Test de la vida real

Publicado: Agosto 15, 2011 en documentais, identidade(s), recursos, trans

A nosa sociedade está repleta de binarios: bo / malo, esquerda / dereita, connosco / contra nós, blanco/negro etc. E poñémoslle empeño a que cada cousa permaneza na súa categoría, non nos gustan as zonas grises e indefinidas. A asignación de sexo e xénero é un deses temas nos que a ambigüidade é menos tolerada: os pais e as nais, os médicos, o estado, todos queren saber cal é o teu sexo / xénero, especialmente no momento do nacemento. Máis adiante, ter un xénero ambiguo, ou cambiar o rol de xénero que asumimos (e.g., de “home” a “muller”) pode facer que a xente reaccione de forma violenta, e dado que o xénero é un tema tan controvertido, os trans-xénero / trans-sexuais a miúdo non reciben o respecto que merecen.

Cando nacemos, atendendo aos nosos xenitais que son (ou polo menos aparentan ser) masculinos ou femininos, defínesenos como varóns ou femias no momento do nacemento. E parece que está solución vaille ben á maioría.

E que pasa se ese non é o caso? Para algúns, o sexo que se lles asignou non se corresponde co xénero co que se identifican. Son mulleres en corpos de homes, homes en corpos de mulleres, ou algo entre medias, porque non todos os trans se identifican plenamente cun ou outro rol de xénero. Non se trata de que todos os trans reneguen completamente dos dous roles de xénero que se nos inculcaron — simplemente, a miúdo non se identifican de todo con eles.

Normalmente o termo trans utilízase para referirse as persoas que pasaron por unha operación de cambio de sexo ou que queren facelo. Para as que queren pasar a ter un corpo de home, isto significa entrar nun tratamento de testosterona, pasar por unha dobre masectomía, unha histerectomía, extirpación da vaxina e implante dun pene artificial. Para os que queren pasar a ter un corpo de muller, tamén hai tratamentos hormonais e cirurxía para extirpar os xenitais que hai e poñer uns novos. Non todos os trans-xénero son transexuais (algúns adoptan o rol social sen pasar polo quirófano) e, por diversas razóns, a cirurxía non é sempre a opción desexada. Nalgúns casos simplemente non queren cirurxía, ou non lles chega o diñeiro para tratamentos hormonais e/ou cirurxía, porque os trans a miúdo son discriminados no mercado laboral polo mero feito de ser trans e teñen menos medios. Tamén hai casos nos que non se identifican cun ou outro xénero e se definen como genderqueer para expresar o seu rexeitamento aos binarios de xénero tradicionais. 

No Estado español, unha persoa trans que queira mudar o seu nome ten que ter un informe médico no que se lle diagnostique disforia de xénero, entre as probas que teñen que pasar está o test da vida real.

Test de la vida real é un documental dirixido pola realizadora arxentina afincada en Barcelona,  Florencia P. Marano e producido por XTVL e SF Producciones.

Como mostra da diversidade de xénero, este proxecto amosa o día a día de 5 persoas que non é o día a día dun home normal, ou dunha muller calquera; a normalidade das persoas que non son normais.

Podedes ver todos os capítulos AQUÍ

 

Mar F. Cendón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s