Aprende a enfrontarte co bullying LGBT

Publicado: Setembro 6, 2011 en acoso escolar ou bullying, identidade(s), recursos

  Na maioria dos casos, é na escola onde as persoas homosexuais comezan a vivir situacións de bullying e comportamentos discriminatorios, ás veces incluso por parte do profesorado. Previr o acoso lésbico, gai, bisexual e transexual é algo fundamental para reducir as disparidades de saúde entre estas mozas e mozos, defende a psicóloga clínica Fabiana Andrade.

” As persoas que viviron situacións de acoso na escola pola súa identidade LGTB presentan máis problemas de saúde a adaptación que estudantes con baixos niveis de vitimización. O bullying sufrido na escola moitas veces diminue a potencialidade destas persoas de converterse en persoas adultas saudábeis. Así, esta práctica prexudica á sociedade en xeral e aumenta exponencialmente os custos de saúde pública a longo prazo. Estamos todas e todos a pagar un alto prezo pola nosa actitude discriminatoria”, engade a psicóloga.

Aquí tes as recomendacións de Fabiana Andrade para enfrontarte á discriminación e ao bullying LGBT:

1-Se estás a vivir unha situación de discriminación, busca axuda inmediatamente. Non te escondas e non te cales. Pide axuda a alguén en quen confíes.
2-Se estás na escola ou na facultade e eres testemuña de que algún/ha compañeiro/a está a ser vítima de bullying, informa inmediatamente ao profesorado e/ou as persoas responsabeis da escola.

3 – Abre a mente. Liberate de estereotipos. Verás como te sentes mellor ao asumir unha actitude aberta fronte a todo o que é diferente. É posibel que ata teñas sorpresas divertidas.

4 – Antes de xulgar, lembra que todo o que sucede na vida doutras persoas, tamén pode suceder na túa. Escoitaches falar das ironías do destino? Pois é certo, é tamén pode haber alguén no teu entorno máis próximo que sexa homosexual. Xa pensaras niso?

5 – Mantente informada/o. Hai moita información dispoñibel na internet e nas asociacións de apoio á poboación LGBT.

6 – Participa activamente na promoción de comportamentos de inclusión. Non esperes a que o fagan as demais persoas!

7 – Se detectas algún sinal de illamento, depresión ou comportamentos de risco en colegas da escola, alerta ao profesorado.

8 – Se es homosexual, e estiveras a reaccionar con tristeza, illandote, con vergoña, ou baixando o teu rendemento escolar, busca a axuda de profesionais. A axuda especializada pode ser moi útil nesta fase de descubrimento. Non descoides a túa felicidade.

E nos engadimos: Non participes de comentarios ou burlas cara as persoas con identidades non normativas, o teu silencio faite cómplice da discriminación! Amosa que non estás de acordo con esas actitudes nen comportamentos. O problema é da persoa homófoba, lesbófoba e tránsfoba!!

A homofobia, a lesbofobia e a transfobia matan. Que vas facer ti?

 

 

Mar F. Cendón

Advertisements
comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s