Parar o bullying homófobo, lesbófobo e tránsfobo

Publicado: Setembro 20, 2011 en acoso escolar ou bullying, libros, recursos, vídeos

Homofobia: temor e rexeitamento cara as persoas homosexuais, gais, lesbianas e transexuais, quen o parece ou quen se asocia real ou imaxinariamente con elas.

Os autores Paul Patrick e Sue Sanders elaboraron una serie de pautas de actuación fronte ao acoso escolar homofóbico, lesbofóbico e transfóbico no contexto das escolas británicas, que podería extrapolarse a calquera das nosas escolas.

1.-Parar a agresión: interromper o comentario homófobo, tránsfobo ou sexista, intervir no acoso físico de xeito inmediato.

2.-Pór nome á agresión: o noso interese céntrase no comportamento da persoa agresora, non tanto en que a persoa agredida sexa lesbiana, gai, transexual ou bisexual, polo que teremos coidado de non sinalar a sexualidade da persoa agredida.

3.-Situar o acoso nun contexto máis amplo: amosar que o teu centro, escola ou asociación e os seus valores están explicitamente en contra do acoso escolar.

4.-Demandar un cambio de comportamento da persoa agresora no futuro próximo: deixar claro que existen consecuencias series fronte ao acoso escolar se non cambia o comportamento do/a acosador/a.

5.-Comprobar ao longo do tempo que a persoa agredida está ben, amosando o noso apoio, e informar sobre os dereitos e obrigas do alumando.

PLATERO MÉNDEZ, Raquel (Lucas) e GÓMEZ CETO, Emilio Herramientas para combatir el bullying homofóbico. Talasa Ediciones, Madrid, 2008

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s