Arquivo para a categoría ‘grupos e asociacións’

(Vídeo visto no facebook de Maribolheras Precárias)

 

Emma Casal Giráldez

Hoxe, no Día Mundial da Loita contra a SIDA, queremos compartir con vós este texto de Esther R. Bazo:

“Trasladámonos ao ximnasio dun instituto a comezos dos 90, un grupo de adolescentes séntase no chan ao oír o silbato do seu profesor, un son que se agudiza cos pasos do director ao entrar ao recinto deportivo cun preservativo na man: “Atopei isto no vestiario, de quen é?”, pregunta serio. Atopa nas respostas risas tímidas e cabizbaixas. Entón insiste, “que de quen é?”. Un rapaz levántase e di: “meu”. Tras el todo o grupo ao unísono repite, “meu, meu, meu…”.

http://www.youtube.com/watch?v=lx4bWN4eNM0

Pasaron 21 anos dende que o Ministerio de Sanidade e Asuntos Sociais lanzara a campaña de planificación familiar “Pónselo, Póntelo”. A claridade e transparencia da mensaxe, ademais da polémica que creou pola oposición da Igrexa e colectivos católicos, fixo que esta chegara a toda a sociedade. Nela advertíase que o preservativo é o medio máis eficaz para a prevención de enfermidades de transmisión sexual como o VIH.

Este xoves, 1 de decembro, con motivo do Día Mundial da Loita contra o SIDA, a Federación estatal de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (FELGTB) puxo en marcha a campaña “Retrátate ante el VIH”, enmarcada nos actos anuais: ‘Año en Positivo: +salud, +solidaridad’. O obxectivo é que, a través da plataforma online www.retratatevih.es, calquera persoa, máis alá da súa idade ou condición sexual, mande unha mensaxe de solidariedade a quen vive con VIH, unha enfermidade que continúa sendo, 30 anos despois do seu descubrimento, sinónimo de estigma, discriminación e marxinación.

E é que o número de persoas afectadas polo VIH entre o colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais creceu. Segundo os datos de 2010, das 2907 novas diagnoses de VIH no Estado español, a transmisión en homes que manteñen relacións sexuais con homes (HSH) e traballadores sexuais foi a máis frecuente con 1339 casos, un 46% do total. Dos HSH cada vez son máis numerosos os casos en menores de 30 anos e se falamos de quen é traballador do sexo, afecta a 1 de cada 4 mulleres transexuais e a 1 de cada 5 homes. O resto de persoas afectadas divídese entre heterosexuais (33%) e usuarias de drogas inxectadas (6%).

Se a campaña “Póntelo, Pónselo” marcou un antes e un despois á hora de difundir mensaxes de saúde pública para previr e difundir educación, campañas como “Retrátate ante e VIH” ou a exposición “Information is life” en Chueca –unha colección fotográfica realizada con 16 retratos de persoas que viven con VIH e que se mostran sen complexos- buscan ademais combater este “SIDA social”. Na actualidade segue habendo prexuízos ante o SIDA, “como se fose unha enfermidade da época medieval, aínda non é posíbel dicir abertamente que es VIH positivx, non se fala do VIH, e polo tanto esa invisibilidade fai que as persoas véxanse máis vulnerables ante a sociedade”, asegura o presidente de FELGTB, Antonio Póveda.

FELGTB pide un maior esforzo ás administracións para traballar na prevención e na loita contra o estigma social porque, “coa SIDA non poden baixar a garda nin a poboación nin a administración”, asegura Póveda. Por que? Tense estancado a axuda pública á loita contra a SIDA no Estado español? Si, a maioría das comunidades autónomas, con Madrid á cabeza, levaron a cabo “recortes”, e agora estes colectivos avisan ao novo Goberno da importancia de seguir loitando.

Alertan que é preciso seguir insistindo na prevención en novos escenarios vulnerables como os rapaces e rapazas novas e traballadores e traballadoras sexuais. “A xente nova perdeu a percepción de gravidade do VIH, cren que é unha enfermidade doutras xeracións”, asegura Póveda, ademais esta situación agrávase coa culpabilidade de non ser heterosexual, “a maior homofobia social, maior risco de transmisión da SIDA”, alerta.

Dende FELGTB propoñen para combatelo a educación integral con perspectiva de xénero e a diversidade, “para que as rapazas e rapaces, como en Holanda ou Francia, aprendan a ter unha sexualidade libre, sen prexuízos e responsable”, sinala Póveda. No caso das persoas traballadoras sexuais, na maioría transexuais e/ou inmigrantes, é fundamental erradicar o triple estigma: discriminación por ser muller, transexual e traballadora do sexo.

Para combatelo e chegar a cero vítimas da SIDA é preciso, “unha maior implicación, un Pacto de Estado na liña do traballo que se está desenvolvendo cos accidentes de tráfico ou a loita contra as drogas, no que se impliquen todos os ministerios relacionados co VIH, para que non só haxa campañas para o 1 de decembro, senón durante todo o ano”, sentencia FELGTB.”

Pode lerse o texto orixinal aquí: http://www.madrid2noticias.com/n-4817-702-posible_decir_abiertamente_eres_VIH_positivo_Espana

Emma Casal Giráldez

“Memoria de las niñas raras” é un documental de 16 minutos de duración realizado en Bogotá entre 2005 e 2006 por Claudia Corredor e Ana Lucia Ramírez. É un proxecto de “AL BORDE producciones”, realizado co apoio de “ASTREA. Fundación lésbica para la Justicia”.

AL BORDE pretende posibilitar que mulleres, homes, persoas trans e intersex, se conecten para imaxinar e crear un mundo libre e feliz, unha porta para que se asomen, saian e entren no mundo, as súas creacións artísticas e as doutros colectivos ou persoas que a través da arte reivindiquen as liberdades sexuais, identitarias e corporais.

Desde este borde, propoñen inventar novas palabras para nomearse doutros xeitos que se parezan máis ao que queren estar sendo, facer visible o que sempre estivo invisible a través das súas propias imaxes, retar a amargura e a violencia da orde de xénero, heteronormativa e patriarcal coa súa arte, o seu pracer e a súa creatividade.

Máis información na súa web: http://www.mujeresalborde.org/

O documental trata sobre a memoria de 3 mulleres que de nenas foron “raras”. “Raras” por aventurarse a ser nenas doutro xeito, transgredindo as normas do xénero, revolucionando as leis naturais e elixindo os desexos prohibidos.

As súas memorias son relatos que nos permiten imaxinar novas posibilidades para os corpos, as sexualidades, os afectos e a vivencia do xénero. As súas historias, un lugar de resistencia capaz de desordenar todas as ordes.

 

Emma Casal Giráldez

Máis INFO AQUÍ e AQUÍ

Mar F. Cendón