FUEGO (Fire) (1996)

Publicado: Setembro 30, 2011 en identidade(s), orientación sexual, películas, sexualidade(s)

 

Deepa Mehta (Amritsar Punjab, India, 1950) é unha controvertida directora de cine e guionista indo-canadense.
Mehta rematou os seus estudos na Universidade de Delhi no grao de Filosofía e máis adiante, en 1973, emigraría a Canadá.

É coñecida pola súa triloxía fílmica dramática baseada nos elementos “Lume”, “Terra” e “Auga” onde reflexiona acerca dos problemas socioculturais da India moderna, tales como: a homoxesualidade, os matrimonios concertados… cuxa profunda e machista tradición choca coa crecente modernidade que vive o país.

Fuego, mostra a vida dunha familia de Nova Delhi composta por dous irmáns,as súas respectivas esposas e a nai dos homes, unha muller impedida. O drama familiar é dobre, e afecta ante todo a ambos os dous homes: un, o maior, casado desde hai 13 anos con Radha (Shabana Azmi), vive baixo o acubillo moral dun gurú e torturado pola esterilidade da súa bela esposa. O outro, premido polo seu irmán, casou -o filme comeza coa súa voda- cunha non menos bela moza, Siat (Nandita Das), aínda que non está disposto a abandonar unha longa relación amorosa cunha muller chinesa que nunca quixo casar con el.

Para Mehta a película “é unha metáfora sobre a India de hoxe, pero tamén unha película sobre as aspiracións das mulleres de calquera lugar, non necesariamente só da India”.

Os elementos máis contundentes do filme, teñen que ver coa relación íntima que se establece entre as cuñadas. Abandonadas afectivamente por ambos os dous maridos, traballando tanto no dobre negocio familiar -comida tradicional para levar e videoclub: o pasado e o presente- como na atención á prostrada sogra, inequívoco símbolo do pasado e o arcaico, cada unha delas encontra refuxio na outra, ata que nace unha atracción considerable e un amor correspondido. “En Occidente, unha historia entre dúas mulleres que pasa polo contacto físico xa non escandaliza a ninguén”, recoñece Azmi, a protagonista da película, pero na India nin sequera se pode albiscar unha cousa así. Deepa foi moi valente ao facer que a historia pase en Nova Delhi.

http://www.pandopuntokualda.com/ciclos-y-filmografias/107511-ciclo-deepa-mehta-fuego-tierra-y-agua-3-3-a.html

http://www.elpais.com/articulo/cultura/MEHTA/_DEEPA_/DIRECTORA_DE_CINE/Deepa/Mehta/Fuego/metafora/India/contemporanea/elpepicul/19970614elpepicul_12/Tes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s