Peaches. A raiña do Glam Shock

Publicado: Febreiro 1, 2012 en identidade(s), música, orientación sexual

Peaches  é unha cantante e compositora de música electrónica e performance lesbiana que reside en Berlín.

Merrill Beth Nisker, coñecida como Peaches, naceu o 11 de novembro de 1966 en  Toronto, Ontario (Canadá). Foi a unha escola privada xudía na que recibía a metade das clases en inglés e a outra metade en hebreo. Nisker era unha das graciosas da clase, “non era especialmente lista. Eu estaba interesada nas cousas creativas pero era moi dificil para min poder desenvolverme porque todo era moi ríxido e estruturado”.

Antes de converterse en Peaches, Nisker foi mestra de música e teatro nunha escola de primaria,  a Escola Hebrea Asociada de Toronto.

As súas letras caracterízanse por non respectar as normas de xénero e polos contidos sexualmente explícitos. Toca os instrumentos musicais para os seus temas, fai as programacións e graba e produce os seus álbumes.

Sacou o seu primeiro álbum “Fancypants Hoodlum“, co nome de Merrill Nisker en 1995 e posteriormente desenvolveu o seu estilo que lle daría sona internacional como Peaches.

As súas cancións forman parte de filmes como Chicas malas,Waiting…, Jackass 2 , La cámara secreta, e Lost in Translation. (aínda que non aparece na súa banda sonora); e tamén se pode escoitar en series e programas de televisión como “The L Word” ‘de Showtime, Ugly Betty, no episodio ‘Butters’ Bottom Bitch’ de South Park , ou na promo de Dirt. Peaches tamén participou en discos de PinkChicks on Speed ou Christina Aguilera entre outras colaboracións.  Entre os seus últimos proxectos está porlle voz a un EP que leva por título ” The Gomma All Stars: Casablanca Reworks“, no que  Telonius, The Phenomenal Handclap Band, Moullinex e Munk remisturan catro clásicos da música disco do selo alemán Casablanca Records.

O seu cuarto e polo momento último álbum, “I Feel Cream”, saiu á venda o 4 de maio de 2009 en Europa. O primeiro single deste proxecto é unha dobre cara A de “Talk to me” e “More“. Nel, Peaches incluíu a outrxs artistas como  Simian Mobile Disco, Soulwax, Digitalism e Shapemod e  co-produxo un par de temas do disco. Nel tamén participou o seu vello amigo e colaborador Gonzales co-escribindo algúns das cancións.

No ano 2010 levou a cabo unha transgresora adaptación do musical Jesus Christ Superstar (Peaches Christ Superstar) no que ela interpretaba a todas as personaxes.

Tamén realiza xiras como DJ

Peaches faise notar polo seu vestuario no escenario e o seu estilo exuberante. A moda e o estilo de Peaches son a miúdo nostálxico e futurista, agresivo e glamuroso e a maioría das veces rebasando a liña da identidade sexual. Peaches e a súa banda Sweet Machine utilizan vestuarios de distintxs deseñadorxs pero normalmente traballa en conxunto con Vaughan AlexanderCharlie Le MinduJohn Renaud.

A identidade sexual é un dos temas da música de Peaches, onde xeralmente xoga coas nocións tradicionais da representación dos roles de xénero. Nos seus textos e nos seus espectáculos en directo borra a distinción entre home e muller. Un exemplo foi a portada do seu álbum “Fatherfucker”  no que aparecía retratada con barba.

Cando se lle acusa de ter “envidia de pene” ela responde que prefire falar de “envidia hermafrodita” xa que “hai moito de masculino e fminino dentro de nós”.

Discografía

  • Fancypants Hoodlum (1995, as Merrill Nisker)
  • The Teaches of Peaches (2000)
  • Fatherfucker (2003)
  • Impeach My Bush (2006)
  • I Feel Cream (2009)

WEB

 

 

Mar F. Cendón

Deixar un comentario