A cara oculta do bulling homófobo

Publicado: Agosto 24, 2011 en acoso escolar ou bullying, identidade(s), orientación sexual

Texto: Olga Ligeia Arnaiz[1]

“Nos últimos meses, o bullying converteuse no tema central da prensa estadounidense. Considerado tradicionalmente como “unha fase”, un “rito de iniciación” ou, en xeral, un problema específico de adolescentes e institutos, a partir dos recentes suicidios de adolescentes da comunidade LGTBQ, naceu unha “nova crise nacional”.

Como resposta ás tráxicas mortes de Tyler Clementi, Billy Lucas, Cody Barker, Justin Aeberg, Raymond Chase, e tantxs outrxs, en EEUU fixéronse diversas campañas de solidariedade, apoio, debate e visibilidade.  Sen dúbida, a máis famosa destas campañas é “It Gets Better”, iniciada polo periodista Dan Savage e que na actualidade conta cunha páxina web e o seu propio canal en YouTube.

(foto collida aquí)

A campaña trata de vídeos de curta duración nos que xs protagonistas comparten as súas experiencias respecto ao bullying, pero tamén como cambiou a súa vida despois do instituto, lanzando unha mensaxe de esperanza á poboación LGTBQ adolescente, co lema “as cousas melloran”. Segundo a páxina oficial do proxecto, o sábado 23 de outubro alcanzouse a impresionante cifra de 100.000 vídeos subidos a Internet baixo o lema “It Gets Better”, incluíndo mensaxes do presidente Obama ou Hillary Clinton, así como versións cantadas que poden descargarse a través de iTunes, contribuíndo así ao “Trevor Project”[2], unha organización centrada na prevención do suicidio entre a xuventude LGTBQ.

No último mes tamén se sucederon as vixilias en memoria dxs adolescentes mortxs, as conferencias sobre suicidio adolescente e as reportaxes sobre acoso escolar homófobo. Non obstante, cabe preguntarse por que todas estas campañas se centran na xuventude LGTBQ como “vítimas” de bullying. Se ben é certo que os recursos que ofrece o “Trevor Project” son necesarios e útiles, e que a campaña “It Gets Better” facilitou que se converta nun asunto de interese e preocupación nacional, ¿acaso non resulta perigoso relacionar de maneira directa a xs adolescentes LGTBQ co suicidio? A mesma énfase que se outorga á mensaxe de que “as cousas mellorarán”, da a entender a calquera adolescente que estea cuestionando a súa sexualidade que se enfronta a unha etapa na que a súa vida será un inferno, e que o suicidio é unha opción, ou cando menos unha saída que moitxs elixiron.

Por outra banda, que acontece cxs bullies ou agresorxs? Como en calquera situación“extraordinaria”, o primeiro impulso é buscarresponsables e castigar o crime, pero¿podemos considerar responsables do bullying a nenxs ou adolescentes en idade escolar?Podemos pensar que xs compañeirxsde Asher Brown ou Seth Walsh, de 13 anos,ou de Carl Joseph Walker, de 11 anos, sonculpables dos seus suicidios? Que hai detrásdo bullying e por que ninguén quere falardiso?

O gobernador de New York, David Paterson, afirma que o seu estado é o máis protexido en canto a lexislación anti-violencia e anti-bullying, e sen embargo, nin sequera os lugares emblemáticos da loita do movemento LGTBQ se viron libres dos ataques homófobos. Tanto Stonewall (lugar dos famosos disturbios de 1969) como Julius Bar (o bar gai máis antigo de New York) presenciaron varios episodios de homofobia violenta recentemente. No Bronx, tres homes foron secuestrados e torturados por outros oito, unicamente baixo a “acusación” de ser gais. Simultaneamente, Carl Paladino, candidato a gobernador, realizou declaracións nas que non só condena o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, senón que afirma que non se debería “lavar o cerebro” a xs nenxs facéndolles crer que a homosexualidade é unha opción aceptable.

Nun país que se une para chorar ás vítimas pero que só é quen de buscar responsables entre xs propixs adolescentes, ¿quen pode garantir que as cousas realmente mellorarán? Se tomamos a definición de bullying que nos ofrece Bully OnLine, “un comportamento persistente, ofensivo, abusivo, intimidatorio ou insultante, que implica abuso de poder”, ¿acaso non é a contraditoria política de EEUU en canto aos “asuntos LGTBQ” unha forma de bullying institucional? Cantas caras adolescentes debemos ver na prensa para darnos conta de que isto non é un problema de acoso escolar, nin unha “epidemia” de suicidios, nin tampouco unha crise sanitaria, como o definiron distintos medios, senón o síntoma máis tráxico dun sistema baseado nas desigualdades e no illamento? Corenta e un dos estados de EEUU teñen lexislación específica anti-bullying, pero ¿como lexislar os prexuízos ou a homofobia non recoñecida? Continuarán os suicidios e os acosos mentres os verdadeiros responsables permanezan ocultos.”

Tradución feita por Emma Casal Giráldez


[1] Texto publicado no Número 2 da revista Una Buena Barba en decembro de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s