Arquivo para a categoría ‘banda deseñada / cómic’

“Aquí mi deseo y compromiso: revisar de manera crítica las historias que nos llegan en formatos y soportes culturales diversos sin que la necesidad de reconocimiento, las heridas o las buenas intenciones nos cieguen. Dar a conocer la diversidad afectivo/sexual y de género sin edulcorarla sistemáticamente con historias de príncipes, princesas y perdices. Explicarnos qué significan las relaciones de amor saludables, proyectarlas y cultivar la autoestima para querer sin depender. Promover el disfrute y cuidado del cuerpo, del de las otras personas y de los nuestros propios. Y aquí mi convicción de un cómo: aprendiendo de lo aprendido por muchas otras anteriormente, agradeciendo, continuando y haciendo llegar la gran labor feminista de empoderamiento, reflexión crítica, denuncia y cuidado mutuo a la juventud que ha puesto un pie fuera de la heteronormalidad y de la identidad de género asignada.”

Podedes ler o estupendo artigo de Lander Calvelhe en Píkara Magazine AQUÍ

 

Trailer en inglés do documental “Straighlaced: How Gender’s Got Us All Tied Up” da produtora GroundSpark, unha das recomendacións de Lander.

Advertisements

In Italia sono tutti machi é unha novela gráfica escrita por Luca de Santis e ilustrada por Laura Colaone publicada este ano por Norma Editorial co título “En Italia son todos machos”

Cando Mussolini anunciou que en Italia eran “todos machos” comezou o calvario dos homosexuais naquel país. En ausencia de regulación legal, o goberno fascista debía decidir que facer con eses cidadáns “inexistentes”. Optouse polo confinamento en illas. Sen xuízo e sen cometer ningún delito, centos de homosexuais foron desterrados entre 1938 e 1943. Cando todo rematou, ninguén volveu falar deste episodio que caeu no esquecemento.

A idea da historieta xurdiu en 2003 dunha entrevista de Giovanni dall’Orto a un deportado italiano gay durante o fascismo, Giuseppe B., realizada en 1987. Luca de Santis non atopou moita información sobre o tema, a parte dalgunhas entrevistas de Giovanni Dall’Orto e o documental-ficción de Gabriella Romano, Ricordare, o que o levou a documentarse directamente nos arquivos. A necesidade da creación xurdiu deste silencio sobre a historia dos homosexuais de Italia durante o fascismo.

A novela conta o confinamento dos homosexuais italianos durante a dominación fascista de Italia e máis concretamente os últimos anos do exilio (1939-1940) dun grupo de homes na illa de San Domino, no arquipélago das Tremiti. Os homosexuais italianos foran declarados en 1943 como «serias e perigosas molestias para a sociedade». A pesar de que non existían leis contra a homosexualidade, os homosexuais eran condenados por un «delito contra a raza» ou por razóns políticas, cando non eran fascistas.

A historia do protagonista Antonio Angelicola, alcumado Ninella, e da súa deportación e reclusión, entrelázase -nun segundo plano temporal ambientado a finais da década de 1980- coa dun mozo creador de documentais, Rocco, e o seu amigo Nico.

As vivencias e personaxes que aparecen no libro son historias verdadeiras e persoas reais. En particular, o argumento baséase na historia real de Giuseppe B., alcumado Peppinella, que foi entrevistado baixo o seu nome real no devandito documental-ficción de Gabriella Romano.

En 2009 gañou o premio A. Micheluzzi no Comicon de Nápoles como «Mellor historieta do ano».

Foi tamén traducida para o público francés, canadense e alemán.

 

Mar F. Cendón

“Eros / Psique”  narra en primeira persoa o primeiro ano da estanza dunha adolescente, Sara, no internado feminino da Rosa. A historia céntrase na súa relación cunha das súas compañeiras, Silje, unha alumna moi especial coa que establece unha relación de amizade primeiro que acaba transformándose en amor. Unha relación prohibida polas estritas normas do internado, un lugar onde as residentes levan a cabo unha sestranas tarefas en grupo e rituais, unha institución de cuxo misterioso funcionamento se nos vai revelando información pouco a pouco ao longo da historia, como un misterio que acompaña á historia principal e que converte ao internado nun auténtico “terceiro protagonista” da historia.

O título do cómic está tomado do mito grego de Eros e Psique, que Silje lle explica a Sara durante a historia.

O cómic publicouse orixinalmente en Francia por Emmanuel Proust Editions en febreiro de 2011, co título Eros/Psyché. A obra incluíuse dentro da súa colección Atmosphéres.

A edición een español de Norma busca asemellarse máis a un tomo de manga, reducíndoa ao tamaño das edicións kanzenban que se veñen publicando durante os últimos anos. A disminuación de tamaño non se nota a simple vista se se descoñece a edición orixinal, e a cambio conséguese reducir o prezo significativamente.

A autora: María Llovet (Barcelona, 1982) estudou un ano e medio na Escola de Cómic Joso antes de empezar a traballar profesionalmente para o mercado francés. O seu primeiro traballo foi como colorista xunto a Jesús Orellana para a serie Messiah Complex (Humanoïdes Associés) debuxada por Eduardo Ocaña. O seu seguinte traballo, xa como debuxante sobre guión alleo, foi o debuxo da serie Linked, para a liña Shogun da mesma Humanoïdes, primeiro serializado (o primeiro capítulo publicouse na revista Shogun Life en 2007) e posteriormente recompilado nun volume en xaneiro de 2010). O seu seguinte traballo, xa como autora completa, é este Eros / Psique.

O seu blog, en inglés, AQUÍ

Autora:
María Llovet
 Editorial:
Norma Editorial
 Fecha:
octubre de 2011
 Formato:
Tomo 144 pgs b/n, tamaño 14,8×21 cm, tapa blanda con solapas.
 Precio:
9,95 €

 

Strangers in Paradise é unha obra de Terry Moore. Concibida inicialmente como unha miniserie de tres números, xira a redor da relación entre Francine Peters, Katina Choovanski (“Katchoo”), e o seu amigo David Qin.

Personaxes principais:

Katina “Katchoo” Choovanski, é artista, ten un carácter temperamental, foi prostituta e a amante e axente de Darcy Parker. Katchoo ten sentimentos cara a súa amiga Francine e o seu único amigo home, David.

Francine Peters-Silver, é a mellor amiga de Katchoo e ten problemas cos seus sentimentos cara ela, en parte debido á súa educación metodista e, en parte, debido ao seu desexo dende nena de cumprir co rol de esposa e nai. Cando o seu matrimonio de “conto de fadas” con Brad Silver remata ao serlle este infiel, reconsiderará a súa relación con Katchoo.

David Qin, é o irmán menor de Darcy Parker e o herdeiro do sindicato do crime da familia Takahashi. Ten sentimentos cara Casey e Katchoo.

Personaxes secundarixs:

Casey Bullocks-Femur, é instrutora de aerobic. Casou con Freddie Femur pero divorciouse del cando descubriu que el aínda estaba namorado de Francine. Desde o divorcio tivo relacións tanto con Katchoo como con David.

Freddie Femur, é o ex-mozo de Francine e o ex-marido de Casey.

Darcy Parker, é unha xefa do crime que manexa o “Big Six”, un grupo de mulleres especialistas en sedución e espionaxe.

Mary Beth “Tambi” Baker, traballa para Darcy Parker xunto coa súa irmá xemelga Sara Beth “Bambi”. É especialista en asasinato, negocios e estratexia. Ela e Sara son as medio-irmás maiores de Katchoo.

Griffin Silver, é unha antiga estrela de rock admirada por Katchoo na súa xuventude. É o irmán de Brad Silver.

Brad Silver, é xinecólogo e o ex-marido de Francine.

Molly Lane, foi a moza do irmán de Francine, Benjamin, no instituto. É a protagonista de “Molly and Poo”, unha trama secundaria dentro de Strangers in Paradise.

 A serie é unha homenaxe a un tío seu que morreu de SIDA. Terry Moore foi expulsado da igrexa á que pertencía por crear este tipo de historias, mais el síntese moi orgulloso do seu traballo e di sentirse como un “gai honorario”.

No Estado español Strangers in Paradise comenzou a ser publicada pola editorial asturiana Dude Comics, pero tras multitude de retrasos e con só dezaseis números publicados, cancelouse debido a que tiñan que “renegociar” os dereitos da serie e finalmente foi publicada por Norma Editorial en sete tomos, dende 2006 a 2008.

Strangers in Paradise recibiu varios premios:

  • Premio Eisner 1996, Estados Unidos, mellor historia “serializada” por “I dream of you”.[
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2002, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2006, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2005, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Premio National Cartoonists Society, 2003, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio GLAAD Media Awards, 2001, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio GLAAD Media Awards, 2008, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio Inkpot 2003, Estados Unidos, logros realizados en artes gráficas.

En novembro de 2004, Hero Video Productions produciu un documental sobre Terry Moore e Strangers in Paradise denominado “Paradise Found” de cinto vinte minutos de duración. Comeza cunha biografía do autor para despois pasar a falar da serie. Nel faise referencia ás localizacións reais da historia, cancións, proceso de creación dos debuxos etc. O documental gañou o premio de bronce Telly Award en 2005 á “excelencia artística”.

Rematada a serie, Terry Moore fichou por Marvel en 2007. O seu primeiro encargo foi en Spiderman Loves Mary Jane, substituíndo a Sean McKeever. Posteriormente interveu en Runaways.

En 2008, comezou unha nova serie, Echo, da que ao mellor falaremos noutra ocasión.

Blog do autor: http://www.terrymooreart.com/

Web: http://www.strangersinparadise.com/

 

 

 

Emma Casal Giráldez

Ross Campbell, o autor desta serie de cinco cómics (ata o de agora), foi nominado ao recoñecemento especial dos Premios Eisner 2007. O seu primeiro traballo publicado foi para os libros de rol Exalted, para quen segue facendo ilustracións. O seu debut nos cómics foi facendo os “flashbacks” en Too Much Hopeless Savages e despois ilustrou Spooked (escrito por Antony Johnston). A obra que seguiu a Wet Moon foi The Abandoned.

A protagonista principal de Wet Moon é Cleo, unha rapaza que é, sobre todo, insegura… Como soe dicirse: angustia adolescente en estado puro…

A serie de cómics comeza con dúbidas sobre a orientación sexual que se van despexando a medida que avanzan os números. En relación con isto podemos dicir que a homosexualidade trátase con naturalidade.

Ademais, Wet Moon está cheo de referencias a música[1], a literatura[2], a filmes e series[3], a videoxogos[4] e a outros cómics[5].

Web de Ross Campbell: http://www.greenoblivion.com/
A súa galería en devianART: http://mooncalfe.deviantart.com/

[1] Marilyn Manson, Slipknot, Tool, Danzig, Tragic Black, coptic raiN, Graveworm, Cradle of Filth, Bella Morte, Cadaveria, Avenged Sevenfold, TSOL, Specimen, Cannibal Corpse, Mayhem, Misfits, Nightwish, NIN, The Specials, Dimmu Borgir, My Dying Bride, They Might Be Giants, Bella Morte, Thismeansyou, Hocico, Combichrist, David Bowie, DyNAbyte, Kittie, Lauren Hoffman, The Protomen, L7, Bikini Kill, Otep, CocoRosie, The 69 Eyes, In Flames, My Chemical Romance, Nick Cave, Tom Waits, HIM, Synthetic Division, The Cure, Pet Shop Boys, Paramore, Flatlinerz, Skunk Anansie, Azure Ray, India Arie, Ultravox, Kate Bush, The Order Of The Fly, Devo…

[2] “Frankenstein” e “El último hombre”, de Mary Shelley; “Portrait of the psycopath as a young women”, de Edward Lee e Elizabeth Steffen, Harry Potter…

[3] Ginger Snaps, Evil Dead, Goonies, Godzilla, Batman Beyond, The Crow, Mad Max, Darkman, El Padrino, Star Trek, Tarón y el caldero mágico, Indiana Jones, She-Ra: Princess of Power, From Beyond, Hellraiser, Bruiser, Gremlins, King Kong, Night of the Living Dead…

[4] Superman, Underwolrd, Lemmings, Street Fighter, Darkstalkers, Halo, Spiderman, Teen Titans…

[5] Hulk, Swamp Thing, Fantastic Four, X-Men, Scott Pilgrim, Sleepwalker, East Coast Rising, Spawn…

 

Emma Casal Giráldez

Coco Riot é unx artista visual, nacidx en Murcia e residente en Montreal. En “Llueven Queers”, libro auto-publicado, recompila cómics, ilustracións e textos que, dende o 2004, foron aparecendo en diferentes fanzines, principalmente en “Il Pleut des Gouines / It’s Raining Dykes“.
Trátanse neste cómic cuestións como a representación social do xénero, a experiencia de ir ao baño cando se é unha persoa gender-queer, trans e/ou butch, as discusións sobre as relacións abertas etc. e cuestiónase a maneira na que vivimos e creamos xerarquías (de xénero, de identidade sexual, de desexo, de raza, de clase de idade, de nacionalidade…).

Ao comezo do libro aparece unha entrevista feita a Coco por unha amiga súa (Eva H.) na que fala sobre o libro e sobre o que significa para Coco ser queer, entre outros temas. A entrevista pode lerse aquí.
“Llueven Queers” é un libro altamente recomendable!!!

Coco Riot estivo presentando o cómic por Galiza en decembro de 2010. Aquí deixamos un audio da súa presentación na Cova dos Ratos de Vigo, a cargo do grupo Somos de_Generando

Web de Llueven Queers: http://lluevenqueers.blogspot.com/
Facebook: https://www.facebook.com/people/Llueven-Queers/100001253370723

Emma Casal Giráldez

Julie Maroh naceu no norte de Francia. Asina o seu primeiro álbum despois de rematar as clases no Instituto Saint-Luc en Bruselas, onde reside hoxe en día. A comunidade belga apoia o seu traballo no cómic, ou como ilustradora, recompensándoa cunha bolsa, unha exposición e un premio polos seus primeiros pasos de autora. Despois da autoedición de tres recompilacións de relatos intimistas, aborda nesta obra unha historia sobre a homosexualidade feminina e a súa aceptación na sociedade actual.

Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que se sinte a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e lle sorrí, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación coas súas novas amizades, o seu sitio na familia, as súas prioridades… e sobre todo a súa sexualidade. É difícil saber que aspecto ten o amor.

Estamos diante dunha obra que describe con moita delicadeza o cotián dunha muller nova mediante aa lectura dos seus diarios. A ilustración de Julie Maroh permite identificarse coas súas protagonistas sen apenas darnos conta. O trazo da autora propón unhas perspectivas, unhas posturas tan inesperadas como a vida mesma. Clementine e Emma intentan amarse a pesar das dificultades que supón a visión da homosexualidade por parte da sociedade actual e os propios prexuízos de Clementine. Mais descubrimos unha historia de amor que, a pesar de ser tráxica, podería ser a de calquera, e sen diluír a súa intensidade nunha profusión de reivindicacións sociais. Aprender, crecer, amar. Iso é o que nos ensina este emotivo e absorbente slice-of-life, adentrándonos no máis persoal e o máis intimo de dúas mozas valentes.

El azul es un color cálido recibiu o Premio outorgado polo Público no Festival de Angoulême, en 2001, así como o Premio Autor Novel no Salón de Cómic e das Artes gráficas de Roubaix (Francia) e o Premio do Consello Rexional do Festival de Blois (Francia), polo seu contido cidadán no ano 2010.

Emma Casal Giráldez

Poderíamos dicir que Unas bollos de cuidado de Alison Bechdel, publicado por primeira vez en 1983, é un clásico. A autora ten sido a cronista por antonomasia da historia do lesbianismo en Norteamérica ao longo das últimas décadas.


Recollemos parte do que nos parece unha boa reseña sobre este libro publicada aquí:

Hai que destacar que (…) non é o feminismo, nin a tendencia sobre a sexualidade homosexual dalgunhas das protagonistas, o que máis marca a historia, nin moito menos. (…) hai que destacar que se trata dunha lectura sempre divertida e amena, coma se dunha comedia de situación se tratase, mais sobre todo trata sobre a humanidade que envolve ás persoas, esa necesidade por sentirse ben con unha mesma ou con un mesmo e co contorno que nos rodea. E aínda que o aborda desde un aspecto moi crítico cara a sociedade (…) non é menos certo que son historias que tratan temas que moitos e moitas de nós abordamos en moitos momentos das nosas vidas, onde nos indignamos ante todo e, no mellor dos casos, facemos algo ao respecto e, no peor, as maiores veces, non facemos nada e só conseguimos sentirnos mal (…).

En palabras da autora: “Sempre me mantiven inflexible na miña crenza de que as miñas historias de lesbianas son historias humanas que abordan cuestións xerais. O racismo, o sexismo, o militarismo, o clasismo, o imperialismo e a homofobia están á orde do día. Agora sei que non é preciso ser lesbiana para querer facer algo ao respecto. Só tes que ser humana. Ou como pouco, un xeito de vida singular.”

 

 

Emma Casal Giráldez

Kate Kane, o alter ego de Batwoman, apareceu por primeira vez como personaxe de cómic nas páxinas de Detective Cómics, no ano 1956.  Para desmentir a suposta homosexualidade de Batman, insinuouse entre eles un romance. Morre en 1979, vítima dun atentado. A súa resurrección coincide coa suposta morte de Batman e, nesta nova época, Batwoman é lesbiana.

Planeta de Agostini publicou un tomo en tapa dura titulado “Batwoman” que recompila tres historias desta nova superheroína de Gotham City. Na primeira, Elegía, aparece La Biblia del Crimen. Elegía, é a excusa para poñer en funcionamento a personaxe, así como para crearlle a súa primeira inimiga: Alicia, nova señora e raíña de quenes seguen as pasaxes da mencionada biblia. Na segunda, Rucka, vemos a orixe da personaxe. Por último, en Cuchilla, as dotes detectivescas de Batwoman póñense a proba.

 

Emma Casal Giráldez

Salidas de Emergencia reflexa, en clave de humor, a vida dun grupo de lesbianas partindo da normalización, rompendo estereotipos e mostrando unha fiestra a un mundo moi discriminado. Non ten ningunha intención combativa e mostra este universo en clave de humor. Ademais, dáse unha situación socio-política e mediática que favorece todo isto: legalización dos matrimonios entre homosexuais, a Lei de identidade de xénero, o estreo da serie americana «Lword», e a repercusión que estes cambios tiveron nos medios e que favoreceron a normalización e a visibilidade.

A publicación dunhas tiras cómicas desta temática supón unha axuda en prol da visibilidade das lesbianas. O mundo gai si se deu a coñecer, si se mostra nos medios, existen filmes, series e un gran mercado editorial. Sen embargo, no caso das lesbianas vaise aínda a medio gas.

As cinco personaxes principais, Leo, Paula, Guille, Luna e Troni comparten ademais de amizade, unha mesma orientación sexual e un contorno social e espacio-temporal no que se irán desenvolvendo as historias. As personaxes nada teñen que ver unhas coas outras, cada unha ten a súa personalidade, as súas filias, as súas fobias etc. e esa variedade aporta unha gama máis ampla de matices.

LEO:

Nena pija, consentida e caprichosa sen unha idea clara de que quere ser. É frívola, promiscua e amante das sustancias ilegais. Moi urbanita, antinatureza, antivexetariana e anti calquera tipo de estereotipo lésbico, sendo ela un estereotipo en si mesma. Ten gran éxito entre as mulleres. Gústalle “o moderno”, as novas tendencias, saír de noite, as drogas, o alcohol, durmir moito, traballar pouco, a comida conxelada e ter cartos para gastar. Non lle gustan os gatos, as relacións serias e os compromisos, seu pai e súa nai e todo aquilo que non sexa cool. As principais tramas que protagoniza son en relación ás súas amantes, ex-amantes…

PAULA:

De carácter intelectualoide, snob e cultureta. Politicamente correcta. Gústalle a nouvelle vague, o neorrealismo italiano, o cine dogma, @s teóric@s postmodern@s, o cine sueco con subtítulos, a arte, a comida xaponesa, o jazz, a ópera e deixar entrever de vez en cando o seu carácter de crápula que rompe con todo iso. As súas expectativas para o futuro son acadar ser profesora da facultade, conseguir conquistar á súa directora de tese e cos anos construír un feliz fogar bollo. As principais tramas que protagoniza son en relación aos problemas de convivencia co seu irmán e a súa curmá Troni, o seu carácter snob que lle fai ser moi selectiva nas súas conquistas, o seu namoramento dunha muller maior…

GUILLE:

A máis nova do grupo. Non ten a personalidade moi marcada, é insegura, indecisa e influenciable. Aínda non saíu do armario na súa casa. Gústanlle todas as tías sen distinción de idade, etnia, estilo… As súas expectativas de futuro non están claras, pero a farmacia é algo seguro. As principais tramas que protagoniza son en relación á saída do armario, a autoafirmación como lesbiana, problemas de convivencia co seu pai e súa nai,  …

LUNA:

A mística do grupo, de carácter intelectual e amante de todo tipo de terapias alternativas. Moi amiga das súas amigas, sempre disposta a botar un cable e comprometida con calquera causa xusta. Traballa na casa realizando reikis, masaxes, aromaterapia, grupos de ioga… Gústalle o biolóxico, os animais, especialmente os gatos, as terapias alternativas, a relixión budista, a cor lila, a música folk, os incensos e todo o hindú en xeral. As súas expectativas de futuro baséanse na espiritualidade. As principais tramas que protagoniza son en relación ás súas crenzas místicas e as contradicións que xeran no seu contorno, o comezo dunha relación seria e os conflitos que iso supón…

TRONI:

É inocente e boa persoa. Chegada dun pobo pequeno instálase temporalmente en casa da súa curmá Paula. Fascínalle a vida na cidade. Non ten unha profesión estable. Gústalle a música techno, os tecidos sintéticos, os «zapatroncos», as motos, os filmes de acción, as tías do calendario Pirelli… As principais tramas que protagoniza son en relación aos seus problemas de adaptación na cidade, a convivencia coa súa curmá e as notables diferenzas entre ambas, a busca dun traballo apropiado…

Rosa Navarro é ilustradora. O seu currículo artístico atópase engrosado por traballos para as editoriais McGrawHill ou Santillana, entre outras publicacións. Ademais realizou exposicións en diversas salas de Barcelona, tanto individuais como colectivas. Pódese ver una mostra dos seus traballos en: www.capuccinocommotion.com
Gema Arquero é guionista. De formación tan variada como documentalista e economista, leva vinculada ao mundo gráfico e internet desde fai 10 anos, e desenvolveu a súa carreira en diversos temas relacionados coa comunicación audiovisual, a realización de pezas publicitarias e documentais ou o desenvolvemento de páxinas web. Traballou en diversos estudos e axencias de publicidade, e é socia fundadora de Matilda, agencia interactiva en Barcelona.

* Texto recortado do elaborado por “Noe”, que se pode consultar na web Salidas de Emergencia

Facebook do cómic: Salidas de Emergencia

Entrevista ás autoras na televisión pública de Barcelona:

 

Emma Casal Giráldez