Las chicas con las chicas – Relatos eróticos

Publicado: Setembro 18, 2011 en identidade(s), libros, orientación sexual, sexualidade(s)

Esta nova colección de relatos reúne ás mellores plumas da literatura lésbica. Un apaixonado e apaixonante abanico de posibilidades, para gozar en soidade ou en compañía, onde distintas formas de entender a literatura e a sexualidade danse a man. Aquí teñen cabida todo tipo de opcións: individuais, en parella, colectivas? con xoguetes ou sen eles, con amor ou sen el? pero sempre co desexo e a luxuria presentes en cada encontro.

Na intimidade deste libro, baixo as sabas, xunto a unha mesa, alén do espello, nun cine… atoparemos corpos e mentes quentes, bocas que se buscan mentres cos nosos dedos percorremos as súas páxinas e os contornos de cada unha das mulleres que habitan nelas.

Tenras, crueis, activas, doces, morbosas, aterradas, fermosas, culpables, divertidas, pasivas, quentes, difíciles, decididas, calculadoras, fantásticas, fantasiosas, impresionables e impresionantes…

Dezasete ocasións para gozar co erotismo, a sensualidade e a sexualidade das mulleres que se deitan con mulleres.

Unha das mellores recompilacións de relatos eróticos con personaxes lésbicos.

 

Advertisements
comentarios
  1. TereBere di:

    Quen o edita, firma? saberias como acceder a compralo, algunha libraria na Galiza ou na web? Graciñas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s