Arquivo para a categoría ‘orientación sexual’

Annemarie Schwarzenbach foi doutora en filosofía, arqueóloga xornalista, fotógrafa e novelista, coñecida sobre todo pola súa faceta de escritora de viaxes.

Naceu en Zürich o 23 de maio de 1908, no seo dunha das familias máis ricas de Suíza. A súa nai estaba emparentada co canciller Von Bismarck. Seu pai era o herdeiro de Ro. Schawzenbach & Co., que fabricaba e importaba seda. E, seu avó, foi o xeneral Ulrich Wille.

Dende pequena rexeitou o luxo e, ao acadar a puberdade,  a súa familia solicitou unha entrevista médica para comprender os motivos da súa “rara” conduta. Tras algunhas visitas médicas, diagnosticóuselle esquizofrenia, mais está en dúbida a veracidade deste.

En 1927 ingresou na Universidade de Zürich para estudar historia e literatura e, nese intre, comezaría a súa produción literaria en ficción. Tres anos despois coñeceu aos irmáns Mann e mantería unha relación de amizade con toda a familia que se prolongaría durante toda a súa vida. En 1931 obtivo o doutorado e publicou a súa primeira novela Freunde um Bernhard.

En 1933 viaxou ao Estado español xunto a Marianne Breslauer[1], quen a fotografou en reiteradas ocasións.

En 1935 casou co diplomático francés Claude Clarac en Irán.

As súas viaxes, que inspiraron a súa obra, levárona aos Estados Unidos, o Estado español, como xa dixemos, Rusia, Afganistán (xunto a Ella Maillart[2]) e o Congo Belga.

Ao longo da súa vida foi adicta á morfina e estivo intermitentemente baixo tratamento psiquiátrico. En 1939 intentou desintoxicarse, momento no que escribiu Das glückliche Tal. En 1942 tivo un accidente coa súa bicicleta. Golpeouse a caluga e estivo inconsciente varios días. Cando espertou, perdera a capacidade de fala, observación e mobilidade. Morreu o 15 de novembro dese mesmo ano.

Annemarie nunca falou abertamente sobre a súa orientación sexual, pero os indicios sobre as relacións que mantivo indican que era lesbiana. Entre outras, pode ser destacada a relación que mantivo coa escritora Carson McCullers[3], con quen compartiu algún tempo a súa vida en Nova York.

O tema básico da súa obra céntrase en recoller a tomentosa e recorrente soidade que sentiu ao longo da súa curta vida. Así mesmo, rexistrou os costumes, a historia, as paisaxes e o espírito das persoas que habitaban os países que percorreu. Caben ser destacados:

  • Das glückliche Tal
  • Lyrische Novelle
  • Bei diesem Regen
  • Jenseits von New York
  • Freunde um Bernhard
  • Muerte en Persia (Tod in Persien)
  • Auf der Schattenseite
  • Flucht nach oben
  • Alle Wege sind offen
  • Winter in Vorderasien
  • Unsterbliches Blau
  • Wir werden es schon zuwege bringen, das Leben

Para máis información, recoméndamos os seguintes enlaces:

–          Annemarie Schwarzenbach: la viajera inconsolable

–          Los viajes de una chica rara

–          Vidas contadas – Annemarie Schwarzenbach – 20/02/12

–          http://www.annemarieschwarzenbach.eu/

 

Emma Casal Giráldez


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tras a morte do seu pai, Anselmo recorda unha vida marcada polo desarraigamento que transcorre entre o Marrocos do protectorado e a España franquista. Desde os seus inicios no sexo cun mozo marroquí, o descubrimento da infidelidade e a convivencia cunha irmá estraña, case máxica, sucédense imaxes e feitos que alternan pasado e presente e mostran a fractura entre o que os personaxes quererían ser e o que en verdade son.Anselmo enrólase nunha decadente troupe de variedades, metáfora dunha España desnortada, e termina vivindo co seu pai, un ancián con quen comparte a dolorosa sensación de perda. O transfondo histórico, reflectido maxistralmente pola autora, descóbrenos un submundo á marxe da historia oficial, e a difícil aprendizaxe dun home homosexual nunha época escura.Unha historia de desarraigamento, derrota e desamor, que é tamén a historia da España que perdeu a última e colonia e das xeracións que viviron a ditadura de Franco.

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Olga Merino naceu en Barcelona en 1965. Estudou Ciencias da Información e un máster de especialización en Historia e Literatura Latinoamericanas no Reino Unido. residiu en Londres e Moscova, onde foi correspondente durante cinco anos para O Xornal de Catalunya, e viviu a transición do réxime soviético á economía de mercado. En 1999 publicou a súa primeira novela, Cinzas Vermellas, con gran éxito de crítica, e en 2004 Espuelas de papel. En 2006 obtivo o Premio Vargas Llosa NH polo conto As normas son as normas. As súas novelas foron traducidas ao italiano, neerlandés e inglés. 

“Aquí mi deseo y compromiso: revisar de manera crítica las historias que nos llegan en formatos y soportes culturales diversos sin que la necesidad de reconocimiento, las heridas o las buenas intenciones nos cieguen. Dar a conocer la diversidad afectivo/sexual y de género sin edulcorarla sistemáticamente con historias de príncipes, princesas y perdices. Explicarnos qué significan las relaciones de amor saludables, proyectarlas y cultivar la autoestima para querer sin depender. Promover el disfrute y cuidado del cuerpo, del de las otras personas y de los nuestros propios. Y aquí mi convicción de un cómo: aprendiendo de lo aprendido por muchas otras anteriormente, agradeciendo, continuando y haciendo llegar la gran labor feminista de empoderamiento, reflexión crítica, denuncia y cuidado mutuo a la juventud que ha puesto un pie fuera de la heteronormalidad y de la identidad de género asignada.”

Podedes ler o estupendo artigo de Lander Calvelhe en Píkara Magazine AQUÍ

 

Trailer en inglés do documental “Straighlaced: How Gender’s Got Us All Tied Up” da produtora GroundSpark, unha das recomendacións de Lander.

Berlín tiña unha vibrante cultura homosexual na década de 1920. En 1919, Magnus Hirschfeld, sexólogo e defensor dos dereitos das persoas homosexuais, crea o seu Institut für Sexualwissenschaft (“Instituto para o estudo da sexualidade”) e, nese mesmo ano, estréase “Anders als die Andern” (“Diferente aos demais”), o primeiro filme que trata o tema da homosexualidade dende unha óptica positiva.

Magnus Hirschfeld

En 1920, Kurt Schwabach e Mischa Spoliansky crean “Das lila Lied” (“A canción violeta”), unha composición dedicada a Hirschfeld que pasaría a converterse no himno homosexual da época. E, en 1921, realízase a primeira conferencia internacional para a reforma sexual con base científica (Erste internationale Tagung für Sexualreform auf sexualwissenschaftlicher Grundlage).

Había uns 50 clubs e bares para mulleres, que ían dende os grandes e luxosos cabarés e cafés, como o famoso “Eldorado”, visitado por estrelas como Marlene Dietrich, ou o “Chez ma belle-soeur”; pasando polos mixtos, con todo tipo de público, como o “Dorian Gray” na Bülowstrasse; os populares, como o “Club des amies”, que realizaban festas tres veces por semana; ata os máis sórdidos, como o “Café Olala”, ao que tamén acudían varóns travestidos, ou o “Tavern”, que tiña unha habitación reservada para as mulleres.

Eldorado

En 1928, o libro “Berlins lesbische Frauen” (“As mulleres lesbianas de Berlín”), de Ruth Margarete Roellig, popularizou a capital alemana como centro da cultura lésbica europea.

As festas e eventos eran publicados en diversas revistas, que funcionaban como vínculo de unión para a comunidade. Podemos destacar “Die Freundin”, unha revista moi popular na época, dirixida a lesbianas.

Tamén se produciu unha auténtica explosión da cultura lésbica como dan mostra artistas da talla de Claire Waldoff, Jeanne Mammen, Christa Winsloe ou Anna Elisabet Weirauch, autora da triloxía “Der Skorpion”, a novela lésbica por excelencia da época.

Claire Waldoff

Claire Waldoff

Anna Elisabet Weirauch

A homosexualidade masculina estaba prohibida polo artigo 175, mais a policía de cidades como Berlín e Hamburgo adoitaban mirar cara outro lado. A loita pola eliminación deste artigo permitiu articular o primeiro movemento homosexual, do que as mulleres, menos afectadas, formaron parte marxinalmente. Aínda así, as mulleres do entorno do Comité Científico Humanitario realizaron unha contribución notable á loita pola emancipación tanto das mulleres como dos e das homosexuais, podendo mencionar a Theo Anna Sprüngli (a primeira activista lesbiana da historia), Johanna Elberskirchen e Emma (Külz-) Trosse.

Theo Anna Sprüngli

Johanna Elberskirchen

Emma Trosse


Emma Casal Giráldez

Olga Viñuales naceu en Vilassar de Mar (Barcelona) en 1948. Tras licenciarse en Filosofía e Letras impartiu clases de Antropoloxía física e cultural. É doutora en antropoloxía, ensaísta e investigadora en asuntos LGTB e BDSM[1]. É membro do “Seminari del Parentiu” da Universidade de Barcelona e do XIRSSS (Xarxa interdisciplinar de recerca en sexualitat, salut i societat), do Departamento de Socioloxía desa mesma universidade.

Fixo a súa tese sobre identidades lésbicas, sendo a primeira tese doutoral de temática exclusivamente lésbica no Estado español e con ela obtivo o Cum Laude en 1999. A devandita tese acabou converténdose no libro Identidades lésbicas. Discursos y prácticas (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2000), no que Olga Viñuales, amparándose nun rigoroso traballo de campo, mostra como prodúcese o proceso de adscrición a unha categoría aínda hoxe deostada socialmente, e analiza a relación que pode establecerse entre identidade e amizade, e identidade e parentesco, así como a formación de novos modelos de familia. Realizada dende unha perspectiva antropolóxica, esta investigación supuxo un traballo de sete anos, dos que dous estiveron dedicados á observación participante na Coordinadora Gay/Lesbiana de Barcelona.

A Identidades lésbicas seguiulle Lesbofobia (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2002). Neste libro, a autora fai un repaso crítico de aquelas investigacións que durante o século XX mostraron a falsidade da orde simbólica que tanto influíu na maneira de categorizar o corpo, construír o xénero e as identidades sexuais, e que conducía a considerar determinadas prácticas sexuais como máis sas e recomendables que outras.

O seu seguinte libro foi Sexualidades. Diversidad y control social (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2003), no que reformula a sexualidade en perspectiva sociocultural. Olga Viñuales define a sexualidade como unha estratexia de control social, describe a heterosexualidade coma un estilo de vida, teoriza a diversidade sexual e defende a pertinencia de fomentala, ao tempo que critica as reaccionarias perspectivas bioloxicistas sobre a sexualidade. Ademais, cuestiona os discursos expertos e reivindica a lexitimidade dos saberes populares e cotiáns sobre a sexualidade. Sexualidades inclúe tanto estudios teóricos como investigacións sobre traballo e consumo sexual, sobre homosexualidades e disidencias sexuais e sobre representacións e modelos de xestión do corpo.

O seu cuarto libro publicado é Armarios de cuero (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2007). Nel, doce persoas narran as respectivas traxectorias vitais que lles levaron a vincularse ao mundo BDSM. Asistimos aos diferentes procesos persoais, a veces converxentes, a miúdo diversos, mediante os que os e as protagonistas exploraron unhas formas de erotismo que diverxen radicalmente dos patróns de sexualidade ao uso.

A última obra de Olga Viñuales publicada ata agora é Y no fueron marujas (Barcelona, Edicions Bellaterra, 2011). Neste libro, nove mulleres de idades comprendidas entre os 55 e os 70 anos, explícanos porque decidiron desviarse dos roles de xénero durante a ditadura franquista. O libro remata coa voz dunha muller máis nova que, en contraposición, reivindica o dereito a poder elixir entre ser ou non ser “Maruja”. Distintas voces, distintos puntos de partida explican como de diverso pode ser o proceso de sentir ou ser muller na nosa sociedade, ao tempo que evidencian, o absurda que é a diferenciación ideolóxica entre as idades, os sexos e as razas.

Na rede están dispoñibles os seguintes textos de Olga Viñuales:

Cadena simbólica

Poder y deseo


[1] http://es.wikipedia.org/wiki/BDSM

Emma Casal Giráldez

Peaches  é unha cantante e compositora de música electrónica e performance lesbiana que reside en Berlín.

Merrill Beth Nisker, coñecida como Peaches, naceu o 11 de novembro de 1966 en  Toronto, Ontario (Canadá). Foi a unha escola privada xudía na que recibía a metade das clases en inglés e a outra metade en hebreo. Nisker era unha das graciosas da clase, “non era especialmente lista. Eu estaba interesada nas cousas creativas pero era moi dificil para min poder desenvolverme porque todo era moi ríxido e estruturado”.

Antes de converterse en Peaches, Nisker foi mestra de música e teatro nunha escola de primaria,  a Escola Hebrea Asociada de Toronto.

As súas letras caracterízanse por non respectar as normas de xénero e polos contidos sexualmente explícitos. Toca os instrumentos musicais para os seus temas, fai as programacións e graba e produce os seus álbumes.

Sacou o seu primeiro álbum “Fancypants Hoodlum“, co nome de Merrill Nisker en 1995 e posteriormente desenvolveu o seu estilo que lle daría sona internacional como Peaches.

As súas cancións forman parte de filmes como Chicas malas,Waiting…, Jackass 2 , La cámara secreta, e Lost in Translation. (aínda que non aparece na súa banda sonora); e tamén se pode escoitar en series e programas de televisión como “The L Word” ‘de Showtime, Ugly Betty, no episodio ‘Butters’ Bottom Bitch’ de South Park , ou na promo de Dirt. Peaches tamén participou en discos de PinkChicks on Speed ou Christina Aguilera entre outras colaboracións.  Entre os seus últimos proxectos está porlle voz a un EP que leva por título ” The Gomma All Stars: Casablanca Reworks“, no que  Telonius, The Phenomenal Handclap Band, Moullinex e Munk remisturan catro clásicos da música disco do selo alemán Casablanca Records.

O seu cuarto e polo momento último álbum, “I Feel Cream”, saiu á venda o 4 de maio de 2009 en Europa. O primeiro single deste proxecto é unha dobre cara A de “Talk to me” e “More“. Nel, Peaches incluíu a outrxs artistas como  Simian Mobile Disco, Soulwax, Digitalism e Shapemod e  co-produxo un par de temas do disco. Nel tamén participou o seu vello amigo e colaborador Gonzales co-escribindo algúns das cancións.

No ano 2010 levou a cabo unha transgresora adaptación do musical Jesus Christ Superstar (Peaches Christ Superstar) no que ela interpretaba a todas as personaxes.

Tamén realiza xiras como DJ

Peaches faise notar polo seu vestuario no escenario e o seu estilo exuberante. A moda e o estilo de Peaches son a miúdo nostálxico e futurista, agresivo e glamuroso e a maioría das veces rebasando a liña da identidade sexual. Peaches e a súa banda Sweet Machine utilizan vestuarios de distintxs deseñadorxs pero normalmente traballa en conxunto con Vaughan AlexanderCharlie Le MinduJohn Renaud.

A identidade sexual é un dos temas da música de Peaches, onde xeralmente xoga coas nocións tradicionais da representación dos roles de xénero. Nos seus textos e nos seus espectáculos en directo borra a distinción entre home e muller. Un exemplo foi a portada do seu álbum “Fatherfucker”  no que aparecía retratada con barba.

Cando se lle acusa de ter “envidia de pene” ela responde que prefire falar de “envidia hermafrodita” xa que “hai moito de masculino e fminino dentro de nós”.

Discografía

  • Fancypants Hoodlum (1995, as Merrill Nisker)
  • The Teaches of Peaches (2000)
  • Fatherfucker (2003)
  • Impeach My Bush (2006)
  • I Feel Cream (2009)

WEB

 

 

Mar F. Cendón

 

Cosmofobia de Lucía Etxebarria:
Da man de varios personaxes que se entrecruzan ao longo de toda a obra, cunha prosa máis depurada que nunca, Lucía Etebarría traza amores e destinos inmersos na máis próxima actualidade nunha novela áxil e directa chamada a converterse por méritos propios no berro colectivo de toda unha xeración, no certeiro retrato dunha nova sociedade máis plural, máis diversa. Na novela definitiva sobre unha nova época. A nosa.

Unha Lucía Etxebarria máis lúcida e madura, cun extraordinario oído para captar a linguaxe da rúa e a súa xa emblemática sensibilidade para as cotiás historias de amor, mergúllanos na vida dun dos barrios máis representativos de Madrid, Lavapiés, e debuxa un fresco vívido, real, intenso, das súas virtudes, problemas e inquietudes marcadas pola inmigración, a pluralidade étnica e a loita diaria, entre a modernidade e a miseria, por saír adiante.

Lucia Etxebarria, nunha entrevista en 2007 describe asi a súa obra:

“ É unha novela con personaxes de idades comprendidas entre os vinte e os sesenta anos, de todas as clases sociais e de diferentes etnias (africanos, árabes, suramericanos e españois). Pretende ser unha guía a través da paisaxe urbana do século XXI nun momento no que a narrativa española envórcase máis no pasado, posto que agora se se examina as listas dos libros máis vendidos as novelas sitúanse en tempos de Felipe II ou na Guerra Civil, cando non son rolos máis ou menos incribles sobre templarios. É o que eu chamo “novela histérica”, que nada ten que ver coa novela histórica, que adoita ser máis rigorosa na súa documentación.
Por que ese nome para un libro?
Porque todos os meus personaxes non atopan o seu lugar no mundo. Os inmigrantes porque sofren a marxinación e o desprezo, as fillas de inmigrantes porque a pesar de ser españolas segundo o seu carné de identidade a xente non deixa de velas como mouras ou como negras e teñen serios problemas para atopar traballo; os fashion victims porque carecen de acenos de identidade e búscanas en algo tan absurdo como as marcas de moda, a moza de barrio porque vén dunha contorna moi desestructurado no que a precariedade e a violencia doméstica son os seus únicos referentes.
De onde xurdiu a idea de escribir sobre Lavapiés?

Teño que deixar claro que o barrio podería ser o Raval en Barcelona, San Francisco en Bilbao ou A Alameda en Sevilla. En toda gran urbe existe un barrio de orixe humilde no que conviven grupos sociais moi diferentes: os do barrio “de toda a vida”, os inmigrantes e os bobos (bohemian bourgeois) que se van a vivir alí porque queren un aloxamento céntrico e barato. Todos estes grupos conviven pero non se mesturan, e conforman xa que logo unha sociedade multicultural pero non intercultural. Eu vivo en Lavapiés e non me resultaba nada difícil falar sobre este tema que creo necesario nun momento no que están ascendendo perigosamente os sentimentos de xenofobia. Non hai máis que ver as últimas afirmacións de Lle Pen.? “

Etxebarría de Atienza naceu en Bermeo (Biscaia) o 7 de decembro de 1966. A menor de sete irmáns, estudou nun colexio de monxas de Valencia tras o cal trasladouse a Madrid para licenciarse en Xornalismo. foi tradutora, promotora de discos, camareira, autora de guións cinematográficos (ha coescrito os guións das películas Amor, curiosidade, prozac e dúbidas, Sobrevivirei, A muller da miña vida e I love you baby), xefa de prensa, e colaboradora de diversos medios. A súa primeira novela foi unha biografía novelada sobre o cantante Kurt Cobain e a súa esposa Courtney Love (A historia de Kurt e Courtney: aguanta isto), á que seguirían éxitos comerciais como Amor, curiosidade, prozac e dúbidas, Beatriz e os corpos celestes (Premio Lucía Nadal 1998), Nós que non somos como as demais ou De todo o visible e o invisible (Premio Primavera 2001). A partir do 2000 Etxebarría trasladouse a Escocia, onde se dedicou ao ensino na Universidade de Aberdeen, institución que lle concedeu un doutoramento Honoris Causa. En 2004 obtivo o Premio Planeta de Novela pola obra Un milagre en equilibrio.

A súa obra adoita centrarse en personaxes femininos que buscan un espazo sentimental e emocional propio. Tanto na súa obra narrativa como ensayística (A Eva futura. A letra futura), a autora analiza o rol da muller na sociedade actual, o concepto de xénero e a sexualidade feminina desde unha perspectiva post-feminista que defende os dereitos e a nova figura da muller tanto a nivel social como literario.

 

http://www.lecturalia.com/libro/12272/cosmofobia

http://www.europapress.es/00273/20070515000502/lucia-etxebarria-escritora-realismo-pasa-literatura-infantil.html

http://www.lecturalia.com/autor/166/lucia-etxebarria

 

Na primavera de 1979, Jett foise a Inglaterra, onde comezou a súa carreira en solitario. Alí gravou tres temas con Paul Cook e Steve Jones, ambos membros de The Sex Pistols. Un deses temas foi  unha primeira versión do que posteriormente sería o seu exitoso “I Love Rock and Roll”, orixinalmente escrito e presentado por The Arrows.

De volta en Los Angeles, comezou a rodar un filme baseado en The Runaways, We´re All Crazee Now!, que nunca foi editado. Mais, durante a realización do proxecto, Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna, co que gravou o seu álbum de debut en solitario, co título Joan Jett primeiro e, Bad Reputation, posteriormente. O disco foi editado en Europa. Nos Estados Unidos, a cousa foi diferente. Ata 23 grandes selos rexeitaron sacar o álbum e Jett e Laguna editárono de xeito independente no seu propio selo: Blackheart Records. Así, Joan Jett pasou a converterse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.

Coa axuda de Laguna, a comezos da década dos 80, Joan Jett creou a banda Joan and The Blackhearts, formada por Ricky Byrd, Lee Crystal, Gary Ryan e Eric Ambel. En 1981 sacaron o seu primeiro álbum: I Love Rock ‘n’ Roll.

En 1983, Joan and The Blackhearts, sacaron o seu segundo álbum: Album.

A este seguíronlle Glorious Results of a Misspent Youth, en 1984;

Good Music, en 1986;

Up Your Alley, en 1988;

Notorious, en 1991;

Pure and Simple, en 1994;

e Sinner, en 2006.

Web de Joan Jett: http://www.joanjett.com/
MySpace de Joan Jett: http://www.myspace.com/joanjettntheblackhearts
Fan Club de Joan Jett: http://www.joanjettbadrep.com/
Facebook de Joan Jett: https://www.facebook.com/joanjettandtheblackhearts
Twitter de Joan Jett: https://twitter.com/joanjett

 

Emma Casal Giráldez

Joan Marie Larkin naceu o 22 de setembro de 1958 nun suburbio de Filadelfia, Pensilvania, no seo dunha familia de clase media. Seu pai, Jason Larkin, traballaba nunha empresa e, súa nai, Elizabeth, era dependenta nunha tenda de roupa.
Foi aos seis anos cando viu por primeira vez á banda que marcaría a súa vida para sempre: The Rolling Stones. Dende ese día, Joan sentiu paixón polo rock and roll e polo heavy metal e decidiu que sería famosa e todo o mundo coñecería a súa música.
En 1967 mudouse coa súa familia a Wheaton, Maryland, onde asistiu á escola secundaria. Nesa época seu pai e súa nai decidiron separarse e ela cambiou o seu apelido polo de Jett.
Súa nai decidiu volver a mudarse, nesta ocasión a Los Angeles, California. Alí foi onde Joan coñeceu ao produtor musical Kim Fowley, en 1975. Veuno na porta dun local e non dubidou en contarlle a súa idea de formar un grupo de rock composto só por mulleres. Fowley presentoulle a Sandy West e propúxolles que compuxeran algo bo. Así o fixeron. Presentáronlle a Kim o seu traballo e este completou a banda con Lita Ford, Cherie Currie e Micki Steele, quen sería substituída despois por Jackie Fox. Así naceu The Runaways.

Nos seus inicios tocaban en pequenos garitos, onde non as tomaban en serio, tanto por ser adolescentes, como por ser mulleres, mais co tempo as compoñentes da banda revelaron un alto dominio dos seus instrumentos e pronto a industria comezou a telas en conta. O seu éxito máis coñecido foi “Cherry Bomb”, en 1976, que sería versioneado por multitude de bandas -entre elas, Bratmobile e Shonen Knife-, ademais de aparecer na banda sonora dalgúns filmes -“Dawn”, “Portrait of a Teenage Runaway”, “¡Vaya vacaciones!” e “Dazed and Confused”-.

The Runaways conseguiron firmar con Mercury Records en 1976, publicando o seu disco, The Runaways, pouco despois. Actuaron teloneando a Cheap Trick, Tom Petty and The Heartbreakers, The Ramones e Van Halen.

O seu segundo álbum, Queens of Noise, publicouse un ano despois e a banda embarcouse nunha xira mundial. No verán de 1977, a banda chegou a Xapón, converténdose no terceiro produto musical importado de máis éxito no país nipón, só aventaxada por Led Zeppelin e Kiss.

Tra-la xira en Xapón, a banda sufriu cambios na súa formación. Jackie Fox e Cherie Currie fóronse e reclutaron a Vicki Blue. A finais de 1977 gravaron o seu terceiro álbum, Waitin´ for the Night, no que Joan Jett, ademais de tocar a guitarra, pasou a ser a cantante principal.

En 1978, debido a desacordos monetarios e relativos ao “management” da banda, The Runaways desfixéronse de Kim Fowley, ademais de abandonar a que ata entón fora a súa discográfica, Mercury/Polygram.
En 1979 publicaron o seu seguinte álbum, And Now… The Runaways -este album non saiu nos Estados Unidos ata 1981, cunha portada diferente e baixo o título de “Little Lost Girls”-, co produtor de Thin Lizzy, John Alcock Durante a gravación do álbum, Vicki Blue deixou a banda, sendo substituída por Laurie McAllister. Houbo desacordos respecto do estilo de música que querían facer, sobre todo entre Joan Jett e Lita Ford. Jett quería facer un cambio cara o glam rock, mentres que Ford, apoiada por Sandy West, quería continuar co hard rock e o heavy metal. Isto provocou a disolución da banda en 1979.

En 2010, Floria Sigismondi, dirixiu un filme sobre a banda, “The Runaways”, baseado no libro de Cherrie Currie “Neon Angel” e centrado, principalmente, nas figuras de Joan Jett e Cherrie Currie. O filme descóbrenos a bisexualidade de Joan Jett.

Web de The Runaways: therunaways.com
Facebook de The Runaways: https://www.facebook.com/therunaways
MySpace de The Runaways: http://www.myspace.com/therunawaysmusic
Twitter de The Runaways: https://twitter.com/TheRunaways

 

Emma Casal Giráldez

Martina Navratilova naceu o 18 de outubro de 1956 en Praga (República Checa). Cando tiña catro anos seu pai e súa nai divorciáronse e ela trasladouse con esta última e a súa aboa de Praga a Revnice.

Seu padrasto foi quen lle regalou a súa primeira raqueta. Participou no seu primeiro torneo con 8 anos e, con 14, gañou o primeiro torneo nacional. En 1972, con 16 anos, proclamouse campioa do que nese momento aínda era Checoslovaquia e, un ano despois, gañou o Torneo de Wimbledon na categoría junior. Pasou entón a ser xogadora profesional e chegou aos cuartos de final do seu primeiro Gram Slam.

En 1975 foise a vivir aos Estados Unidos. Nacionalizouse para poder competir alí e conquistou varios títulos de dobres formando parella coa tenista Chris Evert. A partir de 1978 converteuse na mellor xogadora do circuíto, gañando por dous anos consecutivos Wimbledon na categoría individual e liderando a Women Tennis Association (WTA). Entre os seus logros atópanse ter gañado nove veces Wimbledon (1978, 1979, de 1982 a 1987 e 1990), catro o Aberto de Estados Unidos (1983, 1984, 1986 e 1897), dous o Roland Garros (1982 e 1984) e tres o Aberto de Australia (1981, 1983 e 1985). En dobres obtivo tamén un grande número de vitorias.

Cando contaba no seu palmarés co récord de vitorias do Grand Slam feminino, con dezaoito e un total de 163 títulos ao longo da súa carreira, retirouse das canchas en 1994, tras ser derrotada por Conchita Martínez na final de Wimbledon. Nese mesmo ano foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de los Deportes.

Na súa autobiografía Being Myself di que se sentiu atraída romanticamente tanto por profesores como por profesoras e que, máis adiante, sentiuse atraída fortemente por outras compañeiras tenistas, mais non se deu conta de que esa atracción tiña unha dimensión sexual ata os 18 anos, cando tivo a súa primeira relación lésbica.

Navratilova sinalou que temía que a súa orientación sexual prexudicase a súa solicitude para acadar a nacionalidade norteamericana porque en Checoslovaquia “os gais eran enviados a asilos para enfermos mentais e as lesbianas nunca saían do armario”. En 1981, unha vez recibida a nacionalidade, revelou publicamente a súa orientación sexual, pasando a ser a primeira tenista lesbiana abertamente recoñecida.

Algunhas das súas parellas foron Judy Nelson e Rita Mae Brown (escritora e comprometida activista feminista a favor dos dereitos LGTB).

Judy Nelson con Martina Navratilova en Eastbourne

Rita Mae Brown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martina Navratilova participa en varias asociacións benéficas que promoven os dereitos das persoas homosexuais, os dereitos das crianzas sen recursos e os dereitos dos animais. En 2002 recibiu un premio da asociación Human Rights Campaign.

 

Emma Casal Giráldez