Arquivo para a categoría ‘pintura’

Antony and the Johnsons son un grupo musical procedente de Nova York liderado por Antony Hegarty, cantante e pianista e tamén quen compón a maioría dos temas. En realidade a banda composta actualmente por Julia Kent (chelo e arranxos de corda), Doug Wieselman (compositor, arranxistas e músico), Jeff Langston (baixo), Maxim Moston (violin/arranxos de corda), Rob Moose (guitarra/violín) e Parker Kindred (percusión) é unha banda de acompañamento de Antony, que é quen lle dá a personalidade ao grupo.

Antony naceu en Chichester, cidade da rexión de West Sussex (Reino Unido) en 1971. En 1977 trasladouse a Ámsterdam e en 1981 estableceuse en San José, California. Na súa adolescencia era fan do Synth pop, en especial de artistas como Boy George (un dos seus padriños musicais xunto con Lou Reed)  e Marc Almond. En 1990 estableceuse definitivamente en Nova York para estudar teatro experimental na Universidade de Nova York.

Antony tamén traballa en artes plásticas e recentemente expuso unha mostra do seu traballo composto por pinturas, colaxes e fotografías baixo o título de The creek. A mostra estaba composta por 13 obras, nelas ofrecía paisaxes reflexo dos seus sonos e do seu subconsciente. Algunhas das obras están elaboradas a partir de instantáneas publicadas en revistas antigas sobre que retoca para crear unha nova mensaxe. Noutras, amosa seres pantasmais, elementos da materia, animais mortos ou en perigo e persoas que marcaron a súa vida.

Ademais publicou un libro, Swanlights, compendio de ilustracións e colaxes que saiu en paralelo ao seu cuarto disco, tamén co mesmo nome.

Podedes ler unha entrevista sobre a súa obra plástica AQUÍ

WEB

A súa música, na que ademais da súa voz destaca o acompañamento do piano, é próxima a estilos como o jazz ou o soul máis intimistas.  É resulta especialmente destacable que moitas das súas letras, vinculadas á vida de Antony, relaten diferentes aspectos relacionados coa súa vida como transxénero.

O primeiro traballo da banda, que levaba por título o propio nome da banda, foi editado pola compañía discográfica Durtro en 1998. En 2001 grabaron un EP titulado I Fell in Love with a Dead Boy, que supuxo que Lou Reed chamara a Antony para colaborar no seu álbum de 2003 The Raven. O siguinte EP do grupo, titulado The Lake, esta vez no selo Secretly Canadian, inclúe unha colaboración do propio Lou Reed.

I Am a Bird Now, o seu segundo álbum, editado en  2005, convertiuse nun gran éxito de crítica e chegou ao número 5 nas listas británicas ademais de acadar o Mercury Music Prize. Neste disco colaboran Lou Reed, Rufus Wainwriht, Devendra Banhart e Boy George.

Antony and the Johnsons tocarán o 22 de xullo no festival Jazzaldia de Donosti coa The Et Incarnatus Orkestra. Máis info AQUÍ

Mar F. Cendón

Gabrielle Le Roux (Londres, 1961) é unha activista feminista e retratista independente, crecida en Sudáfrica. Pasou a década dos oitenta no Caribe, onde comenzou a facer retratos. En 1992 regresou a Sudáfrica, onde traballou en diferentes proxectos feministas, e entre  1996 a 2000 dirixiu o Women’s Media Watch .

En decembro de 2008, cando a Comisión Internacional Gai e Lésbica de Dereitos Humanos (IGLHRC) e Genderdynamix  organizaron o primer encontro de persoas africanas tranxénero, en Cidade do Cabo, decidiu retratar ás persoas voluntarias para realizar unha exposición que visibilizara un tema tabú en África como é o o das persoas tranxénero. Cada unha das dez persoas que quixo compartir a súa experiencia (dende Zimbabwe, Uganda, Kenya, Sudáfrica, Namibia, Burundi ou Botswana) colaborou tamén escribindo un texto directamente no seu retrato.

Gabrielle Le Roux defínese como “africana, tranxénero e orgullosa”, e así fai que se sintan todas as persoas ás que retrata.

   

 

Mar F. Cendón