O amor libre (I)

Publicado: Decembro 20, 2011 en sexualidade(s)

“É unha tolemia querer reducir o amor a unha ecuación ou limitalo a unha forma única de expresión. Quen o intentaron decatáronse axiña de que equivocaran o camiño. A experiencia amorosa non coñece fronteiras. Varía de individuo a individuo”.

Émile Armand; La vida sensual, la camaradería amorosa

De pequenas aprendimos que o normal é que o amor erótico se limite a unha soa persoa do sexo contrario. É certo que cando somos crianzas as persoas adultas rinse cando decimos que temos varias mozas ou varios mozos, como se fose unha extravagancia infantil; pero axiña se nos ensina que o desexo sexual e a intimidade só se comparten cunha persoa. O resto é etiquetado como promiscuidade, adulterio ou traición, e moi cedo comprobamos que transgredir as normas da monogamia na nosa sociedade ten un custo moi alto.

A maior parte das sociedades humanas limitan a liberdade sexual e amorosa das persoas que a compoñen; as nosas comunidades posúen regras morais e legais, uns tabús e prohibicións que constriñen o noso desexo sexual coa excusa de manter a orde social e a convivencia.

As sociedades nas que se practica o amor libre son minoritarias, pero existiron e existen con variacións. Un exemplo é a cultura hippie ou a cultura anarquista libertaria, ou culturas non occidentalizadas como a comunidade Mosuo en China.
A nosa cultura, baseada nas relacións xerárquicas e na monogamia, limita enormemente a nosa capacidade de goce e as nosas relacións amorosas.

No amor romántico occidental, a monogamia é a parte luminosa, e oadulterio é a parte oscura das parellas. O adulterio sempre comeza sendo clandestino e causa un enorme escándalo social, en cambio a xente que practica o amor libre vese exenta de vivir ocultando os seus amores, mentindo á súa parella “oficial”, traicionando a confianza. As poliamorosas, por exemplo, son persoas que viven o amor sen estar suxeitos á idea da propiedade privada, a exclusividade, o medo e os ciumes, ou polo menos, traballan para lograr relacións máis plenas baseadas na liberdade, a confianza, a sinceridade, o cariño.

O amor libre é unha forma de quererse que seguiron algúns grupos humanos dende o principio dos tempos. A idea principal é que as e os amantes permanecen xuntas e xuntos ata que deixan de querer estalo, e non teñen que limitar o seu amor a unha soa persoa. No amor libre non hai propiedade privada, de modo que cada quen fai co seu corpo o que quere, e ninguén ten exclusividade sexual sobre o corpo de outra persoa. algunos grupos humanos desde el principio de los tiempos.

As relacións libres están baseadas na igualdade, liberdade e no compañeirismo; é unha forma de expandir o acto amoroso e liberalo das normas morais sexuais de cada sociedade. O amor libre é contrario ao egoísmo das persoas; do que se trata é de que todas e todos gocen, que non existan monopolios que constriñan as relacións. A práctica do amor libre trata de derribar prexuícios, tabús, discriminacións, prohibicións e normativas, e basea as súas relacións na sinceridade e a confianza mutua. No amor libre non terían lugar as mentiras, os enganos nen a hipocresía, e moito menos a dobre moral.

Estas idealizacións teñen un carácter utópico que vén dado pola súa impracticabilidade: para que se dera o amor libre as persoas teríamos que vivir nun sistema social, político e económico de carácter libertario, é dicir, sen xerarquías de poder. Podemos afirmar, entón, que o amor libre é tamén un mito que no entanto foi practicado en todos os séculos e épocas, do mesmo modo que o amor romántico.

O amor libre é máis recolector que cazador, porque non emprega a violencia da paixón, porque permite que o tempo e o libre fluír dos acontecementos sexan quen xunte ou separe as persoas. Ademais, a ou o amante libre goza sempre o carpe diem, porque no proxecta o seu dominio sobre a outra persoa, a súa influencia ou o seu poder. Vive o que hai, no terreo da interacción dos corpos, e viveo con profundidade, estando presente, estando presente no acto amoroso, entregándose por completo aos seus sentimentos e emocións; o amor libre carece de obstáculos porque se sinte como enerxía vital e como experiencia maravillosa.

O noso sistema está baseado no poder, na propiedade privada, no egoísmo, e a competitividade, e todo aderazado pola xenofobia, a misoxínia, a homofobia etc de modo que é difícil que poidamos practicar o amor libre de prexuízos, xerarquías e discriminacións. É case unha utopía convencer ao amanate ou a amante que o normal é que se alegre de que a súa parella esté gozando con outra persoa, sinxelamente polo medo e as inseguridades que este acto poida provocarnos. E é que os grandes males da Humanidade veñen provocados pola escravitude do apego e o intenso medo que sinte o ser humano ao perder aos seus seres queridos, as súas posesións, a súa posición, a súa profesión, o seu honor, a súa estabilidade. O medo ás mulleres, a etnias, culturas, idiomas diferentes, o medo a enamorarse, o medo a non sentir, o medo a vivir e o medo a morrer: o medo é sen dúbida o principal obstáculo para a liberdade e a felicidade do ser humano.

Tradución e adaptación do artigo publicado por Coral Herrera Gómez AQUÍ  feita por Mar F Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s