Dixo vostede “lesbiana”?

Publicado: Setembro 19, 2011 en activismo, identidade(s)
” Como se poden… re-presentar esas lesbianas sen caer nas convencións masculinas? Defendendo o feminino con decisión? Pero, que é o feminino? Talvez a única alternativa posible sexa desiconificar a través dun proceso que implique a mirada dominante a través das súas estratexias máis establecidas e, unha vez que estea alí, facer que se encontre con algo que non esperaba”.
Estrela de Diego. “O andróxino sexuado”
Ángela Robles, estudante de comunicación visual, coloca carteis polas rúas de Bogotá nos que se len insultos como “machorras” ou “areperas” e vense fotos de lesbianas en actitudes eróticas. Cámara en man, rexistra as reaccións que suscitan esas expresións e imaxes. O seu proxecto, o ” Dixo vostede lesbiana”,  explora as representacións dos corpos lesbianos e resignifica os insultos lesbófobos.
” Dixo vostede lesbiana? ” é unha mostra que fai parte fundamental dun proceso que emprendín hai máis dun ano e que aínda non concluíu. Recolle gran parte do rexistro dun proxecto que xerei en torno ás representacións dos corpos lesbianos e á problematización destas, a través da apropiación tanto das imaxes, coma das palabras emitidas dende os discursos hexemónicos, en torno a estas construcións de subxectividade e de identidade que aínda se encontran dentro daquilo que de común acordo, dende a heterosexualidade rexente, se pretende silenciar e enmarcar dentro do quel debe permanecer no ámbito do privado.

Así eu, muller latinoamericana, colombiana, bogotana, lesbiana, de clase media, universitaria, que me recoñezo dentro do mundo das prácticas artísticas, fixen uso das ferramentas que me proporcionaba o meu medio: o da creación de imaxes, non só para problematizar aquelas representacións e palabras que enmarcaban o meu corpo dentro dun espazo delimitado, dado dende fóra violentamente, senón que tamén quixen sacalas á rúa, facelas visibles, resignificalas e lograr, dende a apropiación do periférico e desas estratexias de invisibilización e regulación, darlle unha volta ao que eu recoñecín como un dos espazos que en boa medida deslexitiman a todos aqueles corpos que estamos excluídos do denominado como “normal”.
Dentro da miña visión máis esperanzada, claramente querería un mundo moito máis amable coas diferenzas, a xeración de espazos de diálogo, de non violencia contra as subxetividades que non facemos parte do estipulado socialmente como o ” deber ser”, e aínda así, como sei que non estou dentro dese ideal de mundo, encontro na militancia dende as imaxes, na experimentación e proba constante dese espazo público que en boa medida nos foi vetado ás lesbianas, o lugar onde é posible abrir horizontes de significación, de problematización, de reflexión, en torno ao que sucede cos nosos corpos na cotianidade, na rúa, cando nos permitimos o ser visibles.

“O persoal é político”, recórdannos moitos dos discursos feministas, e esta mostra está claramente posta alí, na posibilidade de xerar dende a miña identidade, dende o ser lesbiana, unha postura política, que me permite entenderme dentro dunhas lóxicas que validan ou invalidan, tanto o meu estar, como o de moitos outros, no mundo.

Texto publicado en Pikara Magazine
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s