Terry Moore – Strangers in Paradise

Publicado: Novembro 23, 2011 en banda deseñada / cómic, bisexualidade, identidade(s), orientación sexual

 

Strangers in Paradise é unha obra de Terry Moore. Concibida inicialmente como unha miniserie de tres números, xira a redor da relación entre Francine Peters, Katina Choovanski (“Katchoo”), e o seu amigo David Qin.

Personaxes principais:

Katina “Katchoo” Choovanski, é artista, ten un carácter temperamental, foi prostituta e a amante e axente de Darcy Parker. Katchoo ten sentimentos cara a súa amiga Francine e o seu único amigo home, David.

Francine Peters-Silver, é a mellor amiga de Katchoo e ten problemas cos seus sentimentos cara ela, en parte debido á súa educación metodista e, en parte, debido ao seu desexo dende nena de cumprir co rol de esposa e nai. Cando o seu matrimonio de “conto de fadas” con Brad Silver remata ao serlle este infiel, reconsiderará a súa relación con Katchoo.

David Qin, é o irmán menor de Darcy Parker e o herdeiro do sindicato do crime da familia Takahashi. Ten sentimentos cara Casey e Katchoo.

Personaxes secundarixs:

Casey Bullocks-Femur, é instrutora de aerobic. Casou con Freddie Femur pero divorciouse del cando descubriu que el aínda estaba namorado de Francine. Desde o divorcio tivo relacións tanto con Katchoo como con David.

Freddie Femur, é o ex-mozo de Francine e o ex-marido de Casey.

Darcy Parker, é unha xefa do crime que manexa o “Big Six”, un grupo de mulleres especialistas en sedución e espionaxe.

Mary Beth “Tambi” Baker, traballa para Darcy Parker xunto coa súa irmá xemelga Sara Beth “Bambi”. É especialista en asasinato, negocios e estratexia. Ela e Sara son as medio-irmás maiores de Katchoo.

Griffin Silver, é unha antiga estrela de rock admirada por Katchoo na súa xuventude. É o irmán de Brad Silver.

Brad Silver, é xinecólogo e o ex-marido de Francine.

Molly Lane, foi a moza do irmán de Francine, Benjamin, no instituto. É a protagonista de “Molly and Poo”, unha trama secundaria dentro de Strangers in Paradise.

 A serie é unha homenaxe a un tío seu que morreu de SIDA. Terry Moore foi expulsado da igrexa á que pertencía por crear este tipo de historias, mais el síntese moi orgulloso do seu traballo e di sentirse como un “gai honorario”.

No Estado español Strangers in Paradise comenzou a ser publicada pola editorial asturiana Dude Comics, pero tras multitude de retrasos e con só dezaseis números publicados, cancelouse debido a que tiñan que “renegociar” os dereitos da serie e finalmente foi publicada por Norma Editorial en sete tomos, dende 2006 a 2008.

Strangers in Paradise recibiu varios premios:

  • Premio Eisner 1996, Estados Unidos, mellor historia “serializada” por “I dream of you”.[
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2002, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2006, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Selección Young Adult Library Services Association, 2005, Estados unidos, “popular paperback”.
  • Premio National Cartoonists Society, 2003, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio GLAAD Media Awards, 2001, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio GLAAD Media Awards, 2008, Estados Unidos, mellor comic book.
  • Premio Inkpot 2003, Estados Unidos, logros realizados en artes gráficas.

En novembro de 2004, Hero Video Productions produciu un documental sobre Terry Moore e Strangers in Paradise denominado “Paradise Found” de cinto vinte minutos de duración. Comeza cunha biografía do autor para despois pasar a falar da serie. Nel faise referencia ás localizacións reais da historia, cancións, proceso de creación dos debuxos etc. O documental gañou o premio de bronce Telly Award en 2005 á “excelencia artística”.

Rematada a serie, Terry Moore fichou por Marvel en 2007. O seu primeiro encargo foi en Spiderman Loves Mary Jane, substituíndo a Sean McKeever. Posteriormente interveu en Runaways.

En 2008, comezou unha nova serie, Echo, da que ao mellor falaremos noutra ocasión.

Blog do autor: http://www.terrymooreart.com/

Web: http://www.strangersinparadise.com/

 

 

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s