Arquivo para a categoría ‘vídeos’

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tras a morte do seu pai, Anselmo recorda unha vida marcada polo desarraigamento que transcorre entre o Marrocos do protectorado e a España franquista. Desde os seus inicios no sexo cun mozo marroquí, o descubrimento da infidelidade e a convivencia cunha irmá estraña, case máxica, sucédense imaxes e feitos que alternan pasado e presente e mostran a fractura entre o que os personaxes quererían ser e o que en verdade son.Anselmo enrólase nunha decadente troupe de variedades, metáfora dunha España desnortada, e termina vivindo co seu pai, un ancián con quen comparte a dolorosa sensación de perda. O transfondo histórico, reflectido maxistralmente pola autora, descóbrenos un submundo á marxe da historia oficial, e a difícil aprendizaxe dun home homosexual nunha época escura.Unha historia de desarraigamento, derrota e desamor, que é tamén a historia da España que perdeu a última e colonia e das xeracións que viviron a ditadura de Franco.

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Olga Merino naceu en Barcelona en 1965. Estudou Ciencias da Información e un máster de especialización en Historia e Literatura Latinoamericanas no Reino Unido. residiu en Londres e Moscova, onde foi correspondente durante cinco anos para O Xornal de Catalunya, e viviu a transición do réxime soviético á economía de mercado. En 1999 publicou a súa primeira novela, Cinzas Vermellas, con gran éxito de crítica, e en 2004 Espuelas de papel. En 2006 obtivo o Premio Vargas Llosa NH polo conto As normas son as normas. As súas novelas foron traducidas ao italiano, neerlandés e inglés. 

Advertisements

 

Mar F. Cendón

Homofobia: temor e rexeitamento cara as persoas homosexuais, gais, lesbianas e transexuais, quen o parece ou quen se asocia real ou imaxinariamente con elas.

Os autores Paul Patrick e Sue Sanders elaboraron una serie de pautas de actuación fronte ao acoso escolar homofóbico, lesbofóbico e transfóbico no contexto das escolas británicas, que podería extrapolarse a calquera das nosas escolas.

1.-Parar a agresión: interromper o comentario homófobo, tránsfobo ou sexista, intervir no acoso físico de xeito inmediato.

2.-Pór nome á agresión: o noso interese céntrase no comportamento da persoa agresora, non tanto en que a persoa agredida sexa lesbiana, gai, transexual ou bisexual, polo que teremos coidado de non sinalar a sexualidade da persoa agredida.

3.-Situar o acoso nun contexto máis amplo: amosar que o teu centro, escola ou asociación e os seus valores están explicitamente en contra do acoso escolar.

4.-Demandar un cambio de comportamento da persoa agresora no futuro próximo: deixar claro que existen consecuencias series fronte ao acoso escolar se non cambia o comportamento do/a acosador/a.

5.-Comprobar ao longo do tempo que a persoa agredida está ben, amosando o noso apoio, e informar sobre os dereitos e obrigas do alumando.

PLATERO MÉNDEZ, Raquel (Lucas) e GÓMEZ CETO, Emilio Herramientas para combatir el bullying homofóbico. Talasa Ediciones, Madrid, 2008

Mar F. Cendón

Marimachos

Publicado: Setembro 13, 2011 en identidade(s), recursos, vídeos

“Ademais das guerras legais e sobre as definicións, existen conflitos políticos sexuais menos obvios, que eu chamo as guerras das fronteiras ou territoriais. Os procesos polos que certas minorías eróticas crean comunidades e as forzas que tratan de reprimilas conducen a loitas sobre a natureza e as fronteiras deses territorios sexuais.”

Gayle Rubin

Que é a masculinidade? Debe reducirse a masculinidade ao corpo daqueles que bioloxicamente son lidos como homes? É a masculinidade só a expresión social, cultural e política da virilidade?
Se nos custa tanto definila, por que nos custa tan pouco recoñecela e sinalar aquelas persoas que a cumpren de forma acorde coa norma, marxinando o resto de persoas que quedan nas marxes desa masculinidade normativa? Hai masculinidades sen home??

chicazos

marimachos

macholos

butch

camioneiros

trans masculinos

boyz

drag kings

Mar F. Cendón


Decido ser Francisco

Publicado: Agosto 20, 2011 en identidade(s), recursos, trans, vídeos

“No son nuestros cuerpos los que no encajan, son vuestros imaginarios”

Les Atakás durante a manfiestación do 29J no 2010 en Barcelona

Foi a terceira das catro fillas que decidiron ter Juan e Marcela para formar a súa familia. A principios deste ano, presentabase como Dana. Empezaba a estudar avogacía na facultade e militaba nunha organización feminista de Neuquén (Arxentina). Pero un día fíxo un pedido as súas amizades. Sen demasiados rodeos e con madureza díxolles que de aí en diante o chamen Francisco. Hai pouco tempo decidiu adoptar esta identidade de xénero, que non era unha novidade, senón unha parte decisiva do tránsito por esta vida que vén construíndo quizais dende a súa nenez.

“Tengo 18 años. Hoy estoy siendo Francisco Agustín Sfeir. Tengo un pasado como mujer, como Dana, lo respeto como pasado, como parte de mi identidad. Pero hoy decido ser Francisco”

“El que lo haya exteriorizado ahora no significa que el proceso haya empezado hoy. Nunca me sentí cómodo en el género social que se me asignó, siempre fue un planteo en mi vida el qué hacer o el qué no hacer. Socialmente no está bien visto, por ejemplo, que una mujer sea machona , juegue al fútbol o tenga actitudes inadecuadas para una señorita”, explica Francisco. “Todo eso te hace entender que nunca tomaste esa esencia social como tuya (…) siempre fui creciendo con lo que me salía, siempre transité el género y empecé a darme cuenta de que Dana no era una elección sino un mandato”.

Máis info AQUÍ

IS: Otoko demo Onna demo nai Sei (IS 男でも女でもない性), é unha serie manga creada por Chiyo Rokuhana e publicada na revista josei[1] Kiss de Kodansha[2] desde o 2003 ata o 2009.

A abreviatura IS é unha referencia ás persoas intersexuais. A historia trata principalmente sobre a dor e os problemas que estas persoas poden atopar nas súas vidas, sobre como ser aceptadas e sobre a non posibilidade de reproducirse.

Está composto por 17 tomos recompilatorios e levouse o 31º Kodansha Manga Award ao mellor shôjo[3] en 2007.

IS: Otoko demo Onna demo nai Sei non está publicada no Estado español. Non confundir con I´´s (アイズ), a obra de Masakazu Katsura editada por Planeta DeAgostini Cómics.

O pasado mes de xullo estreouse en TV Tokyo o dorama de IS: Otoko demo Onna demo nai Sei, unha adaptación do manga de Chiyo Rokuhana. En dailymotion están dispoñibles xa os primeiros capítulos. Aínda que os subtítulos están en inglés, enténdese bastante ben (e isto dio quen escribe, que non ten un nivel nada alto no idioma).

Primeira parte do capítulo primeiro:

Emma Casal Giráldez


[1] O josei (女性, ”josei”), tamén coñecido como redīsu (レディース, ”redīsu”) ou redikomi (レディコミ, ”redikomi”) é unha categoría do manga e anime dirixido especialmente para as mulleres adultas. O equivalente masculino deste xénero é o seinen. En xaponés, a palabra josei significa soamente “feminino” e non presenta ningunha connotación sexual.

As historias soen tratar as experiencias diarias das mulleres que viven en Xapón. Aínda que algunhas tratan temas de mulleres no bacharelato e a universidade, a maioría tratan as vidas de mulleres adultas. Este estilo tende a ser unha versión máis restrinxida e realista do shôjo, mantendo os trazos gráciles dos personaxes pero desfacéndose dos ollos grandes e vidrosos que abundan neste último xénero. Sen embargo, poden atoparse excepcións ao estilo aquí descrito. Ademais, a diferenza do shōjo, o josei pode mostrar un romance máis realista (en oposición ao coñecido romance idealizado do shōjo).

Dentro do josei existe un subxénero dirixido a mulleres que tratan relacións femininas homosexuais, bastante semellante ao yuri.

Exemplos de autoras de series josei son Kiriko Nananan, autora de Blue, ou Ai Yazawa, autora de Paradise Kiss e NANA.

[2] Unha das principais editoriais xaponesas. Publica tanto literatura como manga.

[3] O shōjo (少女, ”shōjo”) é a categoría do manga e anime dirixida especialmente á audiencia feminina adolescente. Abarca unha gran cantidade de temas e estilos, desde o drama histórico ata a ciencia ficción, centrando habitualmente a énfase nas relacións humanas e sentimentais. Estritamente falando, o shōjo non se adscribe ningún estilo ou xénero particular e é máis un indicador do público ao que vai destinado. Sen embargo, tamén pode estar dirixido ao público masculino.

A escritora nixeriana Chiamanda Adichie (Abba-Enugu, 1977) relata os perigos da historia única, nos que se amosa a un pobo ou a unha comunidade ou a un colectivo dun xeito determinado unha e outra vez ata que se “transforma” nesa imaxe.

Segundo conta Chiamanda as  historias definense polo principio de nkali: como se contan, quen as conta, cando se contan e cantas historias se contan. Desta forma é o poder o que define a historia a o que ten a capacidade de convertela en definitiva.

A historia unica crea estereotipos, que poden non ser sempre falsos, pero si son sempre incompletos.
As historias poden dar poder e cando rexeitamos a historia única sobre calquera cousa estamos adquirindo e dando ese poder.

Parte 1

 

Parte 2

 

Obras de Chiamanda Adichie:

  •     La flor púrpura (Purple Hibiscus, 2003). Barcelona: Grijalbo, 2004 (Edición de Bolsillo, Barcelona: Debolsillo, 2005).
  •     Medio sol amarillo (Half of a Yellow Sun, 2006). Barcelona: Mondadori, 2007.
  •     Algo alrededor de tu cuello (The Thing Around Your Neck, 2009). Barcelona: Mondadori, 2010.

 

Este é o segundo vídeo da serie Relaciones Intergenaracionales en la Afrodescendencia sobre as identidades afrodescendentes, a educación africana e as relacións interxeneracionais da diáspora africana en España.

Aínda que este documento está maioritariamente protagonizado por homes e queda excluída a voz das mulleres respecto a esta cuestión, permite unha primeira aproximación para que nos fagamos unha idea xeral dalgúns  aspectos importantes das identidades afrodescendentes da diáspora africana.

 

Mar F. Cendón

O 5 de xullo de 2011, veciños e veciñas de Lavapiés (un barrio madrileño) vense obligados a desaloxar á policia do barrio ante a súa actitude violenta  facendo redadas ilegais a persoas inmigrantes.

Máis de 100 veciñas e veciños do barrio de Lavapiés en Madrid detiveron  un control de documentación racista que se estaba levando a cabo no metro. A  policía, en colaboración coa gardia de seguridade do metro, solicitaba papeles segundo a cor da pel. A  protesta pacífica de persoas do barrio ante estos feitos na rúa, onde había un numeroso despliegue policial, conseguiu deter a redada.

FONTE: http://www.diagonalperiodico.net/Vecinos-de-Lavapies-paran-una.html