O Test Bechdel sobre as mullleres nos filmes (The Bechdel Test for Women in Movies ou Bechdel Rule)

Publicado: Agosto 29, 2011 en identidade(s), inmigración, orientación sexual, películas, recursos, series, sexualidade(s)

Test ideado pola autora de novela gráfica e debuxante de cómic Allison Bechdel (1960).

Segundo o Test Bechdel, para comprobar que as mulleres non están infrarepresentadas nunha película ou en calquera obra de ficción, esta ten que responder afirmativamente ás tres preguntas seguintes:

1- Aparecen polo menos dúas mulleres que teñan nome?
2- Falan entre elas?
3- Falan de algo que non sexa un home?

Este é un interesante exercicio para comprobar como na maioría dos filmes séguese a representar un modelo social do que se exclúe a participación activa das mulleres.

Se facemos o teste atendendo a cantas mulleres lesbianas, bisexuais, transxénero, transexuais ou inmigrantes (persoas non normativas) están representadas en series e películas actuais o resultado sería aínda máis devastador, independentemente da calidade que poida ter a obra. Por que non estamos representadas?? Acaso non existimos?

Fai o teu propio test e elabora a túa lista de obras que consigan superalo! ;-D

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s