Zanele Muholi

Publicado: Setembro 8, 2011 en activismo, fotografía, identidade(s), orientación sexual

Zanele Muholi naceu en Umlazi, Durban, en 1972. Estudou fotografía avanzada e unha diplomatura en Manexo de relación públicas. Na actualidade traballa como fotógrafa e reporteira para a “Behind the Mask” (Detrás da Máscara), unha revista online sobre lesbianismo e comunidade gai en África. Ademais, traballa como voluntaria no Forum for the Empowerment of Women (FEW), unha organización de lesbianas negras.

O seu traballo, franco e intimista, desafía a maneira na que se ten representado aos corpos negros de mulleres na fotografía documental. A súa obra non ten precedentes en Sudáfrica, donde case non hai instancias nas que as mulleres retraten abertamente relación entre mulleres. Como activista e fotógrafa, enfronta a idea de que as prácticas sexuais lésbicas non teñen que ver coas culturas africanas e rompe a estereotípica sexualidade das mulleres negras, mostrando desde dentro á cultura LGTBI africana.

Recoñecida internacionalmente, traballou o videoarte, a escritura e outros xeitos de representación, como vías para o cambio social. Documenta a historia das lesbianas sudafricanas na época post-apartheid.

Pode lerse unha entrevista aquí

A súa web: http://www.zanelemuholi.com/

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements
comentarios
  1. A Casa África das Palmas xunto con La Fábrica editorial acaban de publicar o primeiro volume dunha serie chamada Fotógrafas africanas adicado a Zanele Muholi. Info sobre o libro aquí: http://tienda.lafabrica.com/es/libros-de-autor/2872-zanele-muholi.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s