos homosexuais – neste caso, as lesbianas – en Irán.

A película está baseada na vida real da protagonista da película;Kiana Firouz, unha lesbiana iraniana que saíra de Irán para evitar ser arrestado, reúnese con Sayeh, un xornalista e activista iraniano se que milita en cuestións de dereitos humanos no Reino Unido.
Kiana cando vivía en Irán intentara facer un documental clandestino sobre o sufrimento das lesbianas en Irán por isto Sayeh trata de recoller información de Kiana sobre o controvertido tema da vida dos homosexuais iranianos. A historia desenvólvese sobre a relación entre Kiana e Sayeh no contexto de recentes levantamentos políticos en Irán e na serie de incidentes que levaron Kiana a colaborar coa oposición e, finalmente, deron lugar á súa petición de asilo no Reino Unido.


V.O.S.E.

107 minutos

Directora: Elisabeth Scharang

Documental sobre a vida de Alex Jürgen. Alex Jürgen é intersexual. Un hermafrodita. Unha persoa que non encaixa dentro da división precisa entre masculino e feminino que rixe o mundo.

Identificado como un home cando naceu, aos dous anos de idade Alex foi reasignado como muller na primeira das intrusións que fixeron na súa vida. Baixo un constante escrutinio médico, Alexandra creceu nun pequeno pobo austríaco como a única rapaza que usaba prendas XXL. Sendo xa unha moza, Alex puido desenvolver a súa masculinidade.

Este documental segue a Alex durante tres anos, como se dun diario se tratase, sempre dando a súa propia perspectiva da vida, como vive o feito de ser intersexual e cales son os seus sentimentos.

Ao longo deste camiño, alex faise amigo de outras persoas intersexuais, decide vivir a súa vida como un home, coñece a homes trans que se converten nos seus confidentes e finalmente aprende a amar o corpo co que naceu.

“Octopus alarm” aborda un tema tabú que cuestiona moitos prexuízos que tradicionalmente houbo sobre a intersexualidade.

Desde a web do filme amosan a ruta para acceder á descarga do documental AQUÍ ou podes porte en contacto coa produtora para conseguir unha copia (office@afc.at).

Mar F. Cendón

Documental autobiográfico de Phoebe Hart  sobre a súa experiencia para comprender a súa propia condición de intersexual a través de  encontros con outras persoas coma ela nunha viaxe por Australia.

Cando nace un bebé e resulta difícil establecer cal é o seu sexo biolóxico,a medicina intervén extirpando unha parte dos seus xenitais en función do tamaño do clítoris (menor de 3 cm) ou pene (maior de 3 cm e polo tanto capacitado para penetrar). En moitas ocasións esta decisión non se corresponde coa identidade desa persoa.

Cuando Phoebe Hart tiña17 anos, a súa nai díxolle que tiña testículos no abdome e que padecía da síndrome de insensibilidade aos andróxenos, ou SIA, é dicir, que o seu corpo tiña resistencia ás hormonas masculinas. Phoebe foi sometida a unha cirurxía invasiva para eliminar os seus testículos non descendidos coas secuelas emocionais e traumáticas que lle supuxo esa operación.

O documental estará dispoñible en liña durante uns días AQUÍ

Podes escoitar unha entrevista coa realizadora e protagonista  AQUÍ

 

Mar F. Cendón

“Amaos los unos a los otros” é outro documental realizado por Claudia Corredor e Ana Lucia Ramírez, en 2008, dentro do proxecto de Mujeres AL BORDE.

O documental ten dúas orixes: unha homofóbica e violenta, outra liberadora e desobediente, e nace na marcha das igrexas cristiás unidas para negar publicamente os dereitos ás persoas LGBTI, en particular o dereito a conformar un núcleo familiar, así como na vida cotiá de seis familias “diversas”. Hai historias de amor, solidariedade e respeto mutuo e tamén parellas do mesmo sexo que esixen e exercen os seus dereitos.

 

Emma Casal Giráldez

“Memoria de las niñas raras” é un documental de 16 minutos de duración realizado en Bogotá entre 2005 e 2006 por Claudia Corredor e Ana Lucia Ramírez. É un proxecto de “AL BORDE producciones”, realizado co apoio de “ASTREA. Fundación lésbica para la Justicia”.

AL BORDE pretende posibilitar que mulleres, homes, persoas trans e intersex, se conecten para imaxinar e crear un mundo libre e feliz, unha porta para que se asomen, saian e entren no mundo, as súas creacións artísticas e as doutros colectivos ou persoas que a través da arte reivindiquen as liberdades sexuais, identitarias e corporais.

Desde este borde, propoñen inventar novas palabras para nomearse doutros xeitos que se parezan máis ao que queren estar sendo, facer visible o que sempre estivo invisible a través das súas propias imaxes, retar a amargura e a violencia da orde de xénero, heteronormativa e patriarcal coa súa arte, o seu pracer e a súa creatividade.

Máis información na súa web: http://www.mujeresalborde.org/

O documental trata sobre a memoria de 3 mulleres que de nenas foron “raras”. “Raras” por aventurarse a ser nenas doutro xeito, transgredindo as normas do xénero, revolucionando as leis naturais e elixindo os desexos prohibidos.

As súas memorias son relatos que nos permiten imaxinar novas posibilidades para os corpos, as sexualidades, os afectos e a vivencia do xénero. As súas historias, un lugar de resistencia capaz de desordenar todas as ordes.

 

Emma Casal Giráldez

Helena Taberna, directora de “Yoyes” (2000), unha estupenda película sobre a ex-dirixente de ETA asasinada pola propia banda, elaborou no 2003 o documental “Estranxeiras” mostrando a cara descoñecida e cotiá de mulleres doutras culturas a través da experiencia de mulleres inmigrantes que viven en Madrid e concretamente no barrio de Lavapiés.
Vemos o día a día destas mulleres, como viven, en que traballan. Temos oportunidade de coñecer cales son os seus soños e o seu universo afectivo. Descubrimos tamén os novos espazos de intercambio, relación e encontro que crearon así como o modo no que se adaptan na nova contorna para manter vivas os costumes que herdaron das súas respectivas culturas.

Entre os premios que recibiu: Mención de Honra do Xurado Festibercine de Costa Rica, Mellor Traballo de Divulgación do Insituto da Muller de Gran Canaria, Mellor Película na sección Cine de Muller do Festival Voces Contra o Silencio en Mexico DF e Premio do Público no Festival Internacional Intinerante de Dereitos Humanos en Vitoria-Gasteiz.

Xunto ao Documental que pode adquirirse en DVD na web da produtora, editouse tamén unha Guía Didáctica dirixida a centros educativos, culturais e sociais con propostas de traballo desde a perspectiva da análise fílmica, a temática e a lingüistica.
Trátase dun material recomendado para centros educativos, tanto de ensino secundario como universitario, asociacións de mulleres, centros de formación non regulada, servizos sociais, bibliotecas, centros culturais, asociacións de inmigrantes, ONGs sobre integración social, centros de recursos, aulas de idiomas e outros.
Análise temática: as mulleres inmigrantes, a imigración, convivencia e integración e desprazamento, desarraigamento e crise de identidade cultural.
Análise lingüistico. Diferentes acentos, presenza de falantes estranxeiras, erros gramaticais e moitos outros que poden ser identificados nunha clase de lingua, axudan ao traballo na aula. Lingua Española e ELE.

ACCESO Á WEB DONDE ADQUIRIR O MATERIAL

http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=1347

O celuloide oculto – The Celluloid Closet
Orixe: EEUU.
Ano: 1995.
Dirección e produción: Rob Epstein e Jeffrey Friedman.
Guionistas: Robert Epstein, Jeffrey Friedman e Sharon Word.
Fotografía: Nancy Schreiber.
Música: Carter Burwell.
Intérpretes: Tony Curtis, Susan Sarandon, Whoopi Golberg, Shirley Maclaine, Tom Hanks.


Narrado por Lili Tomlin, o filme rastrexa minuciosamente a representación cinematográfica da homosexualidade por parte da industria de Hollywood. Tras unhas primeiras imaxes -entre as que destaca un fragmento dun Edison Experimental Filme (1895) no que se ve a dous home bailando agarrados con total naturalidade- a voz do narrador pon en evidencia como en máis de cen anos de cine a homosexualidade retratouse moi raras veces e cando o fixo foi para facer rir, para dar pena ou, ata, medo. Aínda que fugaces, eran imaxes indelebles que deixaron un legado duradeiro. Esa gran fábrica de mitos que foi Hollywood “ensinou aos heteros que pensar dos gais, e aos gais que pensar de si mesmos”?
Info e articulo completo en: Hollywood sale del armario: Homosexualidad y represión en el cine norteamericano

 

Mar F. Cendón

Emma Donoghue naceu en 1969 e criouse en Dublín. O seu primeiro libro foi un ensaio histórico, “Passions Between Women: British Lesbian Culture 1661-1801″. Posteriormente escribiu “I Know My Own Heart”, baseada nos diarios de Anne Lister[1]; “Ladies and Gentelmen”, un vodevil con cancións; e “Trespasses”, baseada nun xuízo por bruxería que tivo lugar en Irlanda no século XVII. Os seus libros foron traducidos ao alemán, ao holandés, ao sueco e ao catalán. A súa primeira novela foi “Un buen salteado”, á que seguiu “Kissing the Witch”. Ademais, foi a compiladora de “What Sappho Would Have Said”, unha antoloxía de poesía amorosa feminina publicada por Hamish Hamilton. A súa última obra é unha biografía de dúas poetisas victorianas, “We are Michael Field”.

“Un buen salteado” conta a historia de Maria, que chega a Dublín desde o seu pobo natal para ir á universidade, cargada cunha boa dose de inxenuidade e agudeza. Tras atopar unha habitación nun piso compartido con Ruth e Jael, dúas estudantes maduras, prepárase para enfrontarse ás vicisitudes da vida de estudante. Ao atopar poucas amizades entre a xente da súa idade, Maria vese cada vez máis atraída cara a vida das súas compañeiras de piso. Mais, Ruth e Jael manteñen unha relación máis complexa e íntima do que Maria se imaxina, e cantas máis cousas descobre, máis obrigada vese a madurar…

Esta novela foi definida coma un estudo clásico do descubrimento da identidade lésbica e o mundo adulto.

Emma Casal Giráldez


[1] Anne Lister (1791-1840) foi unha terratenente de Yorkshire. Lister mantivo un detallado rexistro da súa vida, os seus amores e as súas emocións nun diario fascinante e honesto, composto por catro millóns de palabras e extensos parágrafos escritos en clave. O desciframento deste código proporciona unha incríbel visión da vida dunha muller que xa foi denominada como a primeira lesbiana moderna de Gran Bretaña.

Realizouse un documental sobre ela “The real Anne Lister”:

máis unha longametraxe, “The Secret Diaries of Miss Anne Lister”:

Vidas transexuales é un documental sobre a transexualidade dirixido por María Popova e producido por GAG (Grup d’Amics Gais, Lesbianes, Transsexuals i Bisexuals)[1].

A directora, María Popova, naceu en Varna, Bulgaria, en 1984. Despois de estudar un ano na Academia Nacional de Cine e Teatro en Sofía, trasládase a Madrid, onde especialízase en Dirección de Cine e Realización de TV na Escuela Superior TAI. En 2008 remata o Master de Realización en Tecnologías Digitales en CEV e Universidad Camilo José Cela.

Realizou traballos audiovisuais para empresas como MSAT TV, Placerdever, Havas Media, MPG, Bus Producciones, Pokofrecuente. Ademais, colaborou como realizadora independente con: ONCE, Space Challenges Educational Program, o mencionado Grup d’Amics Gais, Lesbianes, Transsexuals i Bisexuals, Altraitalia, Youth for future, Consulado de Venezuela en Barcelona e Festival FEMELEK.

Podemos destacar a curta La Sagrada Familia, que dirixiu en 2006 como proxecto fin de carreira:

En 2008 realiza, xunto con CEV, a curtametraxe documental experimental Después del amanecer, coa que participou en varios festivais e que pode verse no seu blog: MK FILMS

O seu primeiro documental como directora, Iguales, estreouno en Barcelona en 2009. Nel, viaxase por Madrid, Barcelona e Bilbao, cidades que contan cos seus propios festivais de temática homosexual.

Ademais, desenvolveu outros proxectos audiovisuais como cineasta independente: o vídeoclip Cíclica do grupo Doctor Muerte, a serie documental para televisión El encuentro del águila y el cóndor e a longametraxe Brenda.

Vidas transexuales descríbese, na web do proxecto, da seguinte maneira:

“Nadia, Zam, Gabriela, Marta, Tes, Pol e Dani comparten os seus puntos de vista sobre a transexualidade. Sempre souberon quen eran, mais o camiño á felicidade foi longo e distinto para cada persoa.

Hai palabras que poden definir a unha persoa que percorreu este camiño e estas palabras non son “trastorno mental” nin “enfermidade”.

Se ser feliz significa ser ti mesmo/a, por que existe a transfobia?”

Pode verse o trailer do documental na web do proxecto, no blog de María Popova ou aquí

Emma Casal Giráldez