Más allá de las etiquetas. Feminismos, masculinidades y Queer

Publicado: Xaneiro 10, 2012 en identidade(s), libros, recursos, sexualidade(s)

 

A autora

Coral Herrera Gómez (Madrid, 1977) é doutora en Humanidades e Comunicación Ausiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid, experta en Teoría do Xénero (feminismos, masculinidades, queer). Escritora e blogger, traballa como community manager, principalmente no eido do desenvolvemento de contidos web e creación e mantemento de redes sociais. Actualmente traballa en UNESCO Centroamérica e como lectora na Universidade da Soborna París IV.

Ademais imparte conferencias e obradoiros sobre o amor romántico e a dependencia emocional feminina, o romanticismo patriarcal, os homes e o amor.

O seu traballo desenvolvese no ámbito da cultrua e a comunicación, as redes feministas, os estudos de masculinidades e a loita LGBT desde unha perspectiva queer.

Obras

  • La construcción sociocultural del amor romántico Madrid: Editorial Fundamentos, 2011

Máis info sobre a autora AQUÍ

O libro

Más allá de las etiquetas. Feminismos, masculinidades y queer. Pamplona: Txalaparta, 2011

Os distintos movementos de liberación-feminista, homo, lesbo, trans ou queer-ensinounos o camiño cara unha igualdade alonxada das clasificacións conservadoras e universais. En lugar de buscar novas formas de clasificación, facendo un percorrido histórico a través das distintas formas de definir os xéneros-mulleres, homes, trans etc-, este libro convidanos a analizar os mitos implantados polo patriarcado, rachar con todos estes roles impostos pola sociedade, deconstruír os estereotipos, tomar conciencia da riqueza das nosas diferenzas, intercambiar papeis, rebasar os límites, expresar libremente o desexo, incluír a tenrura na aventura ocasional e atrevernos a expresar emocións. En definitiva, a aprender a vivir máis alá das etiquetas.

Dispoñible AQUÍ

Todas as persoas (homes e mulleres) somos un produto da sociedade na que habitamos. A través da cultura, a educación e a socialización aprendemos a ser homes ou a ser mulleres; os nosos xestos, a nosa forma de falar e movernos, o noso xeito de estar no mundo e entendelo, a nosa sexualidade, a profesión que eleximos, o noso uso do tempo libre, as nosas crenzas e emocións, están determinadas por estos condicionamentos de xénero.
O que sucede é que parecen invisibles porque están asumidos como naturais!
Nesta obra a autora trata de pór en cuestión o concepto do “normal”, e analizar os estereotipos e mitos que, pese a ser creacións culturais, presentan a desigualdade entre as persoas como algo natural, é dicir, predeterminado pola bioloxía.
Na nosa cultura o patriarcado, que é a ideoloxía hexemónica, obriga as persoas a construír a súa identidade ceñíndose exclusivamente e para sempre a unha destas categorías, home ou muller. Case todas e todos nós crecimos baixo uns imperativos moi ríxidos sobre o que debe ser un home e o que debe ser unha muller.

Isto influíu nas relacións sociais, afectivas e sexuais que temos entre nós, e incidiu de xeito moi dañino nos nosos sentimentos, determinados en gran medida polas normas, tabúes, etiquetas e obrigas de xénero nunha sociedade dominada pola heterosexualidade e a bipolaridade.

O obxectivo deste libro á hora de analizar as construcións socioculturais de xénero é achegar a teoría á rúa, onde a realidade segue a estar moi polarizada.

Podedes ler unha reseña deste libro AQUÍ

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s