Arquivo para a categoría ‘travestismo’

James Barry

Publicado: Decembro 22, 2011 en historia, identidade(s), travestismo

James Barry (9 de novembro de 1795 – 25 de xullo de 1865), foi un cirurxián do exército británico. Naceu en Belfast, en Irlanda do Norte.

Aínda que viviu a súa vida adulta coma un home, pénsase que se trataba dunha muller que se fixo pasar por home para poder ingresar na universidade e alcanzar o seu sono de converterse en cirurxián, pois naquel entón a medicina estaba vetada ás mulleres.

Os datos sobre as orixes de Barry son escasos e resulta difícil separar realidade de mito ou simple especulación. Sábese que cando morreu e o seu corpo se atopaba no cemiterio, unha enfermeira que revisara o seu cadaleito, dixo que o doutor James Barry era en realidade “unha femia perfecta”. Os altos mandos militares quedaron horrorizados e ocultaron durante máis dun século o seu expediente, ata que Michael Du Preez, urólogo retirado, publicou a súa historia no South African Medical Journal.

Na década de 1950, a historiadora Isobel Rae convenceu ao exército de que abrira os expedientes de Barry para poder reconstruír parcialmente a súa imaxe. Suxeriu que si fora unha muller, sobriña do artista James Barry[1], profesor de pintura na Real Academia de Londres, mais non tiña probas.

Cando Du Preez se retirou, decidiu buscar nos expedientes da familia Barry e concluíu o seguinte: o doutor James Barry naceu como Margaret Ann Bolkley, filla única de Jeremiah e Mary-Ann, irmá do mencionado James Barry. En 1803, cando o pai de Margaret entrou no cárcere por débedas e ela e súa nai quedaron desamparadas, pediron axuda ao seu tío. En febreiro de 1806, cando o artista morre, déixalles a elas parte dos seus cartos. Margaret estuda entón tres anos co doutor Edward Fryer na biblioteca do xeneral venezolano Francisco Miranda, ambos contertulios do seu tío.

Barry, James ~ Self Portrait, 1803, National Gallery of Ireland en Dublin

As escolas de medicina nese momento non aceptaban mulleres e parece ser que, nalgún intre, Fryer, Miranda, Daniel Reardon (o notario da familia), Margaret e súa nai decidiron inventar unha para ela unha nova identidade que lle permitise estudar medicina.

Margaret e súa nai viaxaron entón a Escocia, onde a súa familia era descoñecida e establecéronse como tía e sobriño. Así foi como puido inscribirse en 1809 na Universidade de Edimburgo.

O xeneral Miranda prometéralle a Margaret, agora James, un traballo ao rematar os estudos, pero non puido cumprir a súa promesa porque o meteron no cárcere no Estado español. Así foi como Barry rematou enrolándose no exército británico, co que percorrería os confíns do imperio.

A proba máis concluínte que atopou Du Preez foi unha carta formada por James Barry, enviada ao notario e datada en 1809, recén chegado a Edimburgo. Na parte externa da misiva, o notario anotou “Señorita Bulkley, 14 de decembro”.

Parece ser que Barry traballou en varios países de África, onde foi recoñecido oficialmente como a primeira persoa que realizou unha cesárea na que sobreviviron tanto a nai como a crianza, en 1826. Tamén foi homenaxeado polo Duque de Wellington, vencedor da Batalla de Waterloo, pola súa labor durante a epidemia de cólera que asolou Malta en 1846.

Promoveu varias reformas médicas e destacou nas investigacións que se facían para paliar a sífilis. Como profesional rematou sendo Inspector Xeral de Hospitais en Inglaterra.

O seu último destino foi Crimea, onde se contaxiou de febre amarela. Isto obrigouno a retirarse e regresar a Londres, onde morreu.

Emma Casal Giráldez

Advertisements