Julie Maroh – “El azul es un color cálido”

Publicado: Outubro 5, 2011 en banda deseñada / cómic, identidade(s), orientación sexual

Julie Maroh naceu no norte de Francia. Asina o seu primeiro álbum despois de rematar as clases no Instituto Saint-Luc en Bruselas, onde reside hoxe en día. A comunidade belga apoia o seu traballo no cómic, ou como ilustradora, recompensándoa cunha bolsa, unha exposición e un premio polos seus primeiros pasos de autora. Despois da autoedición de tres recompilacións de relatos intimistas, aborda nesta obra unha historia sobre a homosexualidade feminina e a súa aceptación na sociedade actual.

Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que se sinte a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e lle sorrí, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación coas súas novas amizades, o seu sitio na familia, as súas prioridades… e sobre todo a súa sexualidade. É difícil saber que aspecto ten o amor.

Estamos diante dunha obra que describe con moita delicadeza o cotián dunha muller nova mediante aa lectura dos seus diarios. A ilustración de Julie Maroh permite identificarse coas súas protagonistas sen apenas darnos conta. O trazo da autora propón unhas perspectivas, unhas posturas tan inesperadas como a vida mesma. Clementine e Emma intentan amarse a pesar das dificultades que supón a visión da homosexualidade por parte da sociedade actual e os propios prexuízos de Clementine. Mais descubrimos unha historia de amor que, a pesar de ser tráxica, podería ser a de calquera, e sen diluír a súa intensidade nunha profusión de reivindicacións sociais. Aprender, crecer, amar. Iso é o que nos ensina este emotivo e absorbente slice-of-life, adentrándonos no máis persoal e o máis intimo de dúas mozas valentes.

El azul es un color cálido recibiu o Premio outorgado polo Público no Festival de Angoulême, en 2001, así como o Premio Autor Novel no Salón de Cómic e das Artes gráficas de Roubaix (Francia) e o Premio do Consello Rexional do Festival de Blois (Francia), polo seu contido cidadán no ano 2010.

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s