Jennifer Quiles – “Más que amigas”

Publicado: Setembro 28, 2011 en bisexualidade, identidade(s), libros, orientación sexual, sexualidade(s)

Jennifer Quiles foi xornalista, escritora e activista lesbiana. Naceu en Londres en 1968, mais viviu en Barcelona desde os dous anos. Titulouse como Licenciada en Ciencias da Información na Universidad Autónoma de Barcelona e comezou a súa carreira xornalística no diario e a televisión local. En 1992 traballou no diario “Mundo Deportivo” e colaboro na revista “Nosotras” ata 2001. Ademais, fundou e dirixiu a desaparecida revista Dos.Dos.

Desde moi nova, interesouse polo movemento homosexual. Formou parte da Coordinadora Gay-Lesbiana de Barcelona e estivo coas lesbianas da FELGT nas primeiras xornadas lésbicas celebradas en Madrid o ano 2003, mais despois decidiu continuar o seu traballo de maneira independente.

             Más que amigas, publicado en 2002, foi o seu primeiro libro e o primeiro manual de autoaxuda para mulleres lesbianas e bisexuais editado no Estado español.

Jeniffer morreu de cancro en marzo de 2005, aos 37 anos.

En 2008, Ano da Visibilidade Lésbica, a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (FELGTB) fundou os Premios Jennifer Quiles.

Resumo de Más que amigas:

“Son lesbiana? Son bisexual? Podo deixar de selo? A quen llo conto e como o fago? Teño que dicilo? Existe unha cultura lésbica? Como podo coñecer a outras coma min?

Estas son algunhas das preguntas ás que trata de responder este libro. Más que amigas está destinado a mulleres que se senten ou se teñen sentido algunha vez atraídas por outras mulleres e non souberon moi ben como asimilalo, a aquelas que teñen claros os seus sentimentos pero que sofren e non saben que camiño tomar, a todas as lesbianas e bisexuais que aínda buscan resposta a certas preguntas. Pero tamén a todas as persoas que senten curiosidade polas relacións afectivo-sexuais entre mulleres e queren ampliar os seus coñecementos por enriba de tópicos e ideas erróneas.

O propósito é acabar cos tópicos e estereotipos erróneos sobre a homosexualidade feminina e a bisexualidade e proporcionar a información necesaria para construír unha imaxe positiva do que supón ser lesbiana ou bisexual.”

Máis información sobre o libro aquí e máis información sobre a autora e outros libros seus aquí.

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s