Jeremy Wade Dalle (1975-1991, Texas)

Publicado: Setembro 5, 2011 en acoso escolar ou bullying, música, recursos

Eddie Vedder, vocalista de Pearl Jam, e Jeff Ament escribiron este tema en 1991 en homenaxe a Jeremy Wade Dalle, un rapaz de 15 anos de Dallas (EEUU) que se suicidou dun tiro en medio da súa clase de inglés para protestar pola situación de acoso que estaba vivindo na súa escola. A letra está inspirada nas cousas que o propio Jeremy escribiu sobre a súa situación.

Ante o alarmante aumento no número de suicidios entre adolescentes, nos Estados Unidos fixeronse estudos para tratar de comprender que estaba sucedendo e poder ofrecer solucións.

Aproximadamente o 25% de estudantes e empregados universitarios lesbianas, gais e bisexuais estadounidenses foron acosados debido á súa orientación sexual, así como un terzo daqueles que se identifican como transxénero, de acordo ao estudo mencionado no Chronicle of Higher Education.

O estudantado LGBT dos EE UU ten unha probabilidade de sentirse inseguro na escola tres veces maior (un 22% fronte a un 7%) e o 90% de estudantes LGBT (fronte a un 62% nos adolescentes non LGBT) foron acosados ou agredidos fisicamente durante o ano anterior [ao estudo].

Un informe do goberno de Estados Unidos, titulado Report of the Secretary’s Task Force on Youth Suicide («Informe do grupo de traballo do Secretario sobre o suicidio xuvenil»), publicado en 1989, encontrou que os mozos e as mozas LGBT teñen unha probabilidade catro veces maior de intentar suicidarse que outras mozas e mozos.

Como podemos recoñecer a un/ha bully (matón/a)?

Fai bromas e burlas ademáis de rir con desdén e de xeito hostil do resto de compañeiras e compañeiros e/ou dalgunha persoa ou grupo en particular.
Pon motes e/ou chama de maneira despectiva e malsoante
-Insulta, menospreza, ridiculiza e difama
-Ameaza, da ordes, domina e somete
-Incomoda, intimida, empurra, bate, da golpes, puntapés e peliscos, tira do pelo, metese en discusións e provoca malentendidos
-Colle material escolar, cartos e outras pertenzas ao resto sen consentimento, é dicir, rouba.

Se alguén ofende, insulta, monta barullo,  humilla, exclue, ignora, intimida, aterroriza, domina, bate, empurra, rouba ou racha as pertenzas de outra persoa da clase avisa a unha persoa responsable do que está sucedendo e non participes!!!

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s