Emma Donoghue – “Un buen salteado”

Publicado: Outubro 6, 2011 en documentais, identidade(s), libros, orientación sexual, películas

Emma Donoghue naceu en 1969 e criouse en Dublín. O seu primeiro libro foi un ensaio histórico, “Passions Between Women: British Lesbian Culture 1661-1801″. Posteriormente escribiu “I Know My Own Heart”, baseada nos diarios de Anne Lister[1]; “Ladies and Gentelmen”, un vodevil con cancións; e “Trespasses”, baseada nun xuízo por bruxería que tivo lugar en Irlanda no século XVII. Os seus libros foron traducidos ao alemán, ao holandés, ao sueco e ao catalán. A súa primeira novela foi “Un buen salteado”, á que seguiu “Kissing the Witch”. Ademais, foi a compiladora de “What Sappho Would Have Said”, unha antoloxía de poesía amorosa feminina publicada por Hamish Hamilton. A súa última obra é unha biografía de dúas poetisas victorianas, “We are Michael Field”.

“Un buen salteado” conta a historia de Maria, que chega a Dublín desde o seu pobo natal para ir á universidade, cargada cunha boa dose de inxenuidade e agudeza. Tras atopar unha habitación nun piso compartido con Ruth e Jael, dúas estudantes maduras, prepárase para enfrontarse ás vicisitudes da vida de estudante. Ao atopar poucas amizades entre a xente da súa idade, Maria vese cada vez máis atraída cara a vida das súas compañeiras de piso. Mais, Ruth e Jael manteñen unha relación máis complexa e íntima do que Maria se imaxina, e cantas máis cousas descobre, máis obrigada vese a madurar…

Esta novela foi definida coma un estudo clásico do descubrimento da identidade lésbica e o mundo adulto.

Emma Casal Giráldez


[1] Anne Lister (1791-1840) foi unha terratenente de Yorkshire. Lister mantivo un detallado rexistro da súa vida, os seus amores e as súas emocións nun diario fascinante e honesto, composto por catro millóns de palabras e extensos parágrafos escritos en clave. O desciframento deste código proporciona unha incríbel visión da vida dunha muller que xa foi denominada como a primeira lesbiana moderna de Gran Bretaña.

Realizouse un documental sobre ela “The real Anne Lister”:

máis unha longametraxe, “The Secret Diaries of Miss Anne Lister”:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s