Anney Bonny e Mary Read

Publicado: Outubro 10, 2011 en bisexualidade, trans

Anney Bonny, tamén coñecida polo seu diminutivo “Boon”. Foi unha das dúas mulleres, xunto a Mary Read, con maior sona recoñecida entre as poucas que pasaron á historia pola súa dedicación á actividade da pirataría durante os primeiros anos do século XVIII.

Nota aclaratoria sobre a súa biografía: É necesario advertir que a información sobre Anne Bonny volveuse confusa, sendo frecuente atopar incongruencias, invencións ou exaltacións dos seus actos. Isto débese ao interese social que suscitou a súa vida, xa fóra pola súa escandalosa vida amorosa (e habitual atopar referencias á súa promiscuidade e a súa bisexualidade), ben por outros aspectos inquietantes das súas andainas.

Ao anterior hai que engadir que, ao exercer un oficio como a pirataría, as fontes de datos oficiais sobre Anne Bonny son escasas. A maioría da información xorde da obra de Charles Johnson, unha estudioso da arte da pirataría, contemporáneo da muller e autor da obra “A General History of the Robberies and Murders Of the most notorious Pyrates” no ano 1724.

Mary Read naceu en Londres. Non se sabe de certo os motivos que a levaron a facerse pasar por un home. A versión máis estendida, que recolle Defoe, afirma que era filla dos amores adúlteros da esposa dun capitán da mariña mercante que se achaba en alta mar cando naceu a nena. A nai conseguiu ocultar o nacemento durante un tempo, e deuse a circunstancia de que faleceu o primeiro fillo, así que decidiu cambiar ao bebé de sexo para facelo pasar polo neno anterior ante a familia do seu marido, o cal entre tanto faleceu na mar, e poder así cobrar a herdanza.

Mary (chamada Mark) e a súa nai viviron comodamente co diñeiro herdado até a súa adolescencia. Cando se acabaron os fondos, Mary, que aínda vestía como home, atopou un traballo como paxe, emprego que abandonou para enrolarse nun barco mercante.

Durante unha travesía, o barco en que viaxaba Mary foi atacado e capturado polo pirata Jack Rackham (alcumado Calicó) e a súa compañeira, a muller pirata Anne Bonny. Aínda vestida de home, Mary foi recrutada polos piratas. Pouco despois, Anne Bonny descubriu a súa identidade feminina. As dúas mulleres fixéronse amigas e trataron de manter o secreto pero Rackham comezou a sospeitar da próxima relación de Bonny co novo mariñeiro e demandou unha explicación. Mary confesou e Rackham deixouna quedar e ser parte da tripulación.

 
Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s