Documental “Vidas Transexuales”

Publicado: Setembro 29, 2011 en documentais, recursos, trans

Vidas transexuales é un documental sobre a transexualidade dirixido por María Popova e producido por GAG (Grup d’Amics Gais, Lesbianes, Transsexuals i Bisexuals)[1].

A directora, María Popova, naceu en Varna, Bulgaria, en 1984. Despois de estudar un ano na Academia Nacional de Cine e Teatro en Sofía, trasládase a Madrid, onde especialízase en Dirección de Cine e Realización de TV na Escuela Superior TAI. En 2008 remata o Master de Realización en Tecnologías Digitales en CEV e Universidad Camilo José Cela.

Realizou traballos audiovisuais para empresas como MSAT TV, Placerdever, Havas Media, MPG, Bus Producciones, Pokofrecuente. Ademais, colaborou como realizadora independente con: ONCE, Space Challenges Educational Program, o mencionado Grup d’Amics Gais, Lesbianes, Transsexuals i Bisexuals, Altraitalia, Youth for future, Consulado de Venezuela en Barcelona e Festival FEMELEK.

Podemos destacar a curta La Sagrada Familia, que dirixiu en 2006 como proxecto fin de carreira:

En 2008 realiza, xunto con CEV, a curtametraxe documental experimental Después del amanecer, coa que participou en varios festivais e que pode verse no seu blog: MK FILMS

O seu primeiro documental como directora, Iguales, estreouno en Barcelona en 2009. Nel, viaxase por Madrid, Barcelona e Bilbao, cidades que contan cos seus propios festivais de temática homosexual.

Ademais, desenvolveu outros proxectos audiovisuais como cineasta independente: o vídeoclip Cíclica do grupo Doctor Muerte, a serie documental para televisión El encuentro del águila y el cóndor e a longametraxe Brenda.

Vidas transexuales descríbese, na web do proxecto, da seguinte maneira:

“Nadia, Zam, Gabriela, Marta, Tes, Pol e Dani comparten os seus puntos de vista sobre a transexualidade. Sempre souberon quen eran, mais o camiño á felicidade foi longo e distinto para cada persoa.

Hai palabras que poden definir a unha persoa que percorreu este camiño e estas palabras non son “trastorno mental” nin “enfermidade”.

Se ser feliz significa ser ti mesmo/a, por que existe a transfobia?”

Pode verse o trailer do documental na web do proxecto, no blog de María Popova ou aquí

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s