Despatoloxizar (en) os Estados unidos

Publicado: Agosto 18, 2011 en identidade(s), trans

Texto de Olga “Ligeia” Arnaiz

O 23 de outubro de 2010 é xa unha data histórica no “trans-activismo” internacional. Desde Ulan-Bator ata Bogotá, desde Úbeda ata Santiago de Chile, desde Ankara ata Bangkok, as rúas de máis de 60 cidades enchéronse de xente ao berro de “A transfobia enférmanos!” e “Stop trans-patoloxización xa!”. So no Estado español 88 asociacións sumáronse á campaña internacional STOP2012, a favor da “descatalogación da transexualidade” no novo DSM (o manual da American Psychiatric Association ou APA). En EEUU, en cambio, unicamente 3 asociacións decidiron adherirse á plataforma. Tendo en conta a importancia dos movementos LGTB e queer en EEUU, a que se debe esta diferenza?

Profesorxs, activistas, escritorxs e antropólogxs coinciden: aparentemente todo se reduce ao sistema sanitario. Na súa opinión, se o trastorno de identidade de xénero desaparece do DSM, non so a operación de cambio de sexo e o tratamento hormonal deixarán de estar cubertos polo seguro sanitario, senón que tamén se abriría a posibilidade de que hospitais e persoal médico se negasen a practicar as devanditas operacións, posto que xa non estarían “lexitimadas” pola APA. Polo tanto, mentres que a maioría de “persoas interesadas nos asuntos trans” coñecen o “discurso da despatoloxización” e están de acordo na afirmación de base (i.e. a identidade de xénero das persoas trans non é patolóxica), sen embargo, non demandan explicitamente a retirada da “disforia de xénero” do DSM en tanto que o asocian cunha perda de dereitos. Neste senso, debemos lembrar que, pese aos intentos de cambiar o sistema sanitario, en EEUU non existe nada semellante á Seguridade Social española que aínda que non garante, si facilita o acceso ao tratamento hormonal e á cirurxía.

Por suposto, existen asociacións como as que firmaron a campaña STOP2012, que si apostan pola despatoloxización e que sinalan que é precisamente o discurso patoloxizador o que crea as desigualdades ás que se enfrontan as persoas trans a diario. Recentemente, publicouse un informe conxunto do National Center for Transgender Equality e National Gay and Lesbian Task Force, no que se recollen e analizan os resultados dunhas enquisas realizadas a 6.450 persoas transxénero de diferentes rexións de EEUU.

As conclusións do informe revelan, entre outros datos, que un 41% das persoas enquisadas intentaran suicidarse ao menos nunha ocasión (fronte al 1.6% da media nacional); que a tasa de paro do grupo entrevistado dobraba á media nacional; o 90% afirmaba ter sentido algún tipo de abuso, maltrato ou discriminación laboral; un 22% denunciaba trato discriminatorio por parte dunha axencia do goberno; so o 21% conseguira cambiar a súa identidade de xénero en todos os seus documentos de identidade; ao 19% lle negaran asistencia sanitaria; o 50% tivera que “ensinar” aos/ás seus/súas doutores/as sobre as súas necesidades médicas etc. As desigualdades aumentaban dependendo da identidade racial/étnica da persoa.  A publicación deste informe contribuíu a reavivar o debate en torno ás condicións de vida “reais” das persoas transxénero. Sen embargo, nin o informe nin os artigos que xurdiron ao seu redor semellan ter en conta a relación directa entre o DSM e os datos que acabamos de mencionar.

Hai varios meses, nunha conferencia titulada “O corpo e o estado”, o profesor e activista Paisley Currah centrouse nun aspecto moi particular da vida estadounidense: os escáneres aeroportuarios e o problema que supoñen para as persoas trans, sobre todo cando se enfrontan con persoal de seguridade non “adestrado” en cuestións de xénero. Á pregunta de como influiría neste problema concreto a despatoloxización das identidades trans, Currah respondeu que a despatoloxización non traería cambios positivos nin negativos a este tipo de situacións, e que, no contexto de EEUU, a despatoloxización tiña que ver coa perda de dereitos.

Sen embargo, ninguén parece lembrar que a despatoloxización (e o seu contrario) non é unicamente un problema de EEUU. Cuando falamos da campaña STOP2012 é certo que nos referimos en primeiro termo á retirada da disforia de xénero do DSM, que pertence á American Psychiatric Association, e en segundo termo á súa retirada do CIE (o manual da OMS). Non obstante, pese a que o DSM é estadounidense (ou tal vez precisamente porque o é), a súa influencia é “global”: é o manual- modelo no que se basean as demais asociacións de psiquiatría para redactar os seus propios manuais. En canto á distinción entre situacións “reais” concretas e o que di o DSM como dous discursos independentes e totalmente diferenciables, baste lembrar o papel que a ciencia xogou no chamado “racismo científico” e que permitiu a xeneracións de homes (e mulleres) brancos, en diferentes países, “deshumanizar” a persoas doutras razas grazas ao discurso lexitimador da ciencia. Se o manual psiquiátrico máis prestixioso do mundo di que as persoas transxénero están patoloxicamente enfermas… Pero xa coñecemos as consecuencias, son esas situacións de desigualdade e discriminación “real” e diaria que van desde os controis de seguridade nos aeroportos ata o abuso por parte das forzas do estado, a causa do que se percibe como unha identidade de xénero non normal/normativa, é dicir, patolóxica.

(Artigo publicado no número 3 da revista dixital Una Buena Barba)

Emma Casal Giráldez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s