AMAZONAS E GUERREIRAS MOHAVES HWAME.

Publicado: Novembro 2, 2011 en historia, identidade(s), trans

Cando o explorador portugués Pedro de Magalhaes se internou na selva amazónica brasileira quedou escandalizado ao comprobar a liberdade coa que se vivía a sexualidade naquela zona. Especialmente ao descubrir as guerreiras amazonas, el mesmo contóunolo:

“Algunhas indias desta rexión xuran e prometen castidade e así non se casan nin coñecen home de ningunha calidade, nin o consentirán aínda que por iso as maten. Estas deixan todas as actividades de mulleres e imitan os homes e realizan os seus oficios coma se non fosen mulleres. Traen o cabelo cortado como os machos, van á guerra e de cazaría con arcos e frechas… e cada unha ten unha muller ao seu servizo e que lle fai de comer coma se estivesen casadas. “

Na cultura americana nativa críase que existían catro sexos. Os homes, as mulleres, os berdaches e as mohaves ou hwame (berdaches femininas), tamén se lles podía coñecer como squaw, eran “xs non home, non muller” das culturas indias norteamericanas.  Os berdaches masculinos eran chamáns, as hwames eran guerreiras.

A información sobre berdaches femininos é moi escasa. Crese que podían existir unhas 30 tribos con presenza de “berdaches” femininos. Das tribos Mohave é de onde vén gran parte da información. Eran guerreiras e cazadoras e acostumaban a casar con mulleres que xa eran nais. As hwame acostumaban a adoptar un rol masculino, pola contra as alhya adoptaban o feminino.

Estas mulleres eran socialmente aceptadas e un privilexio para as familias que as tiñan no seu seo. Xeralmente casaban con outras mulleres embarazadas e que xa tiñan fillos e considerábaselles os pais. Ao igual que os berdaches masculinos, a elas considerábaselles especialmente dotadas de dous espíritos o de home e o de muller.

Coñecemos a historia de Sahaykwisa, unha mohave que non quixo utilizar vestimenta masculina, vestía roupa feminina pero seducía outras mulleres da tribo. Por iso foi acosada polas outras mulleres e sufriu os celos dos homes que a consideraban unha rival, os mesmos guerreiros, que saían a cazar coas outras mohaves.

“Squaw Jim e o seu Squaw. ” Fotografadas por John H. Fouch, 1877. Á esquerda Squaw Jim, unha Crow Squaw. Jim serviu como unha guía en Fort Keogh e logrou gran reputación pola súa coraxe ao salvar a vida de toda unha tribo na batalla da Rosebud, 17 de xuño de 1876. Esta imaxe é a primeira fotografía coñecida dunha india squaw de América do Norte

 

Mar F. Cendón

Advertisements
comentarios
  1. montserrat di:

    super interesante!!! 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s