Antony and the Johnsons

Publicado: Marzo 1, 2012 en fotografía, identidade(s), libros, música, pintura, trans

Antony and the Johnsons son un grupo musical procedente de Nova York liderado por Antony Hegarty, cantante e pianista e tamén quen compón a maioría dos temas. En realidade a banda composta actualmente por Julia Kent (chelo e arranxos de corda), Doug Wieselman (compositor, arranxistas e músico), Jeff Langston (baixo), Maxim Moston (violin/arranxos de corda), Rob Moose (guitarra/violín) e Parker Kindred (percusión) é unha banda de acompañamento de Antony, que é quen lle dá a personalidade ao grupo.

Antony naceu en Chichester, cidade da rexión de West Sussex (Reino Unido) en 1971. En 1977 trasladouse a Ámsterdam e en 1981 estableceuse en San José, California. Na súa adolescencia era fan do Synth pop, en especial de artistas como Boy George (un dos seus padriños musicais xunto con Lou Reed)  e Marc Almond. En 1990 estableceuse definitivamente en Nova York para estudar teatro experimental na Universidade de Nova York.

Antony tamén traballa en artes plásticas e recentemente expuso unha mostra do seu traballo composto por pinturas, colaxes e fotografías baixo o título de The creek. A mostra estaba composta por 13 obras, nelas ofrecía paisaxes reflexo dos seus sonos e do seu subconsciente. Algunhas das obras están elaboradas a partir de instantáneas publicadas en revistas antigas sobre que retoca para crear unha nova mensaxe. Noutras, amosa seres pantasmais, elementos da materia, animais mortos ou en perigo e persoas que marcaron a súa vida.

Ademais publicou un libro, Swanlights, compendio de ilustracións e colaxes que saiu en paralelo ao seu cuarto disco, tamén co mesmo nome.

Podedes ler unha entrevista sobre a súa obra plástica AQUÍ

WEB

A súa música, na que ademais da súa voz destaca o acompañamento do piano, é próxima a estilos como o jazz ou o soul máis intimistas.  É resulta especialmente destacable que moitas das súas letras, vinculadas á vida de Antony, relaten diferentes aspectos relacionados coa súa vida como transxénero.

O primeiro traballo da banda, que levaba por título o propio nome da banda, foi editado pola compañía discográfica Durtro en 1998. En 2001 grabaron un EP titulado I Fell in Love with a Dead Boy, que supuxo que Lou Reed chamara a Antony para colaborar no seu álbum de 2003 The Raven. O siguinte EP do grupo, titulado The Lake, esta vez no selo Secretly Canadian, inclúe unha colaboración do propio Lou Reed.

I Am a Bird Now, o seu segundo álbum, editado en  2005, convertiuse nun gran éxito de crítica e chegou ao número 5 nas listas británicas ademais de acadar o Mercury Music Prize. Neste disco colaboran Lou Reed, Rufus Wainwriht, Devendra Banhart e Boy George.

Antony and the Johnsons tocarán o 22 de xullo no festival Jazzaldia de Donosti coa The Et Incarnatus Orkestra. Máis info AQUÍ

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s