Modelos de familia

Publicado: Decembro 29, 2011 en identidade(s), libros, recursos
 
Nunha época na que unha alta porcentaxe de familias difire do modelo tradicional conformado por dous pais heterosexuais, este libro aborda os distintos tipos de estrutura familiar que coexisten na actualidade e a súa influencia no desenvolvemento psicolóxico dos nenos desmitificando, con datos científicos, a idea de que toda estrutura diferente á “normal” será prexudicial para nenos e nenas.
O libro responde unha pregunta fundamental: Que aspectos da vida familiar afectan realmente a un desenvolvemento psicolóxico saudable?
Na primeira parte, a autora pregúntase pola necesidade de ter dous pais, se é necesaria a presenza do pai, que os pais sexan os pais biolóxicos do seu fillo ou que sexan heterosexuais. Na segunda parte, explora os procesos psicolóxicos que subxacen ao desenvolvemento óptimo dos nenos, en particular a calidade da relación do neno cos pais, con outros membros da familia e co mundo social máis amplo. Contrariamente ao que se adoita supor, Susan Golombok conclúe que a estrutura familiar é menos decisiva para o desenvolvemento psicolóxico dos nenos que as experiencias do día a día da vida familiar.
Dado o interese que esperta o tema, Modelos de familia. Que é o que de verdade conta? será de gran utilidade para pais e nais e todos aqueles que pensan en ser pais ou nais por vía non tradicional, ademais de lectura obrigatoria para mestres, investigadores e para os profesionais que traballan con familias e para as persoas implicadas no desenvolvemento de políticas familiares.
Parte I. Tipo de familia ? 1. Número de pais: un ou dous? ? 2. O pai: presente ou non? ? 3. Vínculos xenéticos: Congénitos ou non?. ? 4. A orientación sexual dos pais: heterosexuais ou homosexuais? ? 5. A calidade das relacións entre pais e fillos. ? 6. A calidade do matrimonio e o estado psicolóxico dos pais. ? 7. As características individuais dos nenos e o seu mundo social máis amplo. ? 8. Modelos de familia: que é o que de verdade conta?.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s