As Bull daggers

Publicado: Setembro 27, 2011 en identidade(s), música, orientación sexual, recursos

As lesbianas eran comúns na escena do  blues das décadas de 1920 e 1930. Viviron nun ambiente musical liberal onde podían facer públicas as súas sexualidades, que noutros tempos tiveron que permanecer escondidas.

As letras das cancións reflicten isto. A música blues incluía mencións nas súas letras ás “bull daggers”, que eran as lesbianas negras.

Comin’ a time, B.D. women they ain’t going to need no men
Comin’ a time, B.D. women they ain’t going to need no men
Cause they way treat us is a lowdown dirty sin

B.D. women, you sure can’t understand
B.D. women, you sure can’t understand
They got a head like a sweet angel and they walk just like a natural
man

B.D. women, they all done learned their plan
B.D. women, they all done learned their plan
They can lay their jive just like a natural man

B.D. women, B.D. women, you know they sure is rough
B.D. women, B.D. women, you know they sure is rough
They all drink up plenty whiskey and they sure will strut their stuff

B.D. women, you know they work and make their dough
B.D. women, you know they work and make their dough
And when they get ready to spend it, they know they have to go

(BD Woma’s Blues grabada en 1935 por Lucille Bogan)

E o mesmo sucedía coas súas postas en escea, xa que  nas súas actuacións non había lugar para a censura.

Algunhas das artistas mantiveron unha imaxe pública heterosexual como Josephine Baker ou Ethel Waters, outras viviron e reivindicáronse publicamente como lesbianas como Gertrude “Ma” Rainey ou Gladys “Fatso” Bentley.

Ma Rainey 

Gertrude Malissa Nix Pridgett Rainey (Columbus (Xeorxia),1886 -1939), coñecida como Ma Rainey, foi unha cantante negra de blues clásico, unha das primeiras en facelo con acompañamento de piano ou de orquestra de jazz. Coñecida como a “nai do blues” (en parte polo seu labor de mentora de Bessie Smith), non puido entrar nun estudio de gravación ata 1923 pola discriminación racial, a pesares de que levaba sobre os escenarios dende os catorce anos.

Influíu a grandes figuras como Ethel Waters e Billie Holiday.

A pesares de ser unha muller casada non mantivo en segredo a súa relación cunha muller en 1920. En 1925 foi arrestada despois dunha redada nunha festa onde varias mulleres, entre as que estaba a propia Ma, foron atopadas mantendo relacións sexuais.

Podes escoitala AQUÍ


Fatso Bentley

Gladys Bentley (Pennsylvania, 1907-Los Angeles County, 1960), coñecida como Fatso Bentley foi unha cantante de blues estadounidense que pertenceu ao movemento cultural afroamericano coñecido como “Harlem Renaissance” ou tamén chamado “New Negro Movement”.

Na década de 1920 debutou nun dos locais máis coñecidos do ambiente gai de Harlem, chamado “Clam House”, que como outros locais vendía alcohol violando a Lei Seca, estes locais eran coñecidos como speakeasy. Nos anos trinta actuaba, cos seus 130 quilos e vestindo smóking branco e sombreiro de copa, xunto a un coro de travestis. Cantaba letras escabrosas con música de cancións populares, mentres coqueteaba coas mulleres do público. Ás veces presentábase co nome de Bobby Minton.

Co fin da Lei Seca que provocou o peche de moitos locais speakeasy, trasladouse ao sur de California. Foi a miúdo obxecto de duras críticas por vestir roupa de home. Ela declaraba ter casado cunha muller branca en Atlantic City.

Podes escoitala AQUÍ

Bessi Smith

Bessie Smith (Chattanooga, Tennessee, 15 de abril de 1894 – Clarksdale, Misisipi, 26 de setembro de 1937), coñecida como a “emperatriz do blues”, foi a cantante de blues máis popular dos anos 20 e 30 e a máis influente nas cantantes que a seguiron

Se aínda non a escoitaras podes facelo AQUÍ

Joséphine Baker

Freda Josephine McDonald (Saint Louis, Missouri, 1906 – París,1975), foi unha famosa bailarina e cantante de espectáculos de variedades e cabaré, e tamén actriz cinematográfica.

Podes ver un dos espectaculares bailes cos que acompañaba as súas actuacións AQUÍ

Ethel Waters

Ethel Waters (Chester, Pennsylvania, 1896 – California,1977) foi unha actriz e cantante estadounidense de blues, jazz, musicais e gospel. Como actriz foi nomeada a un Oscar en 1949 pola súa actuación en Pinky de Elia Kazan, sendo a segunda afronorteamericana en conseguilo.

A súa carreira como profesional comezou no Lincoln Theatre de Baltimore, cando Ethel tiña só dezasete anos. En 1933 traballou no Cotton Club de Harlem e logo en Broadway na revista musical As thousands cheers, sendo a primeira muller negra nun espectáculo branco de Broadway. Chegou a ser a cantante mellor pagada da rúa neoiorquina.
Podes escoitala AQUÍ

 

Mar F. Cendón

Advertisements
comentarios
  1. Fernand di:

    Great post, you have pointed out some superb points, I too think this is a very superb website.

  2. Bertha di:

    Definitely, what a splendid website and instructive posts, I will bookmark your site.All the Best!

  3. Barry di:

    Rattling instructive and good complex body part of content material, now that’s user friendly (:.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s