El muchacho persa

Publicado: Agosto 26, 2011 en libros, orientación sexual, recursos

El muchacho persa (1972) de Mary Renault (Londres,1905-Cidade do Cabo, 1983), narra unha parte da historia e conquista de Alejandro Magno (Pella, 356 a.C.-Babilonia, 323 a.C.) dende o punto de vista do seu criado Bagoas, un personaxe historicamente documentado que puido ter unha influencia significativa pola súa proximidade ao invicto macedonio. Baogas (Bagoi en persa antiguo) foi un eunuco pertencente á corto rei Dario III e posteriormente adoptado por Alejandro, tras a conquista do imperio persa, que moi posiblemente mantivo relacións sentimentais e sexuais con ambos.

Esta novela é a segunda narración da triloxía que Renault escribiu sobre Alejandro, constituida por Fuego del paraíso, El muchacho persa e Juegos funerarios. 

El muchacho persa dános unha visión diferente á tradicional sobre Alejandro Magno, centrándose máis no seu carácter e sexualidade que na súa conquista, aínda que relatando todos os feitos significativos sempre dende os ollos de Bagoas, quen á fin e ao cabo é o narrador e coprotagonista da historia que nos relata Mary Renault.

A sexualidade de Alejandro Magno vén sendo un tema extremadamente controvertido, Mary Renault achega unha posibilidade crible cun Alejandro Magno con tendencias homosexuais e dous grandes amores, Hefestion e o fiel Bagoas, onde a autora dará un protagonismo determinante ao criado que proporcionara un apoio fundamental a Alejandro nos moitos momentos de debilidade que sufriu na súa curta vida.

El muchacho persa moi lonxe de limitarse a narrar a conquista de Alejandro, permitiranos coñecer as diferenzas entre persas e macedonios, introduciranos na corte de Darío e o mundo dos eunucos que tan importantes foron para o goberno de Persia. Unha gran novela histórica á que só lle faltan algúns planos para situar o percorrido realizado por Alejandro Magno no seu periplo cara ao Leste e entrar a relatar os acontecementos bélicos con algo máis de detalle.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s