Guía para falar co teu pai e/ou nai sobre a túa orientación sexual

Publicado: Setembro 2, 2011 en identidade(s), orientación sexual, recursos

A Asociación Familias por la Diversidad edita esta guía, traducida por AMPGIL do folleto “How you can say to your parents you are gay” da asociación de pais e nais de EEUU, e engade comentarios baseados nas súas vivencias persoais. Nela fanse recomendacións de como tratar o tema da orientación sexual cos pais e nais.

A continuación ofrecemos un resumo das cuestións que se tratan na guía[1]:

Algunhas preguntas antes de dicilo:

Considera o seguinte antes de tratar o tema:

· Non fales do tema se non podes respostar á pregunta “Estás segurx?”. Calquera confusión pola túa banda aumentará a do teu pai e/ou nai.

· Se estás loitando con sentimentos de culpa e períodos de depresión, sería convinte que agardases a estar nun mellor momento.

· Se a súa reacción fose negativa (para o que sempre debes estar preparadx), deberá haber alguén da túa familia ou algún grupo ao que poidas recurrir con confianza para buscar apoio. Dase con frecuencia que os avós e avoas, aínda que pensemos que pola súa idade serán quenes menos van comprender a situación, poden servir de intermediación, dependendo da cercanía que manteñas con eles. Podes tantear o que pensan falando como se a situación lle estivese acontecendo a unha amiga ou amigo teu. Se non obtés unha resposta positiva inténtao con outra persoa da familia coa que creas que podes contar.

· Seguramente reaccionarán en base á información homófoba que transmite a sociedade.  Se fixeches algunha lectura seria sobre o tema, poderás axudarlles compartindo información.

·Se podes, escoller con coidado o momento para contarllo. Escolle un momento no que non estean afrontando problemas moi graves.

·Podenprecisar bastante tempo para asimilar esta información se non atiñan considerado antes de que a compartises.

· Que te motiva a falar neste momento? Nuncaempregues a túa sexualidade como un arma.

·Se tenden aver as cousas en termos do bo e o malo, o santo e opecaminoso podes prever que terán problemas. Sen embargo, se teñen mostradoun grao de flexibilidade tratando outros asuntos sociais, podes agardar que tratarán este asunto contigo ata darcunha conclusión satisfactoria.

Se xa tes decidido contarllo:

· Fala con sinceridade.

· Insiste en que deben escoitar o que tes que dicir.

· Le a guía para pais e nais, editada por pais e nais que pasaron pola situación que a vosa familia está comezando a vivir. Esta guía explica o desenvolvemento dos procesos familiares ante ocoñecemento da homosexualidade dun fillo ou filla e conténtamén opinións de persoas expertas en psicoloxía. Será de utilidadeque a lea toda a familia.

Guía para padres y madres. Qué hacer cuando un hijo o una hija nos dice “mamá, papá, soy gay” o “papá, mamá, soy lesbiana”

· Normal vs. norma.É probable quepensen que a homosexualidade non é normal, pero podes axudarles explicándolles que aínda que a homosexualidad non é a norma, é unha respostanatural e honesta para ti.

· É probable que teñas que darlles tempo para expresar os seus sentimentos e acadar unha nova visión e que esteproceso non sexa doado. Non asumas que ao explicarlles a túa situación, o asimilarán rapidamente; evolucionarán lentamente ao comezo. Permítelles tempo e espazo. Ten paciencia.

· Se a pesar dos teus esforzos eexplicacións colócanse na postura do rexeitamento, mediante a prohibición de falar do tema, pasado un tempo prudencial pídelles de novo que fagan o favor de escoitarte, dilles que precisas falar e queprecisas o seu apoio. Saca o tema cando esteades relaxad@s e fala con tranquilidade.

· Ás veces non pasan polas fases que se describen na guía para pais e nais e pode que che digan: “considerei a posibilidade. Está ben. Quérote. Terás que axudarme a comprender e aceptar a realidade”. Algunhas veces din: “fai tempo que o sabíamos; estabamos agardando a que nos dixeras algo”. Se é así, a túa labor será moito máis doada, xa que é probable que teñan pasado algunhas das etapas pola súa conta.

· Aínda que esteasdesexando e o precises, non lles proporciones información sobre as túas experiencias ao comezo porque pode que non estean preparad@s para escoitalo.

· Xa que é posible que reaccionen de xeito diferente e a un ritmo diferente, deberás darlles tempos diferentes.

· Dilles que non hai culpables.Cando estea claro que o sentimento de culpa e a auto recriminación non lles son produtivos, estarán en disposición de facer preguntas, escoitar as túas respostas e aceptar os seus sentimentos. Na web de “Familias por la Diversidad” atoparás preguntas que se fan os pais e nais e que te permitirán saber antes de que chas formulen o que se están plantexando.

. A ira e a dor son, probablemente, os sentimentos expresados con máis frecuencia. Moitas veces son sentimentos iniciais e é mellor que os expresen a que os escondan e intenten negar a súa existencia. Enfrontarte a estes sentimentos será difícil para ti. Terás a tentación de retirarte, arrepentíndote de ter plantexado o asunto, pero non te deas por vencid@ e non deas marcha atrás. Ao expresar estes sentimentos están camiño da comprensión.

A decisión persoal:

Pode que decidan tomar distintos camiños. A continuación descríbense tres clases de decisións:

A maioría aceptará a orientación sexual do seu fillo ou filla e daralle o seu apoio.

Algunhas veces responden deixando claro que é un asunto que non require máis discusión; progresaron ata certo punto e non queren avanzar máis. Isto non indica necesariamente unha actitude negativa hacia ti. Coñecen os seus límites e non queren ser empuxad@s máis aló destes. É posible que esta etapa sexa a máis difícil para ti. O seu distanciamento pode levarte a considerar que nunca conseguirás que te entendan realmente. Non deixes de intentalo e non te distancies.

En certas ocasións a túa orientación sexual pode volverse en foco de constante batalla. Todo o que fagas ou digas verase como síntoma do “teu problema”. Os teus horarios, a túa lenguaxe, as túas amizades, a túa elección profesional, as túas calificacións escolares etc. Mentres exista esta situación, segue buscando apoios en familiares ou persoas adultas cercanas.

Non é raro que recaian e volten a discutir algo que ti crías que xa estaba resolto. Permítelles tempo para dixerilo.

Podes consultar a guía completa aquí.
Emma Casal Giráldez

[1] A guía feita pola AMPGIL fala unicamente de pais. Nós engadimos a opción de nais e mantemos a referencia a persoas heterosexuais por dar por feito que esta situación non se daría con pais e nais que teñan outra orientación sexual.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s