Na primavera de 1979, Jett foise a Inglaterra, onde comezou a súa carreira en solitario. Alí gravou tres temas con Paul Cook e Steve Jones, ambos membros de The Sex Pistols. Un deses temas foi  unha primeira versión do que posteriormente sería o seu exitoso “I Love Rock and Roll”, orixinalmente escrito e presentado por The Arrows.

De volta en Los Angeles, comezou a rodar un filme baseado en The Runaways, We´re All Crazee Now!, que nunca foi editado. Mais, durante a realización do proxecto, Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna, co que gravou o seu álbum de debut en solitario, co título Joan Jett primeiro e, Bad Reputation, posteriormente. O disco foi editado en Europa. Nos Estados Unidos, a cousa foi diferente. Ata 23 grandes selos rexeitaron sacar o álbum e Jett e Laguna editárono de xeito independente no seu propio selo: Blackheart Records. Así, Joan Jett pasou a converterse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.

Coa axuda de Laguna, a comezos da década dos 80, Joan Jett creou a banda Joan and The Blackhearts, formada por Ricky Byrd, Lee Crystal, Gary Ryan e Eric Ambel. En 1981 sacaron o seu primeiro álbum: I Love Rock ‘n’ Roll.

En 1983, Joan and The Blackhearts, sacaron o seu segundo álbum: Album.

A este seguíronlle Glorious Results of a Misspent Youth, en 1984;

Good Music, en 1986;

Up Your Alley, en 1988;

Notorious, en 1991;

Pure and Simple, en 1994;

e Sinner, en 2006.

Web de Joan Jett: http://www.joanjett.com/
MySpace de Joan Jett: http://www.myspace.com/joanjettntheblackhearts
Fan Club de Joan Jett: http://www.joanjettbadrep.com/
Facebook de Joan Jett: https://www.facebook.com/joanjettandtheblackhearts
Twitter de Joan Jett: https://twitter.com/joanjett

 

Emma Casal Giráldez

Joan Marie Larkin naceu o 22 de setembro de 1958 nun suburbio de Filadelfia, Pensilvania, no seo dunha familia de clase media. Seu pai, Jason Larkin, traballaba nunha empresa e, súa nai, Elizabeth, era dependenta nunha tenda de roupa.
Foi aos seis anos cando viu por primeira vez á banda que marcaría a súa vida para sempre: The Rolling Stones. Dende ese día, Joan sentiu paixón polo rock and roll e polo heavy metal e decidiu que sería famosa e todo o mundo coñecería a súa música.
En 1967 mudouse coa súa familia a Wheaton, Maryland, onde asistiu á escola secundaria. Nesa época seu pai e súa nai decidiron separarse e ela cambiou o seu apelido polo de Jett.
Súa nai decidiu volver a mudarse, nesta ocasión a Los Angeles, California. Alí foi onde Joan coñeceu ao produtor musical Kim Fowley, en 1975. Veuno na porta dun local e non dubidou en contarlle a súa idea de formar un grupo de rock composto só por mulleres. Fowley presentoulle a Sandy West e propúxolles que compuxeran algo bo. Así o fixeron. Presentáronlle a Kim o seu traballo e este completou a banda con Lita Ford, Cherie Currie e Micki Steele, quen sería substituída despois por Jackie Fox. Así naceu The Runaways.

Nos seus inicios tocaban en pequenos garitos, onde non as tomaban en serio, tanto por ser adolescentes, como por ser mulleres, mais co tempo as compoñentes da banda revelaron un alto dominio dos seus instrumentos e pronto a industria comezou a telas en conta. O seu éxito máis coñecido foi “Cherry Bomb”, en 1976, que sería versioneado por multitude de bandas -entre elas, Bratmobile e Shonen Knife-, ademais de aparecer na banda sonora dalgúns filmes -“Dawn”, “Portrait of a Teenage Runaway”, “¡Vaya vacaciones!” e “Dazed and Confused”-.

The Runaways conseguiron firmar con Mercury Records en 1976, publicando o seu disco, The Runaways, pouco despois. Actuaron teloneando a Cheap Trick, Tom Petty and The Heartbreakers, The Ramones e Van Halen.

O seu segundo álbum, Queens of Noise, publicouse un ano despois e a banda embarcouse nunha xira mundial. No verán de 1977, a banda chegou a Xapón, converténdose no terceiro produto musical importado de máis éxito no país nipón, só aventaxada por Led Zeppelin e Kiss.

Tra-la xira en Xapón, a banda sufriu cambios na súa formación. Jackie Fox e Cherie Currie fóronse e reclutaron a Vicki Blue. A finais de 1977 gravaron o seu terceiro álbum, Waitin´ for the Night, no que Joan Jett, ademais de tocar a guitarra, pasou a ser a cantante principal.

En 1978, debido a desacordos monetarios e relativos ao “management” da banda, The Runaways desfixéronse de Kim Fowley, ademais de abandonar a que ata entón fora a súa discográfica, Mercury/Polygram.
En 1979 publicaron o seu seguinte álbum, And Now… The Runaways -este album non saiu nos Estados Unidos ata 1981, cunha portada diferente e baixo o título de “Little Lost Girls”-, co produtor de Thin Lizzy, John Alcock Durante a gravación do álbum, Vicki Blue deixou a banda, sendo substituída por Laurie McAllister. Houbo desacordos respecto do estilo de música que querían facer, sobre todo entre Joan Jett e Lita Ford. Jett quería facer un cambio cara o glam rock, mentres que Ford, apoiada por Sandy West, quería continuar co hard rock e o heavy metal. Isto provocou a disolución da banda en 1979.

En 2010, Floria Sigismondi, dirixiu un filme sobre a banda, “The Runaways”, baseado no libro de Cherrie Currie “Neon Angel” e centrado, principalmente, nas figuras de Joan Jett e Cherrie Currie. O filme descóbrenos a bisexualidade de Joan Jett.

Web de The Runaways: therunaways.com
Facebook de The Runaways: https://www.facebook.com/therunaways
MySpace de The Runaways: http://www.myspace.com/therunawaysmusic
Twitter de The Runaways: https://twitter.com/TheRunaways

 

Emma Casal Giráldez

LA CLASE

Publicado: Xaneiro 10, 2012 en identidade(s), inmigración, películas, recursos

Entre les murs (coñecida no Estado español como La clase e en Arxentina como Entre los muros) é un filme francés de 2008, dirixido por Laurent Cantet e baseado na novela do mesmo nome, escrita por François Bégaudeau. É a quinta longametraxe de Cantet e estreouse o 24 de maio de 2008 no Festival de Cannes, gañando a Palma de Oro.

A novela e o filme son unha narración parcialmente autobiográfica das experiencias de Bégaudeau como profesor de literatura nun instituto multirracial da periferia de París. O filme é tratado cunha vocación documentalista, onde o autor da novela, François Bégaudeau, interprétase a si mesmo no seu papel de profesor.[]

Cantet adapta un libro do profesor Francis Bégaudeau, que interpreta ao seu propio personaxe, no que conta a súa experiencia ao longo dun ano nun instituto da periferia de París, habitado pola multirracialidade, polos fillos da inmigración ou por nativos de clase baixa lumpen, por alumnado negro que exerce o racismo co magrebí e viceversa, por xente con receo ou desidia ante a autoridade que encarna ese tenaz profesor que se propuxo ensinar a materia de lingua ao seu imposto, indiferente ou agresivo alumnado. Non o ameazan con pistolas mais os estalidos de violencia entre eles ou contra el poden ser moi fortes, teñen seus días mellores e peores, hai listxs, “normais”, tontxs, retorcidxs, limpxs, traumadxs, osadxs, dóciles. Hai de todo, como na vida, pero as posibilidades de que o verdadeiro profesional da ensinanza sinta que acadou os froitos que se propuña e que o alumnado asuma que estar entre as paredes é gratificante ou decisivo para o seu futuro, pertencen ao reino da utopía.

Cantet narra esta historia sen solución e claustrofóbica con espírito documentalista, plasmando a autenticidade de personaxes e situacións, facendo que alumnado e profesorado interprétense a si mesmos, fuxindo do efectismo, o discurso e a moralina. E faino admirablemente, conseguindo que o/a espectador/a síntase incómodo/a, testemuña dalgo que parécese excesivamente á vida cotiá.

http://www.elpais.com/articulo/cine/real/inquietante/elpepuculcin/20090116elpepicin_2/Tes

 

 

A autora

Coral Herrera Gómez (Madrid, 1977) é doutora en Humanidades e Comunicación Ausiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid, experta en Teoría do Xénero (feminismos, masculinidades, queer). Escritora e blogger, traballa como community manager, principalmente no eido do desenvolvemento de contidos web e creación e mantemento de redes sociais. Actualmente traballa en UNESCO Centroamérica e como lectora na Universidade da Soborna París IV.

Ademais imparte conferencias e obradoiros sobre o amor romántico e a dependencia emocional feminina, o romanticismo patriarcal, os homes e o amor.

O seu traballo desenvolvese no ámbito da cultrua e a comunicación, as redes feministas, os estudos de masculinidades e a loita LGBT desde unha perspectiva queer.

Obras

  • La construcción sociocultural del amor romántico Madrid: Editorial Fundamentos, 2011

Máis info sobre a autora AQUÍ

O libro

Más allá de las etiquetas. Feminismos, masculinidades y queer. Pamplona: Txalaparta, 2011

Os distintos movementos de liberación-feminista, homo, lesbo, trans ou queer-ensinounos o camiño cara unha igualdade alonxada das clasificacións conservadoras e universais. En lugar de buscar novas formas de clasificación, facendo un percorrido histórico a través das distintas formas de definir os xéneros-mulleres, homes, trans etc-, este libro convidanos a analizar os mitos implantados polo patriarcado, rachar con todos estes roles impostos pola sociedade, deconstruír os estereotipos, tomar conciencia da riqueza das nosas diferenzas, intercambiar papeis, rebasar os límites, expresar libremente o desexo, incluír a tenrura na aventura ocasional e atrevernos a expresar emocións. En definitiva, a aprender a vivir máis alá das etiquetas.

Dispoñible AQUÍ

Todas as persoas (homes e mulleres) somos un produto da sociedade na que habitamos. A través da cultura, a educación e a socialización aprendemos a ser homes ou a ser mulleres; os nosos xestos, a nosa forma de falar e movernos, o noso xeito de estar no mundo e entendelo, a nosa sexualidade, a profesión que eleximos, o noso uso do tempo libre, as nosas crenzas e emocións, están determinadas por estos condicionamentos de xénero.
O que sucede é que parecen invisibles porque están asumidos como naturais!
Nesta obra a autora trata de pór en cuestión o concepto do “normal”, e analizar os estereotipos e mitos que, pese a ser creacións culturais, presentan a desigualdade entre as persoas como algo natural, é dicir, predeterminado pola bioloxía.
Na nosa cultura o patriarcado, que é a ideoloxía hexemónica, obriga as persoas a construír a súa identidade ceñíndose exclusivamente e para sempre a unha destas categorías, home ou muller. Case todas e todos nós crecimos baixo uns imperativos moi ríxidos sobre o que debe ser un home e o que debe ser unha muller.

Isto influíu nas relacións sociais, afectivas e sexuais que temos entre nós, e incidiu de xeito moi dañino nos nosos sentimentos, determinados en gran medida polas normas, tabúes, etiquetas e obrigas de xénero nunha sociedade dominada pola heterosexualidade e a bipolaridade.

O obxectivo deste libro á hora de analizar as construcións socioculturais de xénero é achegar a teoría á rúa, onde a realidade segue a estar moi polarizada.

Podedes ler unha reseña deste libro AQUÍ

 

Martina Navratilova naceu o 18 de outubro de 1956 en Praga (República Checa). Cando tiña catro anos seu pai e súa nai divorciáronse e ela trasladouse con esta última e a súa aboa de Praga a Revnice.

Seu padrasto foi quen lle regalou a súa primeira raqueta. Participou no seu primeiro torneo con 8 anos e, con 14, gañou o primeiro torneo nacional. En 1972, con 16 anos, proclamouse campioa do que nese momento aínda era Checoslovaquia e, un ano despois, gañou o Torneo de Wimbledon na categoría junior. Pasou entón a ser xogadora profesional e chegou aos cuartos de final do seu primeiro Gram Slam.

En 1975 foise a vivir aos Estados Unidos. Nacionalizouse para poder competir alí e conquistou varios títulos de dobres formando parella coa tenista Chris Evert. A partir de 1978 converteuse na mellor xogadora do circuíto, gañando por dous anos consecutivos Wimbledon na categoría individual e liderando a Women Tennis Association (WTA). Entre os seus logros atópanse ter gañado nove veces Wimbledon (1978, 1979, de 1982 a 1987 e 1990), catro o Aberto de Estados Unidos (1983, 1984, 1986 e 1897), dous o Roland Garros (1982 e 1984) e tres o Aberto de Australia (1981, 1983 e 1985). En dobres obtivo tamén un grande número de vitorias.

Cando contaba no seu palmarés co récord de vitorias do Grand Slam feminino, con dezaoito e un total de 163 títulos ao longo da súa carreira, retirouse das canchas en 1994, tras ser derrotada por Conchita Martínez na final de Wimbledon. Nese mesmo ano foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de los Deportes.

Na súa autobiografía Being Myself di que se sentiu atraída romanticamente tanto por profesores como por profesoras e que, máis adiante, sentiuse atraída fortemente por outras compañeiras tenistas, mais non se deu conta de que esa atracción tiña unha dimensión sexual ata os 18 anos, cando tivo a súa primeira relación lésbica.

Navratilova sinalou que temía que a súa orientación sexual prexudicase a súa solicitude para acadar a nacionalidade norteamericana porque en Checoslovaquia “os gais eran enviados a asilos para enfermos mentais e as lesbianas nunca saían do armario”. En 1981, unha vez recibida a nacionalidade, revelou publicamente a súa orientación sexual, pasando a ser a primeira tenista lesbiana abertamente recoñecida.

Algunhas das súas parellas foron Judy Nelson e Rita Mae Brown (escritora e comprometida activista feminista a favor dos dereitos LGTB).

Judy Nelson con Martina Navratilova en Eastbourne

Rita Mae Brown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martina Navratilova participa en varias asociacións benéficas que promoven os dereitos das persoas homosexuais, os dereitos das crianzas sen recursos e os dereitos dos animais. En 2002 recibiu un premio da asociación Human Rights Campaign.

 

Emma Casal Giráldez

Modelos de familia

Publicado: Decembro 29, 2011 en identidade(s), libros, recursos
 
Nunha época na que unha alta porcentaxe de familias difire do modelo tradicional conformado por dous pais heterosexuais, este libro aborda os distintos tipos de estrutura familiar que coexisten na actualidade e a súa influencia no desenvolvemento psicolóxico dos nenos desmitificando, con datos científicos, a idea de que toda estrutura diferente á “normal” será prexudicial para nenos e nenas.
O libro responde unha pregunta fundamental: Que aspectos da vida familiar afectan realmente a un desenvolvemento psicolóxico saudable?
Na primeira parte, a autora pregúntase pola necesidade de ter dous pais, se é necesaria a presenza do pai, que os pais sexan os pais biolóxicos do seu fillo ou que sexan heterosexuais. Na segunda parte, explora os procesos psicolóxicos que subxacen ao desenvolvemento óptimo dos nenos, en particular a calidade da relación do neno cos pais, con outros membros da familia e co mundo social máis amplo. Contrariamente ao que se adoita supor, Susan Golombok conclúe que a estrutura familiar é menos decisiva para o desenvolvemento psicolóxico dos nenos que as experiencias do día a día da vida familiar.
Dado o interese que esperta o tema, Modelos de familia. Que é o que de verdade conta? será de gran utilidade para pais e nais e todos aqueles que pensan en ser pais ou nais por vía non tradicional, ademais de lectura obrigatoria para mestres, investigadores e para os profesionais que traballan con familias e para as persoas implicadas no desenvolvemento de políticas familiares.
Parte I. Tipo de familia ? 1. Número de pais: un ou dous? ? 2. O pai: presente ou non? ? 3. Vínculos xenéticos: Congénitos ou non?. ? 4. A orientación sexual dos pais: heterosexuais ou homosexuais? ? 5. A calidade das relacións entre pais e fillos. ? 6. A calidade do matrimonio e o estado psicolóxico dos pais. ? 7. As características individuais dos nenos e o seu mundo social máis amplo. ? 8. Modelos de familia: que é o que de verdade conta?.

Nada do que eres escapa á túa sexualidade.

Produción sonora arxentina en copyleft sobre a diversidade sexual que amosa unha reflexión interna do exterior da nosa intimidade, realizado no ano 2007  por Juan Bianchini, Silvina Busos, Josefina Payro, Jimena Montoya e Ana Apontes (Colectivo Renoleta)

Mar F. Cendón

Esta película é a historia do amor entre dúas mozas adolescentes na sociedade iraniana e os problemas que trae consigo. Un amor clandestino nun país que as relacións homosexuais están sancionadas pola Lei. Maryam Keshavarz, a directora da película, naceu en Nova York pero sempre foi vivindo en dous partes, en Irán e en EE.UU. estudou literatura persa na Universidade de Shiraz, en Irán e despois especializouse en Estudos de xénero e a literatura en Northwestern University en EE.UU. Tamén adquiriu un máster en Estudos de Oriente medio por University of Michigan. É autora dalgunhas curtametraxes como “o día que morrín” co que gañou o premio Teddy de Festival de Berlín no ano 2006. “Circumstanc” é a súa primeira longametraxe. Polo seu tema a película non se podía rodar en Irán, por isto foi rodado en Líbano. Maryam Keshavarz elixiu actrices de orixe iraniana e na película só fálase en persa para que teña o maior contacto coa sociedade iraniana. Naturalmente esta película non se pode ver en Irán e foi estreado nos cines de EE.UU. A protagonista da película, Sara Kazemi, antes de rodar a película viaxou a Irán para despedir coa súa familia, as súas amizades e a súa terra porque sabía que logo de rodar esta película non vai poder entrar a Irán…
 
 

James Barry

Publicado: Decembro 22, 2011 en historia, identidade(s), travestismo

James Barry (9 de novembro de 1795 – 25 de xullo de 1865), foi un cirurxián do exército británico. Naceu en Belfast, en Irlanda do Norte.

Aínda que viviu a súa vida adulta coma un home, pénsase que se trataba dunha muller que se fixo pasar por home para poder ingresar na universidade e alcanzar o seu sono de converterse en cirurxián, pois naquel entón a medicina estaba vetada ás mulleres.

Os datos sobre as orixes de Barry son escasos e resulta difícil separar realidade de mito ou simple especulación. Sábese que cando morreu e o seu corpo se atopaba no cemiterio, unha enfermeira que revisara o seu cadaleito, dixo que o doutor James Barry era en realidade “unha femia perfecta”. Os altos mandos militares quedaron horrorizados e ocultaron durante máis dun século o seu expediente, ata que Michael Du Preez, urólogo retirado, publicou a súa historia no South African Medical Journal.

Na década de 1950, a historiadora Isobel Rae convenceu ao exército de que abrira os expedientes de Barry para poder reconstruír parcialmente a súa imaxe. Suxeriu que si fora unha muller, sobriña do artista James Barry[1], profesor de pintura na Real Academia de Londres, mais non tiña probas.

Cando Du Preez se retirou, decidiu buscar nos expedientes da familia Barry e concluíu o seguinte: o doutor James Barry naceu como Margaret Ann Bolkley, filla única de Jeremiah e Mary-Ann, irmá do mencionado James Barry. En 1803, cando o pai de Margaret entrou no cárcere por débedas e ela e súa nai quedaron desamparadas, pediron axuda ao seu tío. En febreiro de 1806, cando o artista morre, déixalles a elas parte dos seus cartos. Margaret estuda entón tres anos co doutor Edward Fryer na biblioteca do xeneral venezolano Francisco Miranda, ambos contertulios do seu tío.

Barry, James ~ Self Portrait, 1803, National Gallery of Ireland en Dublin

As escolas de medicina nese momento non aceptaban mulleres e parece ser que, nalgún intre, Fryer, Miranda, Daniel Reardon (o notario da familia), Margaret e súa nai decidiron inventar unha para ela unha nova identidade que lle permitise estudar medicina.

Margaret e súa nai viaxaron entón a Escocia, onde a súa familia era descoñecida e establecéronse como tía e sobriño. Así foi como puido inscribirse en 1809 na Universidade de Edimburgo.

O xeneral Miranda prometéralle a Margaret, agora James, un traballo ao rematar os estudos, pero non puido cumprir a súa promesa porque o meteron no cárcere no Estado español. Así foi como Barry rematou enrolándose no exército británico, co que percorrería os confíns do imperio.

A proba máis concluínte que atopou Du Preez foi unha carta formada por James Barry, enviada ao notario e datada en 1809, recén chegado a Edimburgo. Na parte externa da misiva, o notario anotou “Señorita Bulkley, 14 de decembro”.

Parece ser que Barry traballou en varios países de África, onde foi recoñecido oficialmente como a primeira persoa que realizou unha cesárea na que sobreviviron tanto a nai como a crianza, en 1826. Tamén foi homenaxeado polo Duque de Wellington, vencedor da Batalla de Waterloo, pola súa labor durante a epidemia de cólera que asolou Malta en 1846.

Promoveu varias reformas médicas e destacou nas investigacións que se facían para paliar a sífilis. Como profesional rematou sendo Inspector Xeral de Hospitais en Inglaterra.

O seu último destino foi Crimea, onde se contaxiou de febre amarela. Isto obrigouno a retirarse e regresar a Londres, onde morreu.

Emma Casal Giráldez

(Vídeo visto no facebook de Maribolheras Precárias)

 

Emma Casal Giráldez