Joan Jett (1ª Parte)

Publicado: Xaneiro 16, 2012 en bisexualidade, identidade(s), música, orientación sexual
Etiquetas:, , ,

Joan Marie Larkin naceu o 22 de setembro de 1958 nun suburbio de Filadelfia, Pensilvania, no seo dunha familia de clase media. Seu pai, Jason Larkin, traballaba nunha empresa e, súa nai, Elizabeth, era dependenta nunha tenda de roupa.
Foi aos seis anos cando viu por primeira vez á banda que marcaría a súa vida para sempre: The Rolling Stones. Dende ese día, Joan sentiu paixón polo rock and roll e polo heavy metal e decidiu que sería famosa e todo o mundo coñecería a súa música.
En 1967 mudouse coa súa familia a Wheaton, Maryland, onde asistiu á escola secundaria. Nesa época seu pai e súa nai decidiron separarse e ela cambiou o seu apelido polo de Jett.
Súa nai decidiu volver a mudarse, nesta ocasión a Los Angeles, California. Alí foi onde Joan coñeceu ao produtor musical Kim Fowley, en 1975. Veuno na porta dun local e non dubidou en contarlle a súa idea de formar un grupo de rock composto só por mulleres. Fowley presentoulle a Sandy West e propúxolles que compuxeran algo bo. Así o fixeron. Presentáronlle a Kim o seu traballo e este completou a banda con Lita Ford, Cherie Currie e Micki Steele, quen sería substituída despois por Jackie Fox. Así naceu The Runaways.

Nos seus inicios tocaban en pequenos garitos, onde non as tomaban en serio, tanto por ser adolescentes, como por ser mulleres, mais co tempo as compoñentes da banda revelaron un alto dominio dos seus instrumentos e pronto a industria comezou a telas en conta. O seu éxito máis coñecido foi “Cherry Bomb”, en 1976, que sería versioneado por multitude de bandas -entre elas, Bratmobile e Shonen Knife-, ademais de aparecer na banda sonora dalgúns filmes -“Dawn”, “Portrait of a Teenage Runaway”, “¡Vaya vacaciones!” e “Dazed and Confused”-.

The Runaways conseguiron firmar con Mercury Records en 1976, publicando o seu disco, The Runaways, pouco despois. Actuaron teloneando a Cheap Trick, Tom Petty and The Heartbreakers, The Ramones e Van Halen.

O seu segundo álbum, Queens of Noise, publicouse un ano despois e a banda embarcouse nunha xira mundial. No verán de 1977, a banda chegou a Xapón, converténdose no terceiro produto musical importado de máis éxito no país nipón, só aventaxada por Led Zeppelin e Kiss.

Tra-la xira en Xapón, a banda sufriu cambios na súa formación. Jackie Fox e Cherie Currie fóronse e reclutaron a Vicki Blue. A finais de 1977 gravaron o seu terceiro álbum, Waitin´ for the Night, no que Joan Jett, ademais de tocar a guitarra, pasou a ser a cantante principal.

En 1978, debido a desacordos monetarios e relativos ao “management” da banda, The Runaways desfixéronse de Kim Fowley, ademais de abandonar a que ata entón fora a súa discográfica, Mercury/Polygram.
En 1979 publicaron o seu seguinte álbum, And Now… The Runaways -este album non saiu nos Estados Unidos ata 1981, cunha portada diferente e baixo o título de “Little Lost Girls”-, co produtor de Thin Lizzy, John Alcock Durante a gravación do álbum, Vicki Blue deixou a banda, sendo substituída por Laurie McAllister. Houbo desacordos respecto do estilo de música que querían facer, sobre todo entre Joan Jett e Lita Ford. Jett quería facer un cambio cara o glam rock, mentres que Ford, apoiada por Sandy West, quería continuar co hard rock e o heavy metal. Isto provocou a disolución da banda en 1979.

En 2010, Floria Sigismondi, dirixiu un filme sobre a banda, “The Runaways”, baseado no libro de Cherrie Currie “Neon Angel” e centrado, principalmente, nas figuras de Joan Jett e Cherrie Currie. O filme descóbrenos a bisexualidade de Joan Jett.

Web de The Runaways: therunaways.com
Facebook de The Runaways: https://www.facebook.com/therunaways
MySpace de The Runaways: http://www.myspace.com/therunawaysmusic
Twitter de The Runaways: https://twitter.com/TheRunaways

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s