Diario dunha aupair bollo en USA

Publicado: Setembro 21, 2011 en identidade(s), libros, orientación sexual

Diario de una aupair bollo en USA é o diario dunha moza lesbiana que pasa un ano de aupair nos EEUU.

Esta é a descrición que aparece na web da editorial:

“Hei, lector! Mais sobre todo (…): Heeei, lectora! Non che direi o meu nome, pero podes chamarme Onthedot. Sona raro, acostumbraraste.
Si que che direi que son bollo, desde sempre supoño, e que durante un ano vou ser aupair, aínda que quen pon nas miñas mans a seus fillos non sabe da miña condición sexual.

Píllasme a piques de subir a un avión con destino ao centro do Imperio e asegúroche (eu seino: estiven aí e escribín este diario que agora travístese en libro) que a experiencia non vai ser en balde. Xuzga ti mesma… e se eres un «ti mesmo», xuzga tamén.

Primeiro terei que aguantar a unha familia bushadicta (…) integrada por mother Morticia e dous monstruos baixiños: Tommy and Lorena, máis tres coelliños de indias, dous cans, unha gata, unha serpe negra, un oso formigueiro… e unha niñera, á sazón, servidora. Esta etapa rematará bruscamente cando revele a miña identidade sexual: «Non eres feliz», dictaminará a miña nai de acollida nese extraño, peculiar, curioso, divertido, misterioso país. E en USA se non eres feliz, na vez de preguntarche como te atopas, mándante ao FBI ou á axencia de aupairs.
Despois, convertida en NumberNine (adiviña cantas tiñan pasado antes por esa casa de xudeus ortodoxos), fareime vixianta de Samuel e Allison. El… Cala, Onthedot! Un escritor nunca debe dar pistas sobre a identidade do asasino.
En fin. Esta é a historia do meu ano americano. e… Non creas que lle gardo algún rencor, que é sempre máis feliz quen máis amou e esa sempre fun eu.”

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s