Olga Viñuales naceu en Vilassar de Mar (Barcelona) en 1948. Tras licenciarse en Filosofía e Letras impartiu clases de Antropoloxía física e cultural. É doutora en antropoloxía, ensaísta e investigadora en asuntos LGTB e BDSM[1]. É membro do “Seminari del Parentiu” da Universidade de Barcelona e do XIRSSS (Xarxa interdisciplinar de recerca en sexualitat, salut i societat), do Departamento de Socioloxía desa mesma universidade.

Fixo a súa tese sobre identidades lésbicas, sendo a primeira tese doutoral de temática exclusivamente lésbica no Estado español e con ela obtivo o Cum Laude en 1999. A devandita tese acabou converténdose no libro Identidades lésbicas. Discursos y prácticas (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2000), no que Olga Viñuales, amparándose nun rigoroso traballo de campo, mostra como prodúcese o proceso de adscrición a unha categoría aínda hoxe deostada socialmente, e analiza a relación que pode establecerse entre identidade e amizade, e identidade e parentesco, así como a formación de novos modelos de familia. Realizada dende unha perspectiva antropolóxica, esta investigación supuxo un traballo de sete anos, dos que dous estiveron dedicados á observación participante na Coordinadora Gay/Lesbiana de Barcelona.

A Identidades lésbicas seguiulle Lesbofobia (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2002). Neste libro, a autora fai un repaso crítico de aquelas investigacións que durante o século XX mostraron a falsidade da orde simbólica que tanto influíu na maneira de categorizar o corpo, construír o xénero e as identidades sexuais, e que conducía a considerar determinadas prácticas sexuais como máis sas e recomendables que outras.

O seu seguinte libro foi Sexualidades. Diversidad y control social (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2003), no que reformula a sexualidade en perspectiva sociocultural. Olga Viñuales define a sexualidade como unha estratexia de control social, describe a heterosexualidade coma un estilo de vida, teoriza a diversidade sexual e defende a pertinencia de fomentala, ao tempo que critica as reaccionarias perspectivas bioloxicistas sobre a sexualidade. Ademais, cuestiona os discursos expertos e reivindica a lexitimidade dos saberes populares e cotiáns sobre a sexualidade. Sexualidades inclúe tanto estudios teóricos como investigacións sobre traballo e consumo sexual, sobre homosexualidades e disidencias sexuais e sobre representacións e modelos de xestión do corpo.

O seu cuarto libro publicado é Armarios de cuero (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2007). Nel, doce persoas narran as respectivas traxectorias vitais que lles levaron a vincularse ao mundo BDSM. Asistimos aos diferentes procesos persoais, a veces converxentes, a miúdo diversos, mediante os que os e as protagonistas exploraron unhas formas de erotismo que diverxen radicalmente dos patróns de sexualidade ao uso.

A última obra de Olga Viñuales publicada ata agora é Y no fueron marujas (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2011). Neste libro, nove mulleres de idades comprendidas entre os 55 e os 70 anos, explícanos porque decidiron desviarse dos roles de xénero durante a ditadura franquista. O libro remata coa voz dunha muller máis nova que, en contraposición, reivindica o dereito a poder elixir entre ser ou non ser “Maruja”. Distintas voces, distintos puntos de partida explican como de diverso pode ser o proceso de sentir ou ser muller na nosa sociedade, ao tempo que evidencian, o absurda que é a diferenciación ideolóxica entre as idades, os sexos e as razas.

Na rede están dispoñibles os seguintes textos de Olga Viñuales:

Cadena simbólica

Poder y deseo


[1] http://es.wikipedia.org/wiki/BDSM

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s