Martina Navratilova

Publicado: Xaneiro 4, 2012 en activismo, deportes, identidade(s), orientación sexual

Martina Navratilova naceu o 18 de outubro de 1956 en Praga (República Checa). Cando tiña catro anos seu pai e súa nai divorciáronse e ela trasladouse con esta última e a súa aboa de Praga a Revnice.

Seu padrasto foi quen lle regalou a súa primeira raqueta. Participou no seu primeiro torneo con 8 anos e, con 14, gañou o primeiro torneo nacional. En 1972, con 16 anos, proclamouse campioa do que nese momento aínda era Checoslovaquia e, un ano despois, gañou o Torneo de Wimbledon na categoría junior. Pasou entón a ser xogadora profesional e chegou aos cuartos de final do seu primeiro Gram Slam.

En 1975 foise a vivir aos Estados Unidos. Nacionalizouse para poder competir alí e conquistou varios títulos de dobres formando parella coa tenista Chris Evert. A partir de 1978 converteuse na mellor xogadora do circuíto, gañando por dous anos consecutivos Wimbledon na categoría individual e liderando a Women Tennis Association (WTA). Entre os seus logros atópanse ter gañado nove veces Wimbledon (1978, 1979, de 1982 a 1987 e 1990), catro o Aberto de Estados Unidos (1983, 1984, 1986 e 1897), dous o Roland Garros (1982 e 1984) e tres o Aberto de Australia (1981, 1983 e 1985). En dobres obtivo tamén un grande número de vitorias.

Cando contaba no seu palmarés co récord de vitorias do Grand Slam feminino, con dezaoito e un total de 163 títulos ao longo da súa carreira, retirouse das canchas en 1994, tras ser derrotada por Conchita Martínez na final de Wimbledon. Nese mesmo ano foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de los Deportes.

Na súa autobiografía Being Myself di que se sentiu atraída romanticamente tanto por profesores como por profesoras e que, máis adiante, sentiuse atraída fortemente por outras compañeiras tenistas, mais non se deu conta de que esa atracción tiña unha dimensión sexual ata os 18 anos, cando tivo a súa primeira relación lésbica.

Navratilova sinalou que temía que a súa orientación sexual prexudicase a súa solicitude para acadar a nacionalidade norteamericana porque en Checoslovaquia “os gais eran enviados a asilos para enfermos mentais e as lesbianas nunca saían do armario”. En 1981, unha vez recibida a nacionalidade, revelou publicamente a súa orientación sexual, pasando a ser a primeira tenista lesbiana abertamente recoñecida.

Algunhas das súas parellas foron Judy Nelson e Rita Mae Brown (escritora e comprometida activista feminista a favor dos dereitos LGTB).

Judy Nelson con Martina Navratilova en Eastbourne

Rita Mae Brown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martina Navratilova participa en varias asociacións benéficas que promoven os dereitos das persoas homosexuais, os dereitos das crianzas sen recursos e os dereitos dos animais. En 2002 recibiu un premio da asociación Human Rights Campaign.

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s