Arquivo para a categoría ‘curtas’

Nico (SonCine 2006)

Publicado: Novembro 13, 2011 en acoso escolar ou bullying, curtas

Director: Toño Calo

NICO. Curtametraxe do IES Porto do Son que aborda o tema do acoso escolar. Recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa, modalidade A, no ano 2006.

Nico é un rapaz normal… que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; súa nai, chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous.
Chega tarde á clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida.

O vídeo orixinal (e oficial) está en: video.google.com/​videoplay?docid=-1990875795714920751

Gol

Publicado: Agosto 7, 2011 en curtas, identidade(s), orientación sexual

Genderpoo

Publicado: Xullo 13, 2011 en curtas, identidade(s), inmigración, recursos

Curta de animación que trata de visibilizar (algunhas) das identidades e comunidades que a sociedade occidental oprime a través das categorías de xénero, cor, relixión ideoloxía, capacidades, idade, familia e situación, clase, forma, talla etc. A curta forma parte dun proxecto chamado Genderpoo, realizado por Coco Riot (1979), activista do sur do Estado español que actualmente reside en Canadá.

Empregando os carteis empregados nos baños, este proxecto pretende que o público se cuestione quen e de que forma nos axustamos ás normas sociais e facer unha homenaxe a cada unha desas identidades, comunidades e persoas que loita pola xustiza social e os valores anti-opresión.

A intención de Coco é que este proxecto continue medrando, ficando sempre incompleto.

Mar F. Cendón

Curtametraxe do ano 2006 que conta, de forma sinxela, a pequena historia de Ana e Lola, tal e como a resume a súa directora, Mariel Maciá  (1980, Salta, Argentina), :

“Ana e Lola quedaron para verse nun parque.
Lola levará flores. Ana levara dúbidas.
A indecisión dunha convertirase na actitude provocativa da outra. Só ata que poidan darse os primeiros bicos”.

Podería ser a historia de calquera!

Hiyab

Publicado: Xuño 25, 2011 en curtas, identidade(s), inmigración, recursos

Curtametraxe do realizador alacantino Xavi Sala, no que se fala de Fátima, unha nena española de orixe musulmán que se enfronta á súa profesora porque non quere quitarse o velo islámico.

Nunha entrevista realizada ao realizador, este definea como unha “apoloxía da tolerancia, non do velo islámico. A realidade non é sempre como moitos creen, estase xulgando algo que non se coñece ben”.

A curta, realizada no ano 2005, estivo nominada aos premios Goya.