Un xuizo polo asasinato dun rapaz homosexual é declarado nulo nos Estados Unidos

Publicado: Setembro 7, 2011 en acoso escolar ou bullying, novas

Brandon McInerney (na foto da esquerda) asistía á escola E. O. Green en Oxnard en 2008, onde tamén asistía Lawrence “Larry” Fobes King (foto da dereita), entón de 15 anos, e quen publicamente declarara a súa homosexualidade.

O 13 de febreiro de 2008 Brandon McInerney, que naquel momento tiña 14 anos,  asasinou de dous tiros na cabeza a Larry Fobes King  ( 1993 –2008) no propio centro escolar, despois de acosalo durante meses.

Os avogados de McInerney aceptaron que o mozo levou a cabo o asasinato, aínda que alegan que iso se tería producido polo medo insuperable que supostamente sufriu McInerney por un suposto acoso sexual por parte do falecido (malia que King foi a persoa acosada durante meses e finalmente asasinada por ser homosexual), nunha vergonzosa utilización do xa tristemente coñecido recurso ao “pánico gai” como argumento exculpatorio ou atenuante en casos de asasinatos de persoas homosexuais, un recurso que tamén se empregou no caso do asasinato de Júlio e Al-Dani en Vigo no 2006 por parte de Jacobo Piñeiro. Unha vez máis os colectivos LGBT piden que sexa considerado un crime de odio homófobo.
O xuízo que tivo lugar en California contra Brandon McInerney, foi declarado nulo ao non ter podido consensuar o xurado unha sentenza. O caso queda agora pendente dun novo xuízo, a menos que as partes alcancen antes un acordo que non parece probable. Trátase dun caso que mereceu grande atención por parte de medios e colectivos LGTB estadounidenses.

Se ben a morte de King ás mans de McInerney está fóra de toda dúbida, as disensións no seo do xurado derivan de como cualificar o delito. A acusación pedía que McInerney fose xulgado como adulto (malia que tiña 14 anos no momento de cometer o crime, a lei penal californiana permíteo) o que supón unha condena por asasinato en primeiro grao. A outra posibilidade era xulgalo como menor, o que supón unha condena por homicidio voluntario. A diferenza estriba no tempo de cárcere: 50 anos no primeiro caso, 20 no segundo. O xurado quedou dividido 7 a 5 a favor do asasinato en primeiro grao.

No que si parece que houbo acordo do xurado era en non considerar o asasinato como un crime de odio, malia os perfís do agresor e da vítima e de que se saiba que McInerney era un dos adolescentes que, antes da súa morte, acosaban a King no instituto chamándoo “faggot” (“maricón”).

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s