Kashimashi-Girl Meets Girl

Publicado: Agosto 23, 2011 en banda deseñada / cómic, identidade(s), orientación sexual, recursos, series, trans

Kashimashi ~Girl Meets Girl~ (かしまし ~ガール・ミーツ・ガール~ Kashimashi ~Gāru Mītsu Gāru~?) é unha serie manga, pertencente ao xénero souho-ai (amor entre rapazas)/yuri misturado con transxenerismo involuntario, escrita por Satoru Akahori e ilustrado por Yukimaru Katsura, e cuxa adaptación ao anime foi dirixida por Nobuaki Nakanishi.

A historia céntrase na vida dun grupo de amigas e as relacións que comparten a través dun cambio drástico na vida dunha delas. Hazumu Osaragi é un adolescente normal, aínda que efeminado, que sofre un grave accidente cando unha nave especial choca na Terra e é reconstruído como unha rapaza. Por medio disto, un triángulo amoroso emerxe entre as tres protagonistas, Hazumu, Yasuna e Tomari; este consiste principalmente na inseguridade que presentan entre elas de se actuar polos seus instintos amorosos a pesar de ser do mesmo sexo. Outro conflito preséntase entre Yasuna (a rapaza á que se declarara sendo rapaz) e Tomari (a súa amiga “bastante varonil” da infancia), as cales loitan por quedar con Hazumu, mentres que esta última non pode elixir a unha das dúas.

Ademáis Yasuna ten unha peculiar característica que se desvela nos primeiros capítulos: ve aos homes en gris e difuminados!

A pesar de que nos primeiros momentos Hazumu insiste en que sigo sendo o mesmo, só que con corpo de muller” e de que as súas amigas lle teñen que ensinar a ser “muller” (pór suxeitador, sentarse coas pernas decorosamente pechadas…) rapidamente vemos como se sente a gusto no seu nov xénero. O Hazumu rapaz era un neno “pouco viril”, choromicas, medroso, afeccionado á xardinaxe etc cousas que a sociedade lle cuestiona menos agora que é unha rapazas e fan que a protagonista se cuestione a súa identidade de xénero.

O manga comezou a publicarse en xaneiro de 2005 pola editorial MediaWorks na revista mensual xaponesa Dengeki Daioh, ata que chegou á súa final en maio de 2007 co quinto volume, chegando a recoller trinta e cinco capítulos. Máis tarde, a historia do manga foi adaptada a unha serie de anime producida por Studio Hibari, a cal finalizou en marzo de 2006 con 12 episodios. Asi mismo, a obra foi adaptada a unha novela escrita por Mako Komao e ilustrada polo mesmo ilustrador do manga, unha novela visual para PlayStation 2 e unha OVA dun só episodio que continúa narrando a historia da serie

Tanto o anime como o manga alcanzaron un grande éxito dentro e fóra de Xapón así como boas críticas por parte da revista Newtype, e outros medios en liña como Anime News Network e IGN.

A obra tamén tivo relación coa serie Ranma ½  de Rumiko Takahashi, aínda que esta serie leva máis lonxe o concepto de transexualismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s