Yvonne Rainer

Publicado: Novembro 3, 2011 en danza, orientación sexual, películas

Yvonne Rainer (San Francisco, 1934) é coreógrafa, cineasta e lesbiana. Foi unha das máis prolíficas e polémicas coreógrafas do postmodernismo norteamericano, líder da Grand Union e personaxe importante na fundación do Judson Dance Theater, clave na vangarda da danza dos anos 60.

En 1965 publicou o “NO Manifesto”, co que intentaba desmitificar o espectáculo e devolver a danza á súa esencia[1].

Coa súa coreografía “Trio A”, estableceu a estética da danza posmoderna e creou unha nova forma de ver e entender a danza. Moitos dos elementos empregados por ela nesta coreografía –como a repetición, os movementos inspirados en accións ou tarefas, os xogos ou os esquemas ou patróns coreográficos- son elementos claves da coreografía contemporánea. A súa influencia foi definitiva para as posteriores xeracións.

O seu traballo fílmico xurde da súa actividade na danza, a modo de exercicios coreográficos filmados. Esta transición da danza ao cine tense situado nun contexto de vangarda feminista e formula interrogantes acerca do lugar da ou do espectador. A súa vontade de transgredir os roles de performer e receptor/a prodúcese a través do seu interese polos aspectos do carácter, a vida emocional e o corpo cotián, así como da incorporación no seu traballo de condicións sociopolíticas. A súa primeira longametraxe, Lives of Performers (1972), é expoñente do movemento neoiorquino minimalista dos setenta.

Boa parte da súa obra trata sobre as mulleres (en especial a súa vida cotiá), o corpo e a identidade.

Filmografía:

     

Journeys From Berlin/1974, sobre as ramificacións  do terrorismo.

          

   Kristina Talking Pictures, sobre as contradicións entre o privado e o público

      Lives of Performers, sobre un home que non pode decidirse entre dúas mulleres.

         

                                            The Man Who Envied Women, sobre a ruptura dun matrimonio.

MURDER and murder, sobre unha historia de amor entre mulleres, así como unha reflexión sobre a vida urbana e o cancro de mama.

     

A Film About a Woman Who…, sobre unha muller con insatisfacción sexual.

                                            

                                                                    Privilege, sobre a menopausia.

 

Emma Casal Giráldez


[1] “NON ao espectáculo non ao virtuosismo non ás transformacións, a maxia e a ficción non ao glamour e á trascendencia da imaxe da estrela non ao heróico non ao anti-heróico non ao imaxinario lixo non á implicación do intérprete ou do espectador non ao estilo non ao amaneramento non á sedución do espectador a través das artimañas do intérprete non á excentricidade non á provocación de sentimiento nin ao deixarse emocionar.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s