Rosa Navarro e Gema Arquero – “Salidas de emergencia”

Publicado: Agosto 31, 2011 en banda deseñada / cómic, identidade(s), orientación sexual

Salidas de Emergencia reflexa, en clave de humor, a vida dun grupo de lesbianas partindo da normalización, rompendo estereotipos e mostrando unha fiestra a un mundo moi discriminado. Non ten ningunha intención combativa e mostra este universo en clave de humor. Ademais, dáse unha situación socio-política e mediática que favorece todo isto: legalización dos matrimonios entre homosexuais, a Lei de identidade de xénero, o estreo da serie americana «Lword», e a repercusión que estes cambios tiveron nos medios e que favoreceron a normalización e a visibilidade.

A publicación dunhas tiras cómicas desta temática supón unha axuda en prol da visibilidade das lesbianas. O mundo gai si se deu a coñecer, si se mostra nos medios, existen filmes, series e un gran mercado editorial. Sen embargo, no caso das lesbianas vaise aínda a medio gas.

As cinco personaxes principais, Leo, Paula, Guille, Luna e Troni comparten ademais de amizade, unha mesma orientación sexual e un contorno social e espacio-temporal no que se irán desenvolvendo as historias. As personaxes nada teñen que ver unhas coas outras, cada unha ten a súa personalidade, as súas filias, as súas fobias etc. e esa variedade aporta unha gama máis ampla de matices.

LEO:

Nena pija, consentida e caprichosa sen unha idea clara de que quere ser. É frívola, promiscua e amante das sustancias ilegais. Moi urbanita, antinatureza, antivexetariana e anti calquera tipo de estereotipo lésbico, sendo ela un estereotipo en si mesma. Ten gran éxito entre as mulleres. Gústalle “o moderno”, as novas tendencias, saír de noite, as drogas, o alcohol, durmir moito, traballar pouco, a comida conxelada e ter cartos para gastar. Non lle gustan os gatos, as relacións serias e os compromisos, seu pai e súa nai e todo aquilo que non sexa cool. As principais tramas que protagoniza son en relación ás súas amantes, ex-amantes…

PAULA:

De carácter intelectualoide, snob e cultureta. Politicamente correcta. Gústalle a nouvelle vague, o neorrealismo italiano, o cine dogma, @s teóric@s postmodern@s, o cine sueco con subtítulos, a arte, a comida xaponesa, o jazz, a ópera e deixar entrever de vez en cando o seu carácter de crápula que rompe con todo iso. As súas expectativas para o futuro son acadar ser profesora da facultade, conseguir conquistar á súa directora de tese e cos anos construír un feliz fogar bollo. As principais tramas que protagoniza son en relación aos problemas de convivencia co seu irmán e a súa curmá Troni, o seu carácter snob que lle fai ser moi selectiva nas súas conquistas, o seu namoramento dunha muller maior…

GUILLE:

A máis nova do grupo. Non ten a personalidade moi marcada, é insegura, indecisa e influenciable. Aínda non saíu do armario na súa casa. Gústanlle todas as tías sen distinción de idade, etnia, estilo… As súas expectativas de futuro non están claras, pero a farmacia é algo seguro. As principais tramas que protagoniza son en relación á saída do armario, a autoafirmación como lesbiana, problemas de convivencia co seu pai e súa nai,  …

LUNA:

A mística do grupo, de carácter intelectual e amante de todo tipo de terapias alternativas. Moi amiga das súas amigas, sempre disposta a botar un cable e comprometida con calquera causa xusta. Traballa na casa realizando reikis, masaxes, aromaterapia, grupos de ioga… Gústalle o biolóxico, os animais, especialmente os gatos, as terapias alternativas, a relixión budista, a cor lila, a música folk, os incensos e todo o hindú en xeral. As súas expectativas de futuro baséanse na espiritualidade. As principais tramas que protagoniza son en relación ás súas crenzas místicas e as contradicións que xeran no seu contorno, o comezo dunha relación seria e os conflitos que iso supón…

TRONI:

É inocente e boa persoa. Chegada dun pobo pequeno instálase temporalmente en casa da súa curmá Paula. Fascínalle a vida na cidade. Non ten unha profesión estable. Gústalle a música techno, os tecidos sintéticos, os «zapatroncos», as motos, os filmes de acción, as tías do calendario Pirelli… As principais tramas que protagoniza son en relación aos seus problemas de adaptación na cidade, a convivencia coa súa curmá e as notables diferenzas entre ambas, a busca dun traballo apropiado…

Rosa Navarro é ilustradora. O seu currículo artístico atópase engrosado por traballos para as editoriais McGrawHill ou Santillana, entre outras publicacións. Ademais realizou exposicións en diversas salas de Barcelona, tanto individuais como colectivas. Pódese ver una mostra dos seus traballos en: www.capuccinocommotion.com
Gema Arquero é guionista. De formación tan variada como documentalista e economista, leva vinculada ao mundo gráfico e internet desde fai 10 anos, e desenvolveu a súa carreira en diversos temas relacionados coa comunicación audiovisual, a realización de pezas publicitarias e documentais ou o desenvolvemento de páxinas web. Traballou en diversos estudos e axencias de publicidade, e é socia fundadora de Matilda, agencia interactiva en Barcelona.

* Texto recortado do elaborado por “Noe”, que se pode consultar na web Salidas de Emergencia

Facebook do cómic: Salidas de Emergencia

Entrevista ás autoras na televisión pública de Barcelona:

 

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s