Arquivo para a categoría ‘películas’

“Aquí mi deseo y compromiso: revisar de manera crítica las historias que nos llegan en formatos y soportes culturales diversos sin que la necesidad de reconocimiento, las heridas o las buenas intenciones nos cieguen. Dar a conocer la diversidad afectivo/sexual y de género sin edulcorarla sistemáticamente con historias de príncipes, princesas y perdices. Explicarnos qué significan las relaciones de amor saludables, proyectarlas y cultivar la autoestima para querer sin depender. Promover el disfrute y cuidado del cuerpo, del de las otras personas y de los nuestros propios. Y aquí mi convicción de un cómo: aprendiendo de lo aprendido por muchas otras anteriormente, agradeciendo, continuando y haciendo llegar la gran labor feminista de empoderamiento, reflexión crítica, denuncia y cuidado mutuo a la juventud que ha puesto un pie fuera de la heteronormalidad y de la identidad de género asignada.”

Podedes ler o estupendo artigo de Lander Calvelhe en Píkara Magazine AQUÍ

 

Trailer en inglés do documental “Straighlaced: How Gender’s Got Us All Tied Up” da produtora GroundSpark, unha das recomendacións de Lander.

LA CLASE

Publicado: Xaneiro 10, 2012 en identidade(s), inmigración, películas, recursos

Entre les murs (coñecida no Estado español como La clase e en Arxentina como Entre los muros) é un filme francés de 2008, dirixido por Laurent Cantet e baseado na novela do mesmo nome, escrita por François Bégaudeau. É a quinta longametraxe de Cantet e estreouse o 24 de maio de 2008 no Festival de Cannes, gañando a Palma de Oro.

A novela e o filme son unha narración parcialmente autobiográfica das experiencias de Bégaudeau como profesor de literatura nun instituto multirracial da periferia de París. O filme é tratado cunha vocación documentalista, onde o autor da novela, François Bégaudeau, interprétase a si mesmo no seu papel de profesor.[]

Cantet adapta un libro do profesor Francis Bégaudeau, que interpreta ao seu propio personaxe, no que conta a súa experiencia ao longo dun ano nun instituto da periferia de París, habitado pola multirracialidade, polos fillos da inmigración ou por nativos de clase baixa lumpen, por alumnado negro que exerce o racismo co magrebí e viceversa, por xente con receo ou desidia ante a autoridade que encarna ese tenaz profesor que se propuxo ensinar a materia de lingua ao seu imposto, indiferente ou agresivo alumnado. Non o ameazan con pistolas mais os estalidos de violencia entre eles ou contra el poden ser moi fortes, teñen seus días mellores e peores, hai listxs, “normais”, tontxs, retorcidxs, limpxs, traumadxs, osadxs, dóciles. Hai de todo, como na vida, pero as posibilidades de que o verdadeiro profesional da ensinanza sinta que acadou os froitos que se propuña e que o alumnado asuma que estar entre as paredes é gratificante ou decisivo para o seu futuro, pertencen ao reino da utopía.

Cantet narra esta historia sen solución e claustrofóbica con espírito documentalista, plasmando a autenticidade de personaxes e situacións, facendo que alumnado e profesorado interprétense a si mesmos, fuxindo do efectismo, o discurso e a moralina. E faino admirablemente, conseguindo que o/a espectador/a síntase incómodo/a, testemuña dalgo que parécese excesivamente á vida cotiá.

http://www.elpais.com/articulo/cine/real/inquietante/elpepuculcin/20090116elpepicin_2/Tes

 

Esta película é a historia do amor entre dúas mozas adolescentes na sociedade iraniana e os problemas que trae consigo. Un amor clandestino nun país que as relacións homosexuais están sancionadas pola Lei. Maryam Keshavarz, a directora da película, naceu en Nova York pero sempre foi vivindo en dous partes, en Irán e en EE.UU. estudou literatura persa na Universidade de Shiraz, en Irán e despois especializouse en Estudos de xénero e a literatura en Northwestern University en EE.UU. Tamén adquiriu un máster en Estudos de Oriente medio por University of Michigan. É autora dalgunhas curtametraxes como “o día que morrín” co que gañou o premio Teddy de Festival de Berlín no ano 2006. “Circumstanc” é a súa primeira longametraxe. Polo seu tema a película non se podía rodar en Irán, por isto foi rodado en Líbano. Maryam Keshavarz elixiu actrices de orixe iraniana e na película só fálase en persa para que teña o maior contacto coa sociedade iraniana. Naturalmente esta película non se pode ver en Irán e foi estreado nos cines de EE.UU. A protagonista da película, Sara Kazemi, antes de rodar a película viaxou a Irán para despedir coa súa familia, as súas amizades e a súa terra porque sabía que logo de rodar esta película non vai poder entrar a Irán…
 
 

Cul-de-sac é unha película producida por Ramin Goudarzinejad e Torkan Mahshad, activistas iranianos dos dereitos humanos e directores de cine con sede en Londres. Estreouse o 20 de maio de 2010. A película céntrase na difícil situación dos homosexuais – neste caso, as lesbianas – en Irán.

A película está baseada na vida real da protagonista da película;Kiana Firouz, unha lesbiana iraniana que saíra de Irán para evitar ser arrestado, reúnese con Sayeh, un xornalista e activista iraniano se que milita en cuestións de dereitos humanos no Reino Unido.
Kiana cando vivía en Irán intentara facer un documental clandestino sobre o sufrimento das lesbianas en Irán por isto Sayeh trata de recoller información de Kiana sobre o controvertido tema da vida dos homosexuais iranianos. A historia desenvólvese sobre a relación entre Kiana e Sayeh no contexto de recentes levantamentos políticos en Irán e na serie de incidentes que levaron Kiana a colaborar coa oposición e, finalmente, deron lugar á súa petición de asilo no Reino Unido.

De la galardonada autora de “The World Unseen” y “Despite the Falling Snow” nos llega una inteligente fábula sobre la tradición, la cultura y la familia, en torno a una explosiva historia de amor.

 Tala, palestina residente en Londres, está inmersa en los preparativos de su inminente boda en Oriente Próximo cuando conoce a Leyla, una chica británica de origen indio que sale con su mejor amigo. Aunque la cristiana y enérgica Tala y la musulmana y tímida Leyla no pueden ser más diferentes entre sí, de inmediato surge una atracción que va más allá de la amistad. A medida que se acerca la fecha de la boda las tensiones van en aumento, hasta que Tala no puede seguir eludiendo el momento de sincerarse consigo misma.

Con una historia que va de las grandes mansiones de la alta sociedad del Próximo Oriente a los elegantes barrios acomodados de Londres, “No imagino otra vida” explora los contrastes entre Oriente y Occidente, el amor y el matrimonio, las convenciones y la individualidad, creando una historia tierna y llena de humor sobre un amor inesperado y unas libertades recién descubiertas.

Shamim Sarif ha dirigido recientemente la adaptación cinematográfica de “No imagino otra vida”, (“I Can’t Think Straight”). También es guionista y directora de otra película galardonada, “The World Unseen”, basada en su novela homónima. El libro recibió el Premio Pendelton May a una obra novel y el Premio Betty Trask. Es autora de otra novela, titulada “Despite the Falling Snow”. Shamim Sarif vive en Londres con su mujer Hanan y sus dos hijos.

Céline Sciamma (12 de novembro de 1980, Francia) comezou a súa carreira como cineasta en 2007 co filme “Water Lilies” (Título orixinal: Naissance des pieuvres), no que trata de facer unha radiografía do nacemento da feminidade na adolescencia.

Móstranse neste filme tres relacións diferentes da feminidade, tres arquetipos.

“Tomboy” conta a historia de Laure, quen aos 10 anos, despois de mudarse a unha nova veciñanza, presentase ás súas novas amizades como Mickaël.

O título do filme ven da palabra inglesa “tomboy”, que fai referencia ás nenas ou rapazas ás que lles gusta vestirse e comportarse de xeito masculino.

 

Mar F. Cendón

Yvonne Rainer

Publicado: Novembro 3, 2011 en danza, orientación sexual, películas

Yvonne Rainer (San Francisco, 1934) é coreógrafa, cineasta e lesbiana. Foi unha das máis prolíficas e polémicas coreógrafas do postmodernismo norteamericano, líder da Grand Union e personaxe importante na fundación do Judson Dance Theater, clave na vangarda da danza dos anos 60.

En 1965 publicou o “NO Manifesto”, co que intentaba desmitificar o espectáculo e devolver a danza á súa esencia[1].

Coa súa coreografía “Trio A”, estableceu a estética da danza posmoderna e creou unha nova forma de ver e entender a danza. Moitos dos elementos empregados por ela nesta coreografía –como a repetición, os movementos inspirados en accións ou tarefas, os xogos ou os esquemas ou patróns coreográficos- son elementos claves da coreografía contemporánea. A súa influencia foi definitiva para as posteriores xeracións.

O seu traballo fílmico xurde da súa actividade na danza, a modo de exercicios coreográficos filmados. Esta transición da danza ao cine tense situado nun contexto de vangarda feminista e formula interrogantes acerca do lugar da ou do espectador. A súa vontade de transgredir os roles de performer e receptor/a prodúcese a través do seu interese polos aspectos do carácter, a vida emocional e o corpo cotián, así como da incorporación no seu traballo de condicións sociopolíticas. A súa primeira longametraxe, Lives of Performers (1972), é expoñente do movemento neoiorquino minimalista dos setenta.

Boa parte da súa obra trata sobre as mulleres (en especial a súa vida cotiá), o corpo e a identidade.

Filmografía:

     

Journeys From Berlin/1974, sobre as ramificacións  do terrorismo.

          

   Kristina Talking Pictures, sobre as contradicións entre o privado e o público

      Lives of Performers, sobre un home que non pode decidirse entre dúas mulleres.

         

                                            The Man Who Envied Women, sobre a ruptura dun matrimonio.

MURDER and murder, sobre unha historia de amor entre mulleres, así como unha reflexión sobre a vida urbana e o cancro de mama.

     

A Film About a Woman Who…, sobre unha muller con insatisfacción sexual.

                                            

                                                                    Privilege, sobre a menopausia.

 

Emma Casal Giráldez


[1] “NON ao espectáculo non ao virtuosismo non ás transformacións, a maxia e a ficción non ao glamour e á trascendencia da imaxe da estrela non ao heróico non ao anti-heróico non ao imaxinario lixo non á implicación do intérprete ou do espectador non ao estilo non ao amaneramento non á sedución do espectador a través das artimañas do intérprete non á excentricidade non á provocación de sentimiento nin ao deixarse emocionar.”

A papisa Xoana

Publicado: Outubro 17, 2011 en identidade(s), libros, películas, trans

Historia

Segundo as biografías medievais, Xoana nacería en 822 en Ingelheim, preto de Maguncia. Ávida de coñecementos, vive por un tempo en Atenas. Nesa época non se permite ás mulleres realizar estudos, polo que se fai pasar por un mozo e toma o nome de Xoán o Inglés. Este engano permítelle frecuentar desde entón as máis importantes abadías do século XII en Francia, entre elas a de Saint-Germain-deas-Prés, e de adquirir alí grandes coñecementos.

Cando chega a Roma dáse inmediatamente a coñecer pola súa sabedoría e a súa piedade. Sendo xa cardeal, á morte do papa León IV é designada para sucederlle en 855. Ninguén coñece a súa verdadeira identidade e Xoana accede ao trono pontificio co nome de Xoán VIII o Anxelical. Desempeña o seu cargo con gran dedicación e móstrase moi digna del. Pero en abril do ano 858, durante unha festa de Rogativas, desvanécese repentinamente en plena rúa, dá a luz pouco despois a un neno e morre nas horas seguintes. O escándalo entre os fieis é enorme e a papisa é enterrada ás agachadas nun lugar non consagrado.

O libro do século XIII que relata a historia da papisa titúlase Chronicon Pontificum et Imperatorum (Crónica de Papas e Emperadores) e foi escrito polo sacerdote dominico Martín de Troppau. Pouco tempo antes outro dominico, Esteban de Borbón, menciona tamén o caso dunha muller que foi papa, pero sitúao máis tardiamente, ao redor do ano 1100. Mesmo existen relatos presentados como máis antigos, pero en realidade apócrifos, que se refiren a este feito. O mesmo papa León II mencionaría nunha carta ao patriarca de Constantinopla, a mediados do século XI, a “unha muller que ocupou o trono dos Pontífices de Roma”.

Só hai un feito certo: a principios do século XV a presenza histórica da papisa é aceptada por todos, posto que varios altos cargos da Igrexa dan fe diso nos seus escritos, os que Roma non xulga necesariamente censurar. En ningún caso pódese soster que a historia de Xoana fose inventada por detractores da Igrexa para asestar un golpe baixo á súa reputación. Pola contra, o primeiro autor que tomou definitivamente posición en contra da existencia dunha muller pontífice é un protestante chamado David Blondel, en 1947…

Cal podería ser a lexitimidade dun relato que en verdade parece bastante fantástico? A teoría que refuta a existencia da papisa pretendendo que unha muller non podería esconderse por tanto tempo baixo roupaxes masculinas vese contradita por un feito escencial: A Igrexa admitiu a existencia de Xoana durante séculos. Ademais, moitas santas e beatas (Eufrasia, Hildegarda, Eugenia) parecen vivir de incógnito entre monxes vestindo roupas masculinas até a súa morte.

Por sobre todo, a confusión que reina en torno ao papa recoñecido hoxe en día como sucesor inmediato de León IV, Bieito III, permite expor estas hipóteses. A existencia de Bieito non se menciona no máis antigo exemplar coñecido do Liber Pontificales. Os escasos cronistas que falan del atribúenlle un físico atractivo, unha marcada aversión por aparecer en público, así como unha gran moderación.

Practicamente non se sabe nada máis sobre el, senón que case foi vítima dun antipapa, que morreu subitamente o 17 de abril de 858, e que foi enterrado fóra da Basílica de San Pedro, segundo a súa vontade, xa que se xulgou a si mesmo “indigno de estar xunto aos santos”.

Todos estes feitos poden adaptarse ao reinado da misteriosa papisa, tan ben como a do incerto Bieito. A historia oficial da Igrexa rebautizaría a Xoana ou Xoán VIII o Anxelical, chamándoo Bieito para poder disimular mellor o seu sexo?

Literatura e filmes

Toda esta controversia levou ao erudito Onofrio Panvinio, monxe agustino, a redactar en 1562 a primeira refutación seria da lenda, no seu Vitæ Pontificum (Vida dos papas). No século XVII, os luteranos uníronse aos seus argumentos. A polémica aínda segue viva a día de hoxe e son numerosos os artigos que se poden atopar a favor e en contra desta historia.


En 1886, o grego Emmanuel Royidis publicou La papisa Juana, que veu a relanzar o mito. Antes, Petrarca vírase atraído pola lenda. No século XX interesáronse por ela outros escritores, como Lawrence Durrell, Renée Dunan ou Alfred Jarry.

En 1972 Michael Anderson dirixiu “A Papisa Xoana“, con Liv Ullmann, como protagonista, representando Xoana.
En outubro de 2009, estreouse a película “A papisa”, unha produción alemá, británica, italiana e española dirixida polo director alemán Sönke Wortmann, baseada na novela “La Papisa” (1996) de  Donna Woolfolk Cross.

 

 

Mar F. Cendón

Bullying

Publicado: Outubro 16, 2011 en acoso escolar ou bullying, películas, recursos

Ficha técnica

Dirección: Josecho San Mateo

Guión: Ángel García Roldán

País: España

Ano: 2009

Duración: 90 min

Distribuidora: Filmax

Jordi é un adolescente que cambia de cidade xunto coa súa nai para iniciar unha nova vida despois da morte de seu pai. Pero o destino resérvalle unha cruel sorpresa, pois cando traspasa as portas do seu novo instituto, atópase con Nacho, un compañeiro de clase que, a pesar da súa idade, pertence a ese tipo de persoas que se alimentan unicamente do medo e da dor allea.
O filme narra de forma cruda o acoso escolar ao que é sometido Jordi por parte de Nacho e as súas dificultades para parar esa situación. A historia de Jordi denuncia a falta de implicación real nas comunidades educativas que se limitan a aplicar protocolos baleiros de contido e a falta de ferramentas por parte do alumnado para denunciar estos casos. Como trama secundaria esbozase a historia de Ania, unha rapaza que se fai amiga de Jordi a través dun foro de vítimas de acoso, que tamén é acosada na súa escola por ser filla de persoas inmigrantes.

Mar F. Cendón

O celuloide oculto – The Celluloid Closet
Orixe: EEUU.
Ano: 1995.
Dirección e produción: Rob Epstein e Jeffrey Friedman.
Guionistas: Robert Epstein, Jeffrey Friedman e Sharon Word.
Fotografía: Nancy Schreiber.
Música: Carter Burwell.
Intérpretes: Tony Curtis, Susan Sarandon, Whoopi Golberg, Shirley Maclaine, Tom Hanks.


Narrado por Lili Tomlin, o filme rastrexa minuciosamente a representación cinematográfica da homosexualidade por parte da industria de Hollywood. Tras unhas primeiras imaxes -entre as que destaca un fragmento dun Edison Experimental Filme (1895) no que se ve a dous home bailando agarrados con total naturalidade- a voz do narrador pon en evidencia como en máis de cen anos de cine a homosexualidade retratouse moi raras veces e cando o fixo foi para facer rir, para dar pena ou, ata, medo. Aínda que fugaces, eran imaxes indelebles que deixaron un legado duradeiro. Esa gran fábrica de mitos que foi Hollywood “ensinou aos heteros que pensar dos gais, e aos gais que pensar de si mesmos”?
Info e articulo completo en: Hollywood sale del armario: Homosexualidad y represión en el cine norteamericano

 

Mar F. Cendón