María Teresinha Gomes, o Xeneral Tito

Publicado: Outubro 11, 2011 en identidade(s), trans

Maria Teresinha Gomes, coñecida tamén como Xeneral Tito, foi unha muller portuguesa que saltou á fama no seu país por simular ser un home durante dezaoito anos, período durante o cal se fixo pasar por xeneral do exército, avogado, axente da CIA e funcionario da embaixada estadounidense, ata que foi descuberta en 1992, xulgada, e condenada por usurpación de identidade e estafa.

Maria Teresinha naceu en 1933 en Funchal (Madeira) e morreu en data incerta, no mes de xuño de 2007 nunha aldea próxima á capital portuguesa. Aos 16 anos, en 1949, fuxiuse de casa para instalarse no continente, segundo algunhas fontes, por un desengano amoroso. A súa familia deuna por morta.

No entroido de 1974 comprouse un traxe de xeneral do exército no barrio lisboeta do Rossio, ao que engadiu unhas insignias de latón, e adoptou a identidade de Titoo Aníbal dá Paixão Gomes (o nome procedía dun irmán morto sendo un bebé, antes de que ela nacese). Esa mesma noite coñecería a Joaquina Costa, enfermeira, con quen viviría, ao parecer simulando ser un matrimonio normal, durante quince anos, aínda que durmindo en habitacións separadas.

O seu modo de gañarse a vida era pedir prestado diñeiro para logo, segundo afirmaba, investilo no estranxeiro e devolvelo con intereses. Para iso utilizaba a súa falsa identidade e as súas maneiras educadas e cultas.

En 1992 foi descuberta e xulgada por un tribunal de Lisboa, que a condenou a unha pena de tres anos de prisión por estafa e usurpación de identidade, pena que nunca chegou a cumprir. O xuízo, ao que  acudiu vestida de home, tivo unha extensa repercusión mediática na sociedade portuguesa dos anos 90. Durante o proceso a súa compañeira Joaquina Costa declarou que non soubo do verdadeiro sexo de Teresinha até o final do seu quince anos de convivencia, e mesmo os avogados do proceso seguiron chamándolle polo seu nome ficticio, así como as testemuñas, que se referían a ela como “señor xeneral” e “home bo”.

Tras o escándalo mediático Teresinha Gomes retirouse a vivir a Carambancha de Cima, unha aldea illada do norte do Taxo, onde pasou o últimos quince anos de vida con Maria Augusta, a sobriña de Joaquina Costa.

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s