Catalina de Erauso, a “Monxa alférez”

Publicado: Outubro 26, 2011 en historia, identidade(s), orientación sexual, trans

Catalina de Erauso (Donosti, 1592- Cuitlaxtla, México, 1650), chamada a Monxa Alférez, foi unha monxa e soldado.

A moi curta idade foi internada no convento de San Sebastián o Antigo. Non obstante, parece que o seu carácter enredante e violento non era moi apropiado para a vida enclaustrada. Tras unha rifa cunha novicia que se atrevera a golpeala foi confinada á súa cela, da que escapou disfrazada de campesiño. Contaba entón 15 anos de idade. Andou de pobo en pobo e chegou ata Valladolid. Dende alí volveu a Bilbo. Todo este tempo pasouno disfrazada de home, co pelo curto e usando distintos nomes, como Pedro de Orive, Francisco de Loyola, Alonso Díaz, Ramírez de Guzmán ou Antonio de Erauso. Segundo parece o seu físico axudáballe no seu engano. Posteriormente foi a Sanlúcar de Barrameda e embarcou cara a América. En Perú alistouse como soldado baixo o mando de distintos capitáns gañando a fama de ser valente e hábil coas armas e sen revelar que era unha muller. Con estes méritos alcanzou o grao de alférez. Ao parecer, durante estes anos viuse envolvida en numerosas pelexas e disputas como, por outra parte, era normal entre os soldados.

Nas súas memorias confesa algunha aventura lésbica, como cando unha posadeira a sorprende “andándolle a filla entre as pernas”. En 1623 foi detida en Huamanga, Perú, a causa dunha disputa. Para evitar o seu axustizamento pediu clemencia ao bispo, Agustín de Carvajal, ao que lle contou que era en realidade unha muller e que estivera nun convento. Tras un exame por parte dun conxunto de matronas, que determinaron que era certo que se trataba dunha muller e que ademais era virxe, o bispo protexeuna e foi enviada a España. Alí recibiuna o rei Felipe IV de España que lle mantivo a súa graduación militar e o chamou monxa alférez, á vez que lle permitía empregar o seu nome masculino. O relato das súas aventuras estendeuse por Europa, e Catalina visitou Roma onde foi recibida polo papa Urbano VIII. O pontífice autorizouna a continuar vestindo de home.

En 1630 instálase en México, probablemente na cidade de Orizaba no Estado de Veracruz, onde rexentou un negocio de transporte de mercadorías entre Cidade de México e Veracruz. Non se sabe moi ben onde morreu, unhas teorías din que foi transportando unha carga nun bote, aínda que hai quen escribe que o seu falecemento aconteceu nos altos de Orizaba, soa entre os seus asnos.

Catalina escribiu ou ditou un libro coas súas memorias, que foron publicadas bastante tempo despois (1829) en París. A continuación traducíronse a varios idiomas e fixéronse versións do tema, como a idealizada de Thomas De Quincey, ” The Ensign Nun”.

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s