Le Tigre

Publicado: Decembro 7, 2011 en activismo, identidade(s), música, orientación sexual

Le Tigre é unha banda estadounidense de electroclash, formada en 1998 por Kathleen Hanna, antiga membro de Bikini Kill, e Johanna Fateman. A banda caracterízase polo seu activismo feminista e unhas letras comprometidas coa defensa da comunidade LGTB, de tal xeito que se converteu nun referente da loita pola liberdade da identidade sexual.

En 1997, Kathleen Hanna comezou a súa carreira en solitario baixo o pseudónimo de Julie Ruin e precisaba unha banda que a acompañara durante os seus concertos. Grazas a este proxecto coñeceu a Johanna Fateman e á realizadora Sadie Benning. O trío puxo así en marcha Le Tigre en 1998, como xa dixemos, e dende os seus comezos se autoproclamou coma un grupo feminista de música electrónica. Un ano despois lanzaría o seu primeiro álbum, Le Tigre (1999), co selo independente Mr. Lady Records. Podemos destacar deste disco o “single” Deceptacon:

No ano 2000, Sadie Benning abandonou Le Tigre, antes da grabación do seu segundo álbum e foi substituída por JD Samson, quen xa traballaba coa banda como axudante nas montaxes visuais realizados por Sadie nos concertos, así como facendo arranxos musicais nos temas.

Co lanzamento de Feminist Sweepstakes (2001), Le Tigre confirmouse como unha banda electrónica con forte carga social: mentres Kathleen Hanna é unha portavoz feminista contra os abusos sexuais, JD Samson ten defendido en múltiples ocasións os dereitos da comunidade LGTB. Este compromiso reflíctese nas súas letras, atopándose en ocasións preto da esquerda política, como a súa aberta oposición á Guerra de Irak en 2003. Exemplo disto son os temas “New Kicks” e “Seconds”. O primeiro deles está baseado na manifestación de New York contra a guerra e, o segundo, está dedicado a George Bush.

Podemos destacar do álbum Feminist Sweepstakes o tema Dyke March 2001:

“Gústame ir á marcha dyke
Porque gústame estar rodeada de mulleres.
Marchando con mulleres espidas.
Nós recrutamos.
Nós recrutamos…
Non hai ninguén dicíndonos onde estar ou onde ser…..
Resistir (…)
Estamos simplemente esta enorme masa forte de furia feminista.
Resistir. Resistir… Furia feminista.
Furia feminista.
Era un sono de toda a vida que tiña cando era unha nena…
E está acontecendo na miña vida adulta.”

Cando a discográfica Mr. Lady Records desapareceu, Le Tigre firmou un contrato co selo Universal Music, para o que grabaron o seu terceiro traballo This Island (2004). A pesar disto, a banda seguiu colaborando con selos independentes.

Le Tigre conseguiu proxección internacional e, en 2005, realizou actuacións en festivais europeos.

A mediados de 2006, Le Tigre anunciou que a formación ía tomarse un descanso porque seus membros querían emprender proxectos en solitario. JD Samson realizou múltiples colaboracións con artistas como Peaches ou Junior Senior, puxo en marcha a banda MEN[1] e iniciou unha carreira como “disc jockey”. Kathleen Hanna participou en campamentos para artistas en New York e Johanna Fateman abriu unha perruquería.

En 2009, a banda retomou a actividade para colaborar con artistas como Peaches ou Christina Aguilera, mentres iniciaba a preparación do DVD Who Took the Bomp? Le Tigre on Tour, que veu a luz en xuño de 2011.

http://vimeo.com/19953864

Web oficial: http://www.letigreworld.com/

MySpace: http://www.myspace.com/letigre

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s