Samuel, o neno que volveu de vacacións convertido en nena

Publicado: Setembro 26, 2011 en identidade(s), novas, trans

Samuel James, de 10 anos, foise de vacacións como o resto dos seus compañeiros e compañeiras no mes de xuño. Mais en setembro regresou convertido en Livvy, e así foi presentado de novo ante o profesorado e os demais nenos e nenas. Seu pai e súa nai aseguran que sempre se sentiu nena, e que con esta decisión atopou por fin a felicidade.

A historia, que reabriu o debate sobre o tema no Reino Unido, contouna a súa nai, Saffron, con todo luxo de detalles, despregue de fotos incluído, ao tabloide Daily Mail. A súa decisión provocou todo tipo de comentarios, pero ela está convencida de que cambiar o sexo de Livvy era o mellor que podía facer.

“O día que volvín a clase tra-las vacacións sentía moitos nervios, pero por enrriba de todo tiña ganas de berrar. Sentíame tan leda que non me importaba o que a xente dixese ou pensase de min. Por primeira vez podía sentirme eu mesma e non pretender ser alguén que non era”, asegurou Livvy.

Para intentar afrontar este paso da mellor maneira posible, a nai e o pai de Livvy, Saffron e Phillip, reuníronse coa directora do colexio e convocaron unha asamblea especial para explicar a todo o alumnado que Sam era agora unha rapaza, e que deberían tratala como “ela”, e non como “el”. A responsable do centro explicou que Livvy padecía un trastorno denominado “disforia de xénero”, segundo o cal “na súa cabeza sentíase como unha rapaza, non como un rapaz”.

Ademais, lanzou ao estudantado a advertencia de que non ía tolerar ningún tipo de burla cara ela. Ao menos nos primeiros días de clase, o pai e a nai de Livvy aseguran que non recibiu ningún tipo de acoso.

“Ningún dos rapaces se burlou de min –asegura Livvy- e aceptáronme como unha nena. Aínda que algúns me seguen chamando polo meu antigo nome, non o teño en conta, porque sei que lles levará algún tempo acostumarse (…).”

“Non é unha elección que ela teña feito. Sempre foi unha nena pequena que, por algunha razón, naceu nun corpo de neno. Non sabemos o motivo, e tampouco agardamos que a xente o entenda. (…)”, engadiu seu pai.

A primeira vez que lle diagnosticaron disforia de xénero foi no servizo pediátrico dun hospital, desde donde remitiron a Sam a un centro de saúde mental do servizo nacional de saúde especialista en trastornos de xénero. Nun primeiro momento, súa nai e seu pai vestíana de nena dentro de casa, mais con atuendo masculino cando saía, conscientes de que na pequena localidade donde vivían, Worcester, o contrario provocaría todo tipo de comentarios.
No entanto, ante a insistencia da súa filla, decidiron dar o paso este verán e facer o cambio de sexo.

Pode verse a nova completa aquí.

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s